Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141466 - Procesos e Proxectos Didácticos de Educación Musical (Optativo Mención en Educación Musical) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Didáctica da Expresión Musical
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Portela Lopez, Cecilia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    “La Educación tiene que servir para aprender a conocer, aprender a convivir, aprender a hacer y para aprender a ser”

    Delors, J. (1996). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid: Santillana/UNESCO. pp. 91-103.


    - Coñecer e desenvolver o Proxecto Lóva (La ópera como vehículo de aprendizaje). Creación e representación.
    - Demostrar interese, participación, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan dentro e fóra da aula.
    - Elaborar o Diario do Proxecto.
    - Manexar fontes e recursos documentais en distintos formatos e línguas.
    - Coñecer, manexar e utilizar aplicacións musicais TIC.

    Contidos
    - O Proxecto Lóva.
    - A ópera na aula: que supón, que se desenvolve.
    - Creación da ópera: todos os momentos para chegar a representación.
    - A compañía de ópera: profesións e as súas tarefas.
    - Actividades vocais, corporais e xogos teatrais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Casado, T. (2011). Una compañía, para una ópera. Cuadernos de pedagogía, 412, 28-31.

    Delors, J. (1996.). Los cuatro pilares de la educación. La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión internacional sobre la educación para el siglo XXI. Madrid, Santillana/UNESCO, 91-103.

    Otero, S. (2012). El cine como proyecto de vida en la escuela. Sentimientos y emociones: hilos para el desarrollo de un proyecto de cine mudo. Musicrearte digital, revista electrónica nº 1, 73-83.
    http://revista.musicrearte.com/musicrearte_digital_numero01_2012_files/musicrearte_digital_01_2012_art10.pdf

    Sarmiento, P. (2012). La ópera, un vehículo de Aprendizaje (LÓVA). Eufonía 55,40-47.

    Taylor, B. D. (1999). The arts equation: forging a vital link between performing artists and educators. Back Stage Books.

    Páxina web oficial do Proxecto http://www.proyectolova.es/

    As fontes documentais, en distintos formatos, atópanse na Aula virtual da materia.

    Competencias
    Específicas:
    E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
    E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
    E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
    E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao largo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fóra da escola.

    Xerais: G2, G5, G11.

    Básicas: B4, B5.

    Transversais: T1, T2, T3.

    As competencias pódense consultar no seguintes enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3141_G3151_Mestre_Primaria_2010_11.pdf

    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións expositivas: explicación do proxecto, distribución de tarefas e coordinación dos grupos de traballo.

    Sesións interactivas: exercicios corporais, vocais e xogos teatrais. Traballo en equipos de
    traballo e/ou profesións. Reflexións persoais e grupais sobre o experimentado e traballado que se recollerán no Diario do proxecto.

    Representación final da ópera creada.

    Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais.

    Sistema de evaluación
    Dadas as características da materia, a única convocatoria para superala na súa totalidade é a convocatoria de maio. Excepcionalmente, permitirase a entrega do Diario do proxecto na convocatoria de xullo, neste caso conservaranse as cualificacións dos outros apartados.

    Para a avaliación continua e final da materia, seguiranse os criterios e procedementos seguintes cos tantos por cen que se especifican:

    - Asistencia, participación e prácticas específicas de aula (50% da nota final):
    - Control de asistencia: Permítese a ausencia de ata dúas sesións de clase debidamente xustificadas (1+1), (10%). A asistencia ás prácticas específicas controlarase mediante un acta.

    - Informe escrito individual (30% da nota final): Diario do proxecto, no que se incluirán, reflexións escritas, materiais e/ou produccións e/ou evidencias en distintos formatos.

    - Representación da ópera (20% da nota final).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo debe ser imprescindiblemente semanal. O tempo deberá incrementarse segundo os intereses e as dificultades persoais do propio alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de tres horas semanais para la comprensión y realización del proyecto.

    a) - Actividades dentro do horario académico: 38,5h
    - Sesións expositivas: 18 h.
    - Sesións interactivas: 18 h.
    - Titorías académicas: 2,5 h.

    b) - Actividades fóra do horario lectivo: 74 h.
    - Estudo e traballo individual: 34 h.
    - Traballo en grupo: 40 h.

    TOTAL (a+b) = 112,5 h (4,5 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás sesións de clase.
    - Compromiso e responsabilidade no traballo.
    - Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas titorías.
    - Ser responsable e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado e grupos de traballo.
    - Utilizar os recursos da propia Facultade (biblioteca, aulas) para o estudo e para a ampliación dos propios coñecementos.

    Observacións
    Debido a que é obrigatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recomiéndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a Internet. O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios na primeira semana do inicio da actividade lectiva.

    Os traballos individuais e/ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordinado.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo terase en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
    - Imprimir a dobre cara en calidade de “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
    Avisos, prazos, e outras notificacións, comunicaranse a través da aula virtual.