G3141457 - Inglés: Comprensión e Expresión Oral (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: inglés) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal dista materia é conseguir que o alumnado alcance o nivel B2.2 do Marco de Referencia Europeo para as linguas nas destreza de comprensión e expresión oral en lingua inglesa (ver http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf).
ContidosPráctica das destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa.
Ensino das destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa.
Os contidos específicos detallaranse na guía docente que se entregará a comezo do curso.
Bibliografía básica e complementariaEastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Kee and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Flynn, K. 2006. Panorama Building Perspective Through Reading. Oxford: O.U.P.
Hamer, J. (2007). The Practice of English Language Teaching. Harlow: Pearson Education.
Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Zemach, D. & Islam, C. (2005). Paragraph writing: From sentence to paragraph. Oxford: Oxford University Press.
CompetenciasXerais:
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación,
e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación
Específicas:
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e
fomentar as competencias correspondentes nos estudantes
Básicas:
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
Transversais:
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
Metodoloxía da ensinanza As sesións expositivas en grupos grandes orientaranse a presentación de novos contidos por parte do profesor, e irán seguidas de práctica controlada e debate por parte do alumnado. A lectura de documentos e consulta de outras fontes de información, ademais do debate, tanto en grupo grande como mediano, contribuirán ó desenvolvemento das competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos.
As actividades en grupo mediano e pequeno fomentarán o desenvolvemento das competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxía da información e comunicación que contribúan a aprendizaxe das destrezas de comprensión e expresión oral en lingua estranxeira.
Utilizarase preferentemente a lingua estranxeira na realización dos distintos tipos de actividades tanto en grupo grande como pequeno, e en titorías en grupo reducido ou individualizadas. Con isto preténdese desenvolver a competencia específica ‘Expresarse oralmente nunha lingua estranxeira’, así como a competencia transversal referida ó dominio de unha lingua estranxeira.
As titorías plantexaranse como sesións de orientación encamiñadas a resolución de problemas e a supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo
Sistema de evaluaciónPARTICIPACIÓN NA AULA: 5%
PROBAS ESPECÍFICAS: 50 %
INFORMES ESCRITOS Y OUTRAS PRODUCCIONS: 40 %
PRESENTACIONS ORAIS: 5%
O alumnado con exención de docencia oficial avaliarase da seguinte maneira:
PROBAS ESPECÍFICAS: 60%
INFORMES ORAIS: 40%
Tempo de estudo e traballo persoalAproximadamente 74 horas de traballo autónomo para os alumnos que teñan un nivel en lingua inglesa cercano ó recomendado.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase posuír un nivel B2.1. ao comezo do curso.
Recoméndase tamén ter aprobada a materia obligatoria ‘ENSEÑANZA Y APRENDIZAJE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS: INGLÉS'