P3261208 - Asesoramento ás institucións (Módulo de Orientación e Asesoramento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.Identificar diferentes enfoques, estratexias e técnicas de asesoramento a partir de casos concretos, e as súas implicacións nos procesos de mellora das institucións, atendendo ás tarefas e competencias a desenvolver polos asesores.
2. Identificar os diferentes ámbitos e institucións nos que pode desenvolverse o asesoramento, sendo conscientes das súas dimensións e características particulares.
3. Coñecer criticamente as distintas variables organizativas que poden influír nos procesos de asesoramento institucional.
4. Analizar as implicacións das reformas impostas desde o exterior e o papel a desenvolver polas institucións educativas e os asesores externos e internos.
5. Coñecer as estratexias e pautas básicas para planificar, desenvolver e avaliar un proceso de asesoramento a centros, considerando os proxectos de centro como núcleo do cambio, desde un modelo colaborativo e procesual, e sabendo ligar as dimensiones didácticas coas institucionais-organizativas.
Contidos- O asesoramento a institucións educativas: conceptos fundamentais.
- O asesor en procesos de mellora: concepto, tarefas e competencias. O asesor centrado en procesos e o asesor centrado en contidos específicos.
- Enfoques, fases, funcións e estratexias do asesoramento (investigación-acción, supervisión clínica, etc.)
- O centro como comunidade de aprendizaxe para a mellora contínua
• A necesidade de ligar as dimensións didácticas coas dimensións institucionais-organizativas.
• Os proxectos de centro como núcleo do cambio.
- Modelo de traballo colaborativo para a “viaxe cara á mellora” dos centros
- Avaliación, formación, desenvolvemento profesional e mellora das prácticas asesoras.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Bonals, J. e Sanchez-Cano, M. (coords.). (2007) Manual de asesoramiento psicopedagógico. Barcelona: Graó.
Domingo, J. (coor.) (2001). Asesoramiento al centro educativo. Colaboración y cambio en la institución. Octaedro, Barcelona.
Fuentes Abeledo, E.J. (2012): Supuestos básicos para el trabajo de asesoramiento a centros escolares en procesos de mejora. Documento policopiado. Departamento de Didáctica y Organización Escolar de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
Iranzo García, P. (2012): Asesoramiento pedagógico al profesorado. Madrid: Síntesis.
Marcelo, C. (dir.): Innovación educativa, asesoramiento y desarrollo profesional. MEC, Madrid.
Marcelo, C. e López Yáñez, J.(coords.), (1997).Asesoramiento curricular y organizativo en educación. Ariel, Barcelona.
Monereo, C. e Solé, I, (2007). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Alianza, Madrid.
Nieto. J. M. e Botías, F.(2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica: el asesoramiento a centros escolares desde un análisis institucional. Ariel, Barcelona
Rodríguez Romero, M.ª M., (1996) El asesoramiento en educación. Aljibe, Málaga.
Selvini Palazzoli, M. et al(1986) Al frente de la organización. Estrategias y tácticas. Paidós, Barna.
Bibliografía complementaria
Bolivar, A., (2000).Los centros educativos como organizaciones que aprenden. La Muralla, Madrid.
Darling-Hammond, L., (2001). El derecho de aprender. Crear buenas escuelas para todos. Ariel, Madrid.
Develay, M., (2001). Padres, escuelas e hijos, Diada, Sevilla.
Escudero, J. M. e Moreno, J. M., (1992) El asesoramiento a centros educativos. Consejería de Educación y Cultura, Madrid.
Fuentes Abeledo, E. J. (2002): La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado, Padres y Maestros, 271, pp. 33-37.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003): Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes, Padres y Maestros, 279, pp. 34-39.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003): Supervisión clínica y colaboración entre profesores, Padres y Maestros, 280, pp. 35-39.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003): Recogida de información en el aula e investigación del profesorado, Padres y Maestros, 276, pp. 34-39.
Fuentes Abeledo, E. J. e Amaral, A. (2008): A Cultura de Colaboración entre o Museo, a Escola e a Universidade. En Pose, A. y Rodríguez Rodríguez, X. (Coords.): Actividades e recursos educativos dos Museos. Toxosoutos, Noia, pp. 45-56.
Hernández, F., (2001) El asesor en secundaria. Que todos encuentren su lugar para aprender, Cuadernos de Pedagogía, 302, pp. 63-66,
Martín, A. (1992): Ideas prácticas para innnovadores críticos. Díada, Sevilla.
Mayor Ruiz, C. (Dir.) (2007): El asesoramiento pedagógico para la formación docente del profesorado universitario, Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla, Sevilla.
Nicastro, S. e Andreozzi, M. (2003). Asesoramiento pedagógico en acción. La novela del asesor. B. Aires, Paidós.
Parrilla, A., (1996). Apoyo a la escuela: un proceso de colaboración. Mensajero, Bilbao.
Pozuelos, F. J., (2001) Asesorar desde la colaboración, Cuadernos de Pedagogía, 302, pp. 50-54,
Redó, M., 1(1997) El asesor psicopedagógico. Una colaboración interprofesional, Cuadernos de Pedagogía, 263, pp. 51-55.
Selvini Palazzoli, M. et al. (2004). El Mago sin magia: cómo cambiar la situación paradójica del psicólogo en la escuela. Paidós, Barna.
CompetenciasCompetencias xerais do máster.
Esta materia axudaría a desenvolver as competencias xerais: 1, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 do máster.
Competencias específicas do máster.
Esta materia axudaría a desenvolver as competencias específicas: 1, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 do máster.
Competencias específicas da materia:
1. Posuír un marco conceptual e experiencial do asesoramento, dos seus enfoques, modelos, estratexias, políticas e prácticas.
2. Analizar as características, condicións, problemas e evolución do asesoramento a institucións educativas.
3. Utilizar estratexias, técnicas e recursos para propoñer, planificar, implementar e avaliar proxectos, programas e estratexias de asesoramento no marco dun traballo colaborativo.
4. Ser capaz de reflexionar sobre as propias experiencias e coñecementos previos e asumir compromisos éticos coa propia formación, desenvolvemento profesional e capacidade de innovación na práctica do asesoramento.
5. Saber formular problemas e deseñar estudos e investigacións para resolvelos e xerar coñecemento neste campo.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas con todo o grupo de alumnos nas sesións presenciais “expositivas” incidirán sobre todo na adquisición de coñecementos básicos -marco conceptual en torno ao asesoramento e investigacións neste campo-, cun peso relevante de actividades expositivas e de análises de documentos. Tamén se realizarán, durante estas sesións, algunhas prácticas, supervisadas polo profesorado, para comprender os procesos e dinámicas implicadas nas funcións de asesoramento ás institucións.
As sesións presenciais “interactivas” realizaranse a través de métodos como o estudo de casos, os movementos sistémicos, os proxectos de traballo, a discusión, o xogo de roles e a análise de documentos. Iso permite desenvolver un maior número de competencias, procurando potenciar o traballo en equipo, centrándose en situacións de intervención asesora -modelos de traballo, estratexias e técnicas- e na resolución de problemas propios dos asesores. As actividades presenciais requiren unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo, tanto individual como, en ocasións, en grupo.
As actividades en pequeno grupo, as sesións virtuais e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada. Ademais estas, do mesmo xeito que os talleres, deberán estar adecuadamente conectadas coas sesións presenciais grupales.
Sistema de evaluaciónO proceso de avaliación, para apoiar e controlar o desenvolvemento das competencias e o logro dos obxectivos, realizarase mediante:
1) Unha avaliación continua, a través do seguimento do traballo levado a cabo polos/as alumnos/as nos diversos ámbitos: a participación activa e as achegas nos diferentes tipos de sesións.
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas como: estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análises de documentos, representación de roles, resolución de problemas, etc.
3) Poderáse realizarse unha proba individual centrada na realización dun suposto práctico, a resolución dun problema ou o informe sobre unha investigación que esixirá dos e as estudantes competencias de comprensión, análise, síntese e avaliación.
4) A presentación dun informe final e o seu contido.
Tempo de estudo e traballo persoalTendo en conta os factores de equivalencia que se aplican, segundo os criterios dos créditos ECTS, o/a alumno/a terá, para a preparación das diversas actividades, a seguinte dedicación horaria:
- clases expositivas…14 horas
- clases interactivas…24 horas
- Titorías…………………… 12 horas
Total: 50 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndaselles aos/ás alumnos/as estudar a materia dun xeito crítico e reflexivo, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas cos súas propias experiencias, vivencias e coñecementos adquiridos, tanto durante o seu proceso formativo como no seu desempeño profesional. Procede ter sempre presente a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da práctica profesional do asesor. Ademáis é necesario:
- Asistir ás sesións presencias expositivas e interactivas.
- Participar nas sesións virtuais, titorías e obradoiros, o que permitirá unha axeitada integración das diferentes modalidades de traballo e formas de agrupamento, seguindo unha secuencia coherente no proceso de realización das actividades.
- Resulta crucial manterse ó día nas actividades que se indiquen para participar nas sesións presenciais que, habitualmente, requerirán un tempo de traballo previo individual ou en grupo (usando tamén os medios tecnolóxicos), de forma que se aproveiten ó máximo posible as horas presenciais. A ausencia da preparación previa de determinadas lecturas ou de realización de actividades de forma autónoma no tempo de traballo non presencial, pode supoñer a imposibilidade de participar nas sesións presencias de xeito adecuado.