Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3241224 - A Formación Profesional (Módulo Específico Sector Servizos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 10.00
  • Total: 10.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 40.00
  • Horas de Titorías: 10.00
  • Total: 80.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON.NON
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Comprender as vinculacións do mercado laboral e a formación profesional, manexando o seu marco conceptual e as posibilidades que poida ofrecer aos suxeitos cos que traballa.
    2) Coñecer as organizacións e iniciativas implicadas na formación profesional e na inserción laboral, tanto no ámbito europeo, como no español e o galego.
    3) Aproximarse a estrutura do sistema de formación profesional
    4) Coñecer as iniciativas máis importantes levadas a cabo no ámbito da formación profesional a nivel europeo, español e galego
    5) Valorar a oportunidade da formación profesional como un conxunto de actuacións dirixidas á profesionalización e inserción profesional
    6) Coñecer a organización, institucións e características máis importantes dos sistemas de formación profesional e de formación para o emprego
    7) A univocidad na Formación Profesional: Conceptos básicos

    Contidos
    Organizáronse tres bloques de contido asociandoos os Obxectivos xerais e estruturados a través de seis temas. A secuenciación non obedece a unha prelación por importancia ou relevancia dos contidos, senón pola necesidade dunha introdución gradual na temática que axude á comprensión.

    Bloque 1: Historia da Formación Profesional
    Este bloque intentará dar unha visión panorámica do que foi o percorrido tanto académico coma laboral deste tipo de formación, coas implicacións desde e para o mercado laboral.
    Bloque 2: Formación Profesional
    Este bloque está organizado en dous temas a través dos que se terá un coñecemento en profundidade da organización e xestión da Formación Profesional tanto en Europa, como en España e en Galicia. Coñecendose os programas europeos tanto de desenvolvemento da formación como os relacionados coa aprendizaxe permanente. Ademais traballarase a lexislación vixente e a estrutura organizativa e curricular da formación profesional inicial.
    Bloque 3: Formación para o Emprego
    Cos tres temas en que está organizado este bloque preténdese facer un percorrido polo que foi e é a formación ocupacional en España e en Galicia, coñecendo os programas en que se articula a súa oferta formativa e revisando as características que fan que esta formación sexa prioritaria para as persoas desempregadas. Tamén se traballará sobre os certificados de profesionalidade, analizando algún deles para que caracterizaros e comprobar a súa utilidade para as persoas sen formación pero con experiencia laboral.


    Bibliografía básica e complementaria
     Álvaro Page, M (Dir) (1993). Evaluación de los módulos profesionales, estudio de la reforma experimental de la enseñanza técnico-profesional. Madrid: CIDE.
     Ander-Egg, E. (2003). Métodos y Técnicas de investigación social IV. Técnicas para la recogida de datos e información. Buenos Aires: Lumen.
     Arnal, J., Del Rincón, D., Latorre, A. (1992). Investigación Educativa. Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor.
     Bisquerra, R. (1989). Métodos de investigación educativa: guía práctica. Barcelona: Ediciones CEAC.
     Cano, J., López, M. e Ortega, M. (1993). La nueva Formación Profesional: ramas, módulos profesionales y ciclos formativos. Madrid: Escuela Española.
     Castro Rodríguez, M.M., Ramos Fernández, R. e Rodríguez Rodríguez, J. (1996). Análise socioeducativa do concello de Boiro: mapa escolar (1992-1996). Boiro: Concello de Boiro.
     Cohen, L. e Manhion, L. (1990). Métodos de investigación educativa. Madrid: La Muralla.
     Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2006). Estudo da inserción laboral dos titulados de FP que remataron estudos no curso 2003-2004. Santiago de Compostela: Consellería de Educación. En www.edu.xunta.es/fp (Consultado 15.10.08)
     Delors, J. (1996). Infome a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el siglo XXI: La Educación encierra un tesoro. En http://www.unesco.org/education/pdf/DELORS_S.PDF (Consultado 25.04.09)
     Eco, U. (1983). Como se hace una tesis. Técnicas y procedimientos de investigación, estudio y escritura. Barcelona: Gedisa.
     Escamilla, A., Lagares, A.R. La LOE (2006). La Loe: perspectiva pedaógica e histórica. Glosario de términos esenciales. Barcelona: Graó.
     Etxeberria Murgiondo, J. e Tejedor Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.
     Fernández Morante, C. (2001). Los medios audiovisuales, informáticos y nuevas tecnologías en los centros educativos gallegos: presencia y usos. Tese Doutoral. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
     Jato Seijas, E. (1998). La Formación Profesional en el contexto europeo. Nuevos desafíos y tendencias. Barcelona: Editorial Estel.
     Ministerio de Educación e Ciencia (1997a). Catálogo de Títulos de Formación Profesional. Madrid, Servizo de Orientación Profesional.
     Ministerio de Educación e Ciencia. Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (1997b). Fichas para la orientación profesional. Madrid: MEC.
     Mira Lema , J.L. (1998). Un novo modelo de Formación Profesional. Implantación en Galicia. Revista Galega do Ensino, 20 –Especial Formación Profesional-,21-47.
     Organización Internacional do Traballo (OIT) (2007)). Key indicators of the labour market (KILM) program. En: http://www.ilo.org/public/english/employment/strat/kilm/ (Consultado o 14.03.2009)
     Raposeiras Correa, J. (2005). As perspectivas do mercado laboral a través da Formación Profesional Regrada. En Revista Galega do Ensino, Nº 45, marzo 2005. Pp. 119-140.
     Rial Sánchez, A. (1997). La formación profesional. Introducción histórica. Diseño del currículo y evaluación. Santiago de Compostela: Tórculo.
     Rial Sánchez, A. e Valcarce Fernández, M. (2002). Novos horizontes para a formación profesional. Actas dos III Encontros Internacionais de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
     Rial Sánchez, A. (2005). La implantación de los ciclos formativos en la comunidad gallega 1995-2000. Relación ciclos formativos-mercado de trabajo. En Jiménez, B. e Megía, R. (2005): Formación Profesional: orientaciones y recursos. Barcelona: Paidós.
     Rial Sánchez, A. e Valcarce Fernández, M. (2007). A formación profesional no horizonte da interculturalidade e da integración sociolaboral. Actas do VII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
     Rial Sánchez, A. (2009). Evolución lexislativa da Formación Profesional (II): da Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (1990) á actualidade. En Rial Sánchez, A. e Lorenzo Moledo, M. (2009): A formación para o traballo en Galicia: da ensinanza obreira á profesional. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
     Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M. (2009). Evolución lexislativa da Formación Profesional (I): do Estatuto de Ensinanza Industrial (1924) á Lei Xeral de Educación (1970) En Rial Sánchez, A. e Lorenzo Moledo, M. (2009): A formación para o traballo en Galicia: da ensinanza obreira á profesional. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
     Sarceda Gorgoso, M.C. (2002). Análisis de las necesidades formativas del profesorado de Formación Profesional en Galicia. Tese Doutoral. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
     Tejada Fernández, J. (2008). Aprendizajes no formales e informales: reconocimiento y certificación en Europa. En Rial Sánchez, A., Sanjuán Roca, M.M., Sarceda Gorgoso, C. e Valcarce Fernández, M. (Coords.) (2008): Desafíos e solucións dende a Orientación profesional para a certificación da competencia profesional. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
     Tobón, S., Rial Sánchez, A., Carretero Díaz, M.A e García Fraile, J.A. (2006).Competencias, calidad y educación superior.Bogotá: Alma Mater Magisterio.

    Competencias
    1. saber análizar os cambios que se están producindo na sociedade e no sistema educativo con motivo da crecente importancia da formación profesional
    2. Coñecemento aplicado e valoración da evolución do sistema de formación profesional
    3. Posuír actitudes positivas cara ao futuro traballo docente en formación profesional
    4. Saber utilizar a información sobre F.P. para situarse profesionalmente no rol de profesor de F.P.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía será activa e participativa, o desenvolvemento da materia deberá facilitar a actividade de cada alumno/a para que sexa capaz de construír o seu coñecemento, así como propiciar unha aprendizaxe autónoma. Por outra banda, esas características levaranse a cabo coa combinación de diferentes metodoloxías (método expositivo, método de discusión, método de indagación, estudo independente…), para ter a oportunidade de implicarse nunha gran variedade de experiencias de aprendizaxe.
    6.1. Desenvolvemento das sesións de aula
    A organización do traballo en cada bloque de contido terá unha estrutura similar:
     Iniciarase cada Bloque de Contido cunha explicación de cal é o seu obxectivo con respecto á Materia e cales serán os Temas en que se estrutura, así como a duración e os traballos que implicará e os materiais e recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
    A avaliación realizarase a través de:
    - participación nas sesións de clase
    - superación dunha proba teórica
    - realización dun traballo de investigación

    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase a través de:
    - participación nas sesións de clase
    - superación dunha proba teórica
    - realización dun traballo de investigación

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas e interactivas 60 horas. Traballo de alumno e tutorias 300 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos realizasen traballos prácticos sobre os distintos subsistemas e institucións da, F.P.especialmente navegación polos distintos servidores ou bases de datos co fin de conseguir información sobre as clasificacións profesionais, organismos, institucións, normativa e outros aspectos da F.P.





    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos