G3141460 - Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeira: Francés (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: francés) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxía Francesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoFrancésObxectivos da materia- Familiarizar os alumnos co método AICLE (Aprendizaje Integrado de Contenidos y Lenguas Extranjeras)/EMILE (Enseignement de matières par l'intégration d'une Langue Etrangère)/CLIL (Content and Language Integrated Learning), sinalando o seu enfoque innovador como aspecto favorecedor da integración curricular.
- Apreciar as competencias lingüísticas que poden lograrse do uso dun enfoque plurilingüe na pedagoxía AICLE/EMILE/CLIL.
- Ser capaces de promover a cooperación entre profesor e alumnos para lograr unha aprendizaxe autónoma, o que fomentará a iniciativa persoal, interactiva e máis flexible.
- Valorar o francés lingua estranxeira, ademais de ferramenta de comunicación, como instrumento de aprendizaxe de conceptos das materias non lingüísticas de Primaria.
- Favorecer no alumno a construción de novos conceptos (non lingüísticos) en lingua estranxeira, o que lle permitirá mellorar as súas competencias cognitivas e comunicativas.
- Motivar os alumnos na aprendizaxe de linguas grazas ao seu emprego práctico.
Contidos1. O tratamento integrado do francés lingua estranxeira (FLE) no sistema educativo.
O desenvolvemento curricular do FLE na Educación Primaria.
2. AICLE (Aprendizaje Integrado de Contenidos y Lenguas Extranjeras)/EMILE (Enseignement de Matières par l'Intégration d'une Langue Etrangère)/CLIL (Content and Language Integrated Learning): fundamentos. Metodoloxía: o papel do profesor e do alumno. A inmersión lingüística en FLE: os beneficios lingüísticos, cognitivos e culturais.
3. O enfoque educativo AICLE/EMILE/CLIL e a súa aplicación: de lingua de aprendizaxe a lingua de ensinanza. Organización da clase con aplicación AICLE/EMILE/CLIL. Avaliación.
4. AICLE/EMILE/CLIL como ferramenta pedagóxica. O emprego de materiais AICLE/EMILE/CLIL na aula. Elaboración de unidades didácticas. As TICs e o proxecto AICLE/EMILE/CLIL.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
EURYDICE (2006): L’enseignement d’une matière intégré à une langue étrangère (EMILE) à l’école en Europe. Bruxelles: Commission Européenne. Direction Générale de l'Éducation et de la Culture.
HAZARD, B. [rapporteur] (2010): Les Sciences de la Vie et de la Terre, une discipline enseignée en langue étrangère. Paris: Ministère de l’Éducation Nationale et de la Vie Associative (http://www.emilangues.education.fr/files/par-rubriques/Rapport_SVT_169861.pdf).
SAN ISIDRO, F. X. [coord.] (2009): CLIL: Integrando linguas "a través" do currículo. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia).
LORENZO, F., TRUJILLO, F. y VEZ, J. M. (2010): Educación bilingüe: integración de contendido y segundas lenguas. Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria:
BARRIOS ESPINOSA, M.E. y GARCÍA MATA, J. (2006): Formación en didáctica de lenguas extranjeras a través de la observación en el aula. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
BEACCO, J.-Cl. (2007): L’approche par compétences dans l’enseignement des langues. Paris: Didier.
DÍAZ GARCÍA, Mª. T., MAS ÁLVAREZ, I. e ZAS VARELA, L. (2009): Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña. TresCtres.
ESCOBAR, C. y NUSSBAUM, L. (2008): “Tareas de intercambio de información y procesos de aprendizaje en el aula AICLE”, Miradas y voces. Investigaciones sobre la educación lingüística y literaria en entornos plurilingües (coord: Camps, A. y Milian, M.). Barcelona: Editorial Graó; pp.: 159-178.
ESCOBAR, C., EVNITSKAYA, N., MOORE, E. i PATIÑO, A. [eds.] (2011): AICLE-CLIL-EMILE. Educació plurilingüe: Experiencias, research & polítiques. Bellaterra, Universitat Autònoma de Barcelona.
GAJO, L. (2007): "Enseigner les DNL en langue non maternelle", Tréma, 28: 37-88.
GONZÁLEZ PIÑEIRO, M., GUILLÉN DÍAZ, C. y VEZ JEREMÍAS, J. M. (2010): Didáctica de las Lenguas Modernas. Competencia Plurilingüe e Intercultural. Madrid: Síntesis.
PLUSIEURS AUTEURS (2009): "Disciplines linguistiques et "non linguistiques": l'entente cordiale?", Les Langues Modernes, 3 (numéro monographique).
TAKALA, S. (2003): "L'enseignement d'une matière par intégration d'une langue étrangère (EMILE) dans les contextes européens", Le Français dans le monde: recherches et applications, numéro spécial (juillet): 54-66.
TARDIEU, Cl. (2008): La Didactique des langues en quatre mots-clefs: communication, culture, méthodologie, évaluation. Paris: Ellipses.
VEZ JEREMÍAS, J. M. (2004): Formación en Didáctica de las Lenguas Extranjeras. Rosario (Argentina): Homo Sapiens.
Referencias Webs:
- http://eduscol.education.fr/D0027/EXSACC.htm (enseignement des sciences et de la technologie à l’école primaire).
- http://www.emilangues.education.fr/ressources-pedagogiques/sequences/disciplines-non-linguistiques (Disciplines Non Linguistiques).
- http://www.ciep.fr/bibliographie/bibliographie-seminaire-bilingue-enseigner-le-francais-dans-les-sections-bilingues.pdf (bibliographie).
CompetenciasCompetencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
1. Competencias xerais (G):
- G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
- G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais do currículo escolar.
- G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelos entre os estudantes.
2. Competencias específicas (E) da materia:
- E52 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
- E53 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes aos estudantes.
3. Competencias básicas (B):
- B1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
4. Competencias transversais (T):
- T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases presenciais combínanse a exposición teórica por parte do profesor coas actividades prácticas desenvolvidas por este e o alumnado.
Las actividades en grupo expositivo constarán de:
- Actividade expositiva.
- Práctica en grupo clase.
- Presentación dun plan de traballo.
- Realización de proba escrita.
As actividades en grupo interactivo serán realizadas en base a:
- Resolución de problemas.
- Exposicións na aula.
- Debates.
- Proxectos e traballos.
As actividades en pequeno grupo consistirán en:
- Reflexión traballo grupo.
- Discusión de proxectos.
Sistema de evaluaciónA avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
- Participación na aula (G3, G10, E1, E2, B1, B2, B4, T1): 20%
- Probas específicas (G1, G2, G3, G10, E1, E2, B1, B2, B4, T1): 40%
- Informes escritos e outras producións (G1, G2, E1, E2, B1, B2, T1): 20%
- Presentacións orais (G1, G2, E1, E2, B1, B2, B4, T1): 20%
A asistencia ás sesións de clase nos diferentes grupos, a implicación nas actividades programadas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, será polo tanto condición necesaria para a superación da materia.
Tempo de estudo e traballo persoal1. HORAS PRESENCIAIS: 38.5 horas.
1.1. Actividades en grupo expositivo (18 horas):
1.1.1. Actividade expositiva.
1.1.2. Práctica en grupo clase.
1.1.3. Presentación dun plan de traballo.
1.1.4. Realización de proba escrita.
1.2. Actividades en grupo interactivo (18 horas):
1.2.1. Resolución de problemas.
1.2.2. Estudo de casos.
1.2.3. Debates.
1.2.4. Proxectos e traballos.
1.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (2.5 horas):
1.3.1. Reflexión traballo grupo.
1.3.2. Discusión de proxectos.
2. HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 74 horas.
2.1. Actividades en grupo expositivo (26 horas):
2.1.1. Lectura de documentos.
2.1.2. Estudo.
2.1.3. Preparación de probas orales e escritas.
2.2. Actividades en grupo interactivo (34 horas):
2.2.1. Lectura de documentos.
2.2.2. Preparación de presentacións.
2.2.3. Busca de información complementaria.
2.2.4. Reflexión en pequenos grupos.
2.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (14 horas):
2.3.1. Resolución de dúbidas.
2.3.2. Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo.
2.3.3. Actividades de autoavaliación.
HORAS TOTAIS: 112,5.
Recomendacións para o estudo da materia• Estar interesado/a pola lingua e a cultura francesa ou francófona.
• Mostrar disposición e interese cara outras linguas e sistemas culturais.
ObservaciónsO obxectivo desta materia é acadar o nivel B2 do MCERL, polo que é conveniente ter o nivel B1; sen embargo, admitirase alumnado con nivel A2.
Para a superación desta materia, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases presenciais (salvo aqueles alumnos con exención de docencia concedida polo Centro).
Por outra parte, tamén se esixirá a entrega e/ou presentación, en tempo e forma, dos traballos e informes que se determinen na aula, así como a realización das probas orais e/ou escritas que se fixen no seu momento.
O alumnado con exención de docencia terá que presentar os mesmos traballos e/ou informes esixidos ao grupo clase. Así mesmo deberá realizar unha proba oral e/ou escrita sobre diferentes cuestións do programa na data que o Centro determine.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.