Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081221 - Didáctica (Educación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROSALES LOPEZ, CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Fon)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Foñ-Pe)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Pi-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-Martínez F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Martínez G-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos desta asignatura se inscriben dentro dos xerais correspondentes ó Grao de Pedagoxía, especialmente nos seguintes:

    -Obter os coñecementos e habilidades básicas para deseñar, implementar e avaliar contornas, procesos, plans, programas e recursos de ensino-aprendizaxe en diversos contextos e para persoas diferentes.
    -Posuír os coñecementos e actitudes necesarios para actuar como axente de cambio e mellora en procesos de desenvolvemento persoal, profesional, institucional e comunitario.
    -Desenvolver a capacidade de comprometerse na potenciación da profesión pedagóxica, na xeración de coñecemento pedagóxico e no mantemento dos estándares deontolóxicos do exercicio profesional.

    De forma específica, a través da realización desta asignatura se pretende:

    -Adquirir unha plena comprensión das características do proceso didáctico en termos xerais e nos seus compoñentes.
    -Contextualizar o desenvolvemento do ensino e o aprendizaxe nas distintas situacións formais e non formais de carácter educativo.
    -Identificar relacións entre procesos didácticos e características organizativas e funcionais dos centros decentes.-Planificar procesos didácticos adaptados a alumnos pertencentes a distintos niveis do sistema educativo.-Analizar as características do ensino e a aprendizaxe en situacións específicas en función de líneas metodolóxicas relevantes e especialmente desde a perspectiva dunha educación inclusiva.
    -Deseñar formas de utilización de recursos didácticos impresos, audiovisuais, informáticos e manipulativos.
    -Analizar características implícitas nas relacións interpersonais e grupais, así como na orixe de posibles situacións de conflito.
    -Coñecer as características relevantes da comunicación didáctica así como das diversas linguaxes intervintes nela.
    -Comprender a necesidade de estimular a innovación e a investigación nos procesos didácticos.
    -Desenvolver actitudes positivas á reflexión e innovación dos procesos didácticos
    -Coñecer e aplicar técnicas de avaliación da aprendizaxe, a ensinanza e as institucións educativas.
    Contidos
    Se estruturan en torno ós seguintes núcleos:

    -Concepto de Didáctica. Didáctica e Curriculum. Compoñentes do proceso didáctico. A súa evolución.
    -A aprendizaxe. Características. Teorías explicativas. Condicionantes.
    -A ensinanza como función docente. Características e modelos. A formación do profesor.
    -A comunicación, compoñente básico dos procesos didácticos. Características. Relacións interpersonais e linguaxes.
    -Os entornos da ensinanza e a aprendizaxe. Dimensión institucional. Niveis e estratexias de intervención.
    -O centro escolar como entorno institucional. Características incidentes nos procesos didácticos.
    -Os recursos para a ensinanza e a aprendizaxe. Utilización didáctica na sociedade do coñecemento.
    -Avaliación de procesos didácticos. Características actuais na avaliación do alumno e do profesor.
    -Evolución e innovación nos procesos didácticos. Incidencia de discursos pedagóxicos e didácticos.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Rosales, C. (2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Santiago: Andavira
    Rosales, C. (2005). Temas para la reflexión y la investigación didáctica. Santiago: Tórculo.
    Rosales, C. (2012). El pensamiento de profesores y alumnos. Cuestiones relevantes de enseñanza y aprendizaje. Santiago. Andavira


    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA


    Aparici, R. y García, A. (2008). Lectura de imagen en la era digital. Madrid: De la Torre.
    Daniels, H. (2000). Vygotsky y la pedagogía. Barcelona: Paidós.
    Delors, J.(1996). La educación encierra un tesoro. Madrid: Santillana/ UNESCO
    Estebaranz, A. (Coord.,2000). Construyendo el cambio: Perspectivas y propuestas de innovación educativa. Sevilla: Universidad.
    Esteve, J. M. (2003). La tercera revolución educativa. La educación en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Paidós.
    Fernández Batanero, J. (2009). Un curriculo para la diversidad. Madrid: Síntesis
    Fernández Pérez, M. (1993). Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid: Siglo XXI.
    García Matilla, A. (2003). Una televisión para la educación. Madrid: UNED
    Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. Barcelona: Graó
    Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona, Octaedro.
    LATORRE, A. (2003). La investigación-acción. Conocer y cambiar la práctica docente. Barcelona: Graó.
    MARTIN, X., PUIG, J.M., PADROS, M., TRILLA, J., (2008). Tutoría, técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza.
    ORTEGA, R. (2005). 10 Ideas clave: disciplina y gestión de la convivencia. Barcelona: Graó
    OVEJERO, A. (1990). El aprendizaje cooperativo. Barcelona: P.P.U.
    PÉREZ FERRA, M. (Coord., 2012). Asesoramiento al profesorado de secundaria para mejorar la calidad de los centros. Jaén: Joxman.
    PERRENOUD, PH. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar. Barcelona: Graó
    PUJOLÁS, P. (2009). 9 Ideas clave. El aprendizaje cooperativo. Barcelona: Graó
    ROSALES, C. (2000).Evaluar es reflexionar sobre la enseñanza. Madrid: Narcea
    SANTOS, M. (2008). Hacer visible lo cotidiano: Teoría y práctica de la evaluación cualitativa. Madrid: Akal
    TORREGO, J. (Coord. 2008). El plan de convivencia. Fundamentos y recursos para su elaboración y desarrollo. Madrid: Alianza

    DIRECCIONS DE INTERNET:

    EURYDICE Network on Education Systems and policies in Europe:
    http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/index_en.php
    UNESCO:
    www.unesco.org
    MINERVA: Repositorio institucional de la USC:
    https://dspace.usc.es/handle/10347/520
    MINISTERIO DE EDUCACION:
    www.mecd.gob.es
    XUNTA DE GALICIA:
    www.edu.xunta.es


    Competencias
    Esta asignatura contribúe ó desenvolvemento das competencias xerais do Grao, especialmente das seguintes:

    -Desenvolver unha actitude autocrítica e de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
    - Comprender os procesos de ensino-aprendizaxe e a súa incidencia na formación integral das persoas.-Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
    -Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.-Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.

    De forma específica se traballan competencias relativas a:

    -Unha visión global do que son as políticas curriculares como interpretación e concreción do dereito á educación e á formación integral das persoas.
    -Un coñecemento básico dos procesos de ensinanza e aprendizaxe nos seus diversos enfoques, condicións e etapas formativas.
    -A capacidade de analizar diversas situacións de ensinanza e aprendizaxe en función da idade dos suxeitos, do entorno no que se desenvolve o proceso, dos propósitos formativos que se pretendan, etc.
    -A capacidade para identificar os factores persoais e sociais que inciden nos procesos de aprendizaxe e de deseñar unha proposta de intervención didáctica que permita mellorar os resultados do proceso.
    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento desta asignatura implica a realización de clases expositivas a todo o grupo (20h), nas que se presentarán cuestións relevantes correspondentes ós temas que figuran no contido do programa. Nestas clases tamén se presentarán fontes bibliográficas e documentais para o seu estudo polo alumno.

    Nas clases interactivas se realizarán diversas actividades individuais e en equipo con un carácter práctico e aplicativo. Entre elas especialmente se incluirán o análise de diversos documentos, e de experiencias, incidentes, programacións, casos e vídeos (20h).

    A atención tutorial terá carácter predominantemente persoalizado e se desenvolverá nun horario especialmente adicado a tal fin polo profesor.Entre atención tutorial e tarefas de avaliación se invertirán en torno a 10 horas, polo que o total do traballo presencial será de 50horas, e o traballo individual do alumno, en torno as 100 horas.
    Sistema de evaluación
    Tomando como referencia obxectivos e competencias do programa, así como a preparación inicial dos alumnos, a avaliación terá un carácter procesual e formativo e se proxectará tanto no desenrolo teórico como nas actividades interactivas.Os contidos desenrolados nas clases expositivas se avaliarán a través dun exame, que representará o 50% da calificación global.
    Nesta proba se valorará non só a reproducción senón tamén e de forma especial as aportacións persoais do alumno.

    Os alumnos realizarán traballos individuais e en equipo en torno ás actividades realizadas nas clases interactivas. Estos traballos serán obxecto de seguimento polo profesor e podrán ter forma de dossier, representando o 50% da calificación global.
    Didáctica é unha asignatura presencial, o que implica a asistencia asidua as súas clases salvo nos supostos oficialmente contemplados como xustificados para a no asistencia ou ben no caso de que o alumno solicite e obteña a exención correspondente. Dita asistencia e participación se valorará tanto nas clases expositivas como nas interactivas, podendo alcanzar no conxunto das mesmas un 20% da calificación global.


    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    a) Actividades presenciais-Clases expositivas: 20h-Clases interactivas: 20H-Tutorías e avaliación: 10h-Total de horas presenciais: 50b) Traballo persoal do estudante:-Estudo e elaboración de informes: 80h.-Tutorías e avaliación: 20h-Total de horas de traballo personal: 100h.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Se aconsella poñer especial interese no estudo das fontes documentais, así como na participación nas sesións presenciais

    A USC é unha universidade prresencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia

    Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico
    Observacións
    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    En relación aos traballos personais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.