P3241243 - Complementos de Formación para a Ensinanza das Artes Plásticas e Visuais (Módulo Específico Artes Plásticas e Visuais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 8.00
- Total: 8.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 32.00
- Horas de Titorías: 8.00
- Total: 64.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPartindo dos coñecementos disciplinares que os estudantes do Master adquiriron nos grados correspondentes, transcéndeos e transfórmaos, para que sexan útiles e adecuados para o seu ensino en distintos niveles educativos. As competencias e os contidos recollen novos coñecementos, habilidades e actitudes que complementan a formación disciplinar, e que son relevantes dende a perspectiva do ensino.
Así, o coñecemento sobre as materias a ensinar, os seus desenvolvementos recentes, as implicacións sociais e tecnolóxicas, o seu valor cultural e educativo, etc. constitúen elementos fundamentais na configuración do “coñecemento didáctico do contido” que se recoñece como o coñecemento profesional importante e distintivo dos docentes.
Contidos1. O papel da Educación Artística na cultura actual.
2. Valoración social da arte. Repercusións educativas. A ilustración. O comic.
3. A Educación Plástica e Visual na educación secundaria obrigatoria, o
bacharelato e as ensinanzas das artes plásticas e o deseño.
4. Consideracións sobre a historia e a epistemoloxía da Educación Artística.
5. Perspectivas e enfoques actuais no ensino da arte no contexto
educativo.
6. A transposición didáctica: do coñecemento erudito ao coñecemento escolar.
7. A Educación Visual e Plástica nos currículos vixentes para a ESO, o
Bacharelato e as Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño
8. Os contextos formativos. Análises de contextos e situacións educativas
relevantes para as materias da especialidade.
Bibliografía básica e complementariaBASICA
- ACASO, M., Didáctica de las artes y la cultura visual, Ed. Akal, Madrid, 2011.
- DEBRAY, R., Vida y muerte de la imagen, Ed. Paidós, 1994.
- EFLAND, A., Una historia de la educación artística, Ed. Paidós, 2003.
- EISNER, E. W., Educar la visión artística, Ed. Paidós Educador, Barcelona,1995.
- MARÍN VIADEL, R. (coordinador ), Didáctica de la Educación Artística, Pearson, Prentice
Hall, 2003.
- MATTHEWS, J., El arte de la infancia y la adolescencia, Paidós Educación, Barcelona,
2002.
- CAJA, J (coordinador)., La educación visual y plástica hoy, Editorial GRAÓ, Barcelona,
2001.
COMPLEMENTARIA
- BERGER, J., Modos de ver, Ed. Gustavo Gil, 2000.
- CABEZAS, L., Dibujo y construcción de la realidad, Ed. Cátedra, Madrid, 2011.
- COSTA, J. / MOLES, A., Imagen didáctica, Ed. CEAC, 1991.
- EFLAND, A., Una historia de la educación artística, Ed. Paidós, 2003.
- EFLAND, A. D.; FREEDMAN, K. e STUHR, P., La educación en el arte postmoderno, Ed.
Paidós, Arte y Educación, 2003.
- EISNER, E., El arte y la creación de la mente, Paidós Educación, Barcelona, 2004.
- GRAEME CHALMERS, F., Arte, educación y diversidad cultural, Ed. Paidós, Arte y
Educación, 2003.
- HEARTNEY, E., Art & Today, Ed Phaidon, 2008
- MIRZOEFF, N., Una introducción a la cultura visual, Ed Paidós, Arte y Educación, 2003.
Competencias•Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
•Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
•Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
•Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
•Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
•Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
Metodoloxía da ensinanza Seguirase unha metodoloxía activa, reflexiva e colaborativa, baseada en proxectos.
As tareas do alumno (traballos, proxectos, lecturas e exposicións) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e formativa e farase por medio de traballos entregados, participación do estudante na aula, titorías ou otros medios.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- 64 horas (Clases teórico-prácticas, presentacións de traballos, lectura de textos, debates, titorías, etc.)
Horas non presenciais:
- 136 horas (Consultas ao campus virtual, preparación de proxectos e portafolios, lecturas, búsqueda e/ou creación de imaxes, etc)
Total tempo de traballo do estudante:
200 horas
ObservaciónsRESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.