Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141461 - Inglés: A Diversidade Cultural e as súas Manifestacións (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: inglés) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SALVADO LOPEZ, AMALIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos xerais

    Téntase presentar unha panorámica xeral dos aspectos mais relevantes da cultura anglófona destacando a importancia de seu estudo dentro do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas
    Acercar aos alumnos aos fitos históricos, económicos e culturais dos países de fala inglesa.
    Sensibilizar os alumnos coa cultura británica contemporánea, presentándolles os aspectos socioculturais máis importantes desta sociedade coa intención de que adquiran unha bagaxe de coñecementos que lles sexan válidos para o seu futuro.
    Coñecer a realidade socioeconómica actual do Reino Unido
    Fomentar o respeto pola cultura anglófona, desenvolvendo, na aula, unha sensibilidade cara outras culturas, tratando de evitar prexuicios ante sociedades e culturas pouco coñecidas.
    Adquirir coñecementos sobre a sociedade inglesa a través dos aspectos relevantes da súa cultura e, reflexionar sobre a súa idiosincracia, respetando os seus costumes
    Proporcionar un achegamento interdisciplinar aos conceptos básicos da cultura, historia, nación e globalización

    Obxectivos específicos
    O obxectivo fundamental da asignatura é a capacitar ao alumnado para incorporar os coñecementos necesarios así como despertar a conciencia cultural imprescindible para o seu futuro como docentes.



    Contidos
    O concepto de diversidade cultural. A identidade cultural. A diversidade como riqueza. A diversidade cultural e o MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

    Principais manifestacións culturais e históricas de Gran Bretaña e Estados Unidos de América así como os seus vínculos con outros países de fala inglesa

    Diversidade xeográfica e histórica, política e institucional, relixións, educación, economía, benestar social, transporte.

    Aspectos socioculturais dos países anglófonos, as súas manifestacións a través dos medios de comunicación (mass media), cine, música, literatura, arte

    A diversidade lingüística das comunidades de fala inglesa. O inglés como lingua franca. A lingua inglesa e a súa expansión xeográfica.

    Tendo en conta as características particulares da asignatura, a actualización de temas de interés e actualidade que poidan xurdir ao longo do curso irá configurando os contidos da materia




    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Collie, J. e Martin, A. What’s it like? Life and Culture in Britain Today. Cambridge: C.U.P. 2000
    Erling, Elizabeth and Seargent Philip (eds), 2013, English and Development. Policy, Pedagogy and Globalization. Multilingual 2013
    O´Driscoll, James. Britain for Learners of English. Oxford : Oxford UP.2009 (manual de referencia)
    Little Britain. BBC. DVD.2007
    Oakland, John. British Civilization: An Introduction. London: Routledge(7th 2011)
    Oakland, John. Contemporary Britain: A Survey with Texts. London: Routledge, 2011.
    Higgings, Michael, Clarissa Smith and Jhon Storey (eds), 2010, the Cambridge Companion to Modern British culture, Cambridge : Cambridge University Press
    Mauk David and Okland Jhon: American Civilization. An Introduction. London: Routledge (5th 2009).
    Smith, J. 2012. Exploring British Culture. Cambridge: C.U.P. 2012
    Storry, Mike and Peter Childs (eds) British Cultural Identities.2002

    Referencia (Diccionarios y Gramáticas)
    The New Partridge Dictionary of Slang. Tom Dalzell. London: Routledge, 2005.
    Collins Cobuild English Language Dictionary.
    Diccionario Oxford español-inglés, inglés-español.
    Carter, R, MacCarthy M, Mark , G and O´keeffe, A. English Grammar Today. Cambridge 2012

    Online dictionaries: http://www.m-w.com/, http://www.wordreference.com/

    Documentaries: http://movies.addictivejunk.com/

    Recursos online
    [http:// http://learnenglish.britishcouncil.org/en/uk-culture]

    British Culture, British Customs and British Traditions [http://www.learnenglish.de/britishculture.htm]

    Life in the USA: Web guide to American Life for Immigrants and Americans [http://www.lifeintheusa.com/]
    www.breakingnewsenglish.com

    Project Britain: Your Guide to British Life, Culture and Customs [http://www.projectbritain.com](British Life, Culture and Customs)



    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    1.Competencias xerais (G)

    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos

    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais do currículo escolar.

    G4.Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.

    G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural

    2.Competencias específicas (E) da materia:

    E52 Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.

    E53 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    3. Competencias básicas (B):

    B1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

    B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

    B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    4. Competencias transversais (T):
    T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.


    Metodoloxía da ensinanza
    A asignatura desenvolverase ao longo dun cuadrimestre, en sesións semanais (expositivas, interactivas ) que se impartirán preferentemente en inglés, co fin de favorecer a competencia específica de ‘Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira’.Utilizaranse metodoloxías activas coa intención de promover o traballo individual e colaborativo na aula.

    Nas sesións expositivas combinarase a exposición teórica por parte do profesor coas actividades prácticas. Recurriremos ao visionado de algunha película, documentales, en versión orixinal, spots publicitarios, comentarios de texto culturais e, cualquera tipo de soporte que nos axude a desenvolver as competencias necesarias relacionadas co aprendizaxee de linguas.

    Igoalmente utilizaremos a análise de textos de carácter social, xornalístico e literario para potenciar a competencia comunicativa do alumnado. Asimesmo, despois de visionar o material de audio en diferentes formatos, e de ler e analizar os textos escritos, levaranse a cabo debates e actividades que favorezan a participación activa do alumnado

    Dependendo do número de asistentes, algunhas das propostas de traballo realizaranse en grupos pequenos.

    Para optimizar o rendemento no estudo da materia, o alumnado deberá traer preparado e revisado o tema a debater nas vindeiras sesións de clase.

    Habrá sesións nas que o alumnado terá que facer presentacións orais ao resto da clase
    Sistema de evaluación
    A avaliación constará dun exame escrito, participación na clase así como nas tareas prácticas e unha presentación oral.

    O exame escrito realizarase a finais do semestre constituíndo o 50% da nota final.

    Para avaliar as sesións interactivas teranse en conta os seguintes parámetros:

    Presentación oral do proxecto diante do resto dos compañeiros 20%
    Asistencia regular a clase e participación nos debates e temas propostos 10%
    Informes escritos e outras produccións 20%

    Para asistir ao exame final escrito, é requisito obrigatorio para o alumnado que teña exención de docencia ter presentado na clase un proxecto acordado previamente co profesor.

    A expresión adecuada en lingua inglesa tanto a nivel oral como escrito, condicionará a avaliación final.

    Exame de Xullo:manterase a nota da parte interactiva. O exame escrito constará dos mesmos temas que en maio.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1. HORAS PRESENCIAIS: 38.5 horas.

    1.1. Actividades en grupo expositivo (18 horas):

    1.1.1. Actividade expositiva.

    1.1.2. Práctica en grupo clase.


    1.1.3. Presentación dun plan de traballo.

    1.1.4. Realización de proba escrita.

    1.2. Actividades en grupo interactivo (18 horas):


    1.2.1. Resolución de problemas.
    1.2.2. Estudo de casos.

    1.2.3. Debates.

    1.2.4. Proxectos e traballos.

    1.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (2.5 horas):

    1.3.1. Reflexión traballo grupo.

    1.3.2. Discusión de proxectos.

    2. HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 74 horas.
    2.1. Actividades en grupo expositivo (26 horas):

    2.1.1. Lectura de documentos.
    2.1.2. Estudo.

    2.1.3. Preparación de proba escrita.

    2.2. Actividades en grupo interactivo (34 horas):

    2.2.1. Lectura de documentos.

    2.2.2. Preparación de presentacións.
    2.2.3. Búsqueda de información complementaria.

    2.2.4. Reflexión en pequenos grupos.

    2.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (14 horas):

    2.3.1. Resolución de dúbidas.

    2.3.2. Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo.
    2.3.3. Actividades de autoavaliación.


    HORAS TOTAIS: 112,5.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua estranxeira próximo ao nivel B2 do MCER. Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
    Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
    Asimesmo, aconsellase ter cursado a asignatura Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Inglés)
    Observacións
    Estar interesado/a pola lingua e a cultura inglesa
    Mostrar disposición e interés cara outras linguas e sistemas culturais.