Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081441 - Pedagoxía Laboral (Orientación e Inserción Profesional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR.SI
VARELA PORTELA, CRISTINA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Ri)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Ro-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos desta materia relaciónanse con aqueles elementos que desde un enfoque pedagóxico son importantes para comprender a relación entre a educación e o mundo laboral. Nesta liña, formulamos como obxectivos da materia os seguintes:
    1. Coñecemento do sistema conceptual da Pedagoxía Laboral.
    2. Estudo da evolución, concepto e funcións da Pedagoxía Laboral.
    3. Estudo da relación entre o mundo do traballo e a educación.
    4. Análise dos tres subsistemas de formación laboral.
    5. Análise dos modelos pedagóxicos orientados á formación continua na empresa.

    Contidos
    - Historia, conceptos e obxectivos da Pedagoxía Laboral.
    - Os paradigmas da formación laboral.
    -A formación laboral en España-Educación, traballo e empresa.
    - Análise das necesidades de formación na empresa.
    - A planificación da formación e o seus elementos clave.
    - Avaliación da formación na empresa-Integración social e laboral.

    Bibliografía básica e complementaria
    B. Básica
    COLOM, A.; SARRAMONA, J. e VÁZQUEZ, G. (1994): Estrategias de formación en la empresa. Madrid, Narcea.
    PINEDA, P. (coord.) (2002a): Pedagogía laboral. Barcelona, Ariel.
    PINEDA, P. (coord.) (2002b). Gestión de la formación en las organizaciones. Barcelona, Ariel.

    B. Complementaria
    FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1990): Educación, formación y empleo en el umbral de los noventa. Madrid, MEC.
    FERNÁNDEZ SALINERO, C. (1993): “La nueva pedagogía de la empresa”. Bordón, nº 45.
    FERNÁNDEZ SALINERO, C. (1999): El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial: estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, vol. 10, nº 1, 181-242.
    FUNDACIÓN CONFEMETAL (1999): El plan de formación de la empresa. Madrid, Fundación Confemetal.
    HOMS, O. (2008). La formación profesional en España. Hacia la sociedad del conocimiento. Barcelona, "la caixa"
    RODRÍGUEZ MORENO, M. (1991): El mundo del trabajo y las funciones del orientador: fundamentos y propuestas formativas. Barcelona, Barcanova.
    SALVÁ MUT, F. (1994): “Reflexiones en torno a la conceptualización de la Pedagogía Laboral”. Bordón, 46 (3), 283-292.
    SOLE, F. e MIRABET, M. (1994): Cómo confeccionar un plan de formación en una empresa. Barcelona, La Llar del Llibre.
    WILSON, J.B. (1998): Cómo diseñar un programa de formación que impacte los resultados. Madrid, Editorial Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.

    Páxinas web de interese
    http://www.fundaciontripartita.org/
    http://forga.info/web/paxina/z/inicionovo
    http://www.ccoo.es/csccoo/menu.do
    http://www.ugt.es/index1.html
    http://www.ceoe.es/
    http://www.cepyme.es/es/portada/

    NOTA: por cada tema a profesora entregará ao alumnado un dossier específico.
    Competencias
    - Que os e as estudantes sexan capaces de realizar unha análise de necesidades de formación nas empresas.
    - Que dominen os coñecementos teóricos e prácticos para planificar a formación na empresa.
    - Que sexan capaces de deseñar a avaliación da formación nunha empresa.
    - Que identifiquen o rol e o ámbito profesional dun pedagogo/a laboral.

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos alumnos nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
    De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
    - Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
    - Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
    - Traballo en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
    - Traballo de grupo para deseñar plan de formación dunha empresa
    - Na medida das posibilidades, xestionarase a visita a algunha empresa e a participación de algún profesional da formación laboral no cuadrimestre.
    Os alumnos con exención de doccencia deben porse en contacto coa profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo

    A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar determinados materiais de estudo e traballo.
    Sistema de evaluación
    A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
    - Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
    - Valoración do Traballo de grupo para deseñar un plan de formación dunha empresa
    - Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.

    Para superar a materia é preciso ter superadas a proba obxectiva e o traballo de grupo, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.

    A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.

    A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 70% da nota final e o traballo en grupo o 30%. As prácticas serán contabilizadas na puntuación do exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas: presentación, explicación de temas Aula 30
    Estudio e traballo do alumno/a 30
    Prácticas de seminario: análise de textos Seminario -Laboratorio 8
    Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario -Laboratorio 10
    Realización en grupo dun proxecto de formación 30
    Titorías de traballo de curso (presenciais, virtuais, individuais e en grupo) 5
    Visitas a empresas/conferencias. Realización dun informe de grupo 15
    Avaliación Aula 2
    Participación en xornadas, talleres específicos e outros eventos externos significativos para a materia 5

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.