P3241244 - Aprendizaxe e Ensinanza das Artes Plásticas e Visuais (Módulo Específico Artes Plásticas e Visuais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 48.00
- Horas de Titorías: 12.00
- Total: 96.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia constitúe unha dimensión clave na formación docente dos
profesores, xa que se centra nos procesos de ensino e aprendizaxe das
materias que lles competen. Debe atender aos contidos de forma integrada. En
cada un deles, ademais de abordar os desenvolvementos teóricos, incídese nas
propostas prácticas e aplicacións ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialidade
Contidos1. As características da aprendizaxe (conceptual, procedimental e actitudinal) na
área de Educación Plástica e Visual: os procesos de desenvolvemento gráfico e a
aprendizaxe artística
2. A programación do ensino das materias da especialidade: O desenvolvemento do currículo artístico. A programación didáctica. Selección e secuenciación de
contidos. Modelos e estratexias de intervención didáctica na Área de Educación
Visual e Plástica. Elaboración e desenvolvemento de proxectos de traballo e unidades
didácticas.
3. Uso das TICs nos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias da
especialidade (debuxo técnico, etc.)
4. Atención á diversidade do alumnado: Arte e inclusión.
5. A xestión e organización da aula de Educación Plástica e Visual. Materiais e
recursos didácticos.
6. A avaliación do alumnado e do ensino. Obxectivos, criterios e
instrumentos para a avaliación.
Bibliografía básica e complementaria- BERGER, J., Modos de ver, Ed. Gustavo Gil, 2000.
- EFLAND, A. D.; FREEDMAN, K. e STUHR, P., La educación en el arte postmoderno, Ed.
Paidós, Arte y Educación, 2003.
- EISNER, E. W., Educar la visión artística, Ed. Paidós Educador, Barcelona,1995.
- EISNER, E., El arte y la creación de la mente, Paidós Educación, Barcelona, 2004.
- GRAEME CHALMERS, F., Arte, educación y diversidad cultural, Ed. Paidós, Arte y
Educación, 2003.
- HEARTNEY, E., Art & Today, Ed Phaidon, 2008
- MARÍN VIADEL, R. (coordinador ), Didáctica de la Educación Artística, Pearson, Prentice
Hall, 2003.
- MATTHEWS, J., El arte de la infancia y la adolescencia, Paidós Educación, Barcelona,
2002.
- MIRZOEFF, N., Una introducción a la cultura visual, Ed Paidós, Arte y Educación, 2003.
- CAJA, J (coordinador)., La educación visual y plástica hoy, Editorial GRAÓ, Barcelona,
2001.
Competencias Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á
especialización docente correspondente, así como os coñecementos didácticos arredor dos procesos
de ensino e aprendizaxe respectivo.
Planificar as ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa, adaptándoas á diversidade dos estudantes.
Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) para transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe.
Contextualizar o currículo participando na planificación colectiva do mesmo.
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que
faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostíbel.
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a
confianza e iniciativas personais.
Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna na que está situado.
Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entendela como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo
Metodoloxía da ensinanza Seguirase unha metodoloxía activa, reflexiva e colaborativa, baseada en proxectos.
As tarefas do alumno (traballos, proxectos, lecturas e exposicións) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría..
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e formativa e farase por medio de traballos entregados, participación do estudante na aula, titorías ou otros medios