G3081442 - Orientación Profesional (Orientación e Inserción Profesional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os fundamentos conceptuais e o marco de intervención da orientación profesional.
- Entender as bases fundamentais dos enfoques e dos procesos da orientación profesional.
- Ser capaces de deseñar, desenvolver e avaliar intervencións no campo da orientación profesional.
- Coñecer e aplicar estratexias e técnicas de orientación no marco dos diferentes procesos de transición e de inserción profesional.
- Acceder ao coñecemento da estructura organizativa e funcional da orientación profesional e tomar contacto coa realidade do desempeño profesional da orientación.
ContidosO desenvolvemento da materia concreta os seus contidos nos núcleos seguintes:
- Fundamentos e necesidades da orientación profesional: concepto e función; a orientación ao longo da vida; áreas de intervención, ámbitos e destinatarios; necesidade da orientación profesional.
- Enfoques teóricos da orientación profesional: clasificación dos enfoques; principais enfoques teóricos da orientación profesional; o movemento da Educación para a carreira.
- A orientación profesional para a toma de decisións: enfoques para a toma de decisión; a intervención para a toma de decisión; os programas de toma de decisión.
- A orientación profesional para as transicións: concepto e modalidades de transicións; a intervención nas transicións; o proxecto profesional.
- A orientación para a inserción-reinserción laboral: a orientación para o emprego; áreas e accións de intervención na orientación para o emprego; a orientación nos servizos públicos de emprego; técnicas e recursos para a inserción-reinserción laboral.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- Caballero, M. A. (2005) Claves de la orientación profesional. Estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Madrid: Editorial CCS.
- OCDE (2004) Orientación profesional y políticas públicas. Cómo acortar distancias. (38-55). Documento en línea consultado o 26 de abril de 2013 en http://www.oecd.org/education/country-studies/34529291.pdf
- Rodríguez-Moreno, M. L. (1998) Orientación profesional I Teoría. Barcelona: Ariel
- Sebastián, A. (Coord.) (2003) Orientación profesional. Un proceso a lo largo de la vida. Madrid: Dykinson
Bibliografía complementaria
- Álvarez, J. (Coord.) (2001) Orientación profesional: tránsito a la vida activa. Granada: Grupo Editorial Universitario.
- Echeverría, B. (Coord.) (2008) Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC.
- Izquierdo, T. (Coord.) (2010) Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Jaén: Amarantos.
- Pérez-Boullosa, A. y Blasco, P. (2001) Orientación e inserción profesional: fundamentos y tendencias. Valencia: Nau Llibres.
- Rodríguez-Moreno, M. L. (2003) Cómo orientar hacia la construcción del proyecto profesional. Bilbao: Desclée.
- Salvá, F. y Nicolau, I. (2000) Formación e inserción laboral. Conceptos básicos, políticas, programas y recursos para la intervención. Madrd: Pirámide.
CompetenciasCompetencias da Titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
- Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
- Axudar a utilizar as estratexias idóneas de busca de emprego.
- Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles.
- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
- Orientar no deseño de proxectos profesionais.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer estratexias de busca de emprego.
- Habilidade para a elaboración do deseño de programas de orientación profesional.
- Capacidade de usar as TIC en contextos orientadores no ámbito sociolaboral.
- Adqusición de recursos e instrumentos de acción orientadora en escenarios profesionais.
- Identificación e valoración de servizos e programas de orientación profesional.
Metodoloxía da ensinanza Na configuración dos grados destaca a importancia do papel axente e activo do alumnado no proceso de aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e desde unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado naqueles contidos de natureza teórico-conceptual.
- Análise de diversos tipos de materiais e documentos.
- Sesións prácticas en relación cos contidos abordados. Discusións en grupo e posta en común sobre diferentes temas.
- Realización de traballos individuais e en grupo que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia. Titorización grupal. Presentación e discusión na aula.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá un carácter integral e continuo abranguendo as seguintes actividades individuais e colectivas:
- Realización de pequenos traballos e prácticas orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 30%. Para poder ser avaliadas o/a alumno/a debe ter asistido e realizado como mínimo o 70% e elaborar e entregar un porfolio. De non ser así non terá superada esta actividade.
- Elaboración, entrega, presentación e discusión dun traballo realizado en grupos. A tematica tratará sobre o deseño dunha acción de orientación profesional. O seu peso porcentual será do 20%. Para superar esta actividade o/a alumno/a debe acadar como mínimo un punto. De non ser así, non terá superada tampouco a materia.
- Realización dunha proba escrita final nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. Incluirá diferentes tipos de preguntas. O seu peso específico será do 50% da nota final da materia. De no superar esta proba , tampouco terá superada a materia.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar todas e cada unha delas. No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final poñerase a correspondente á proba final escrita.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais | Módulo de grupo | Horas | Traballo persoal do estudante | Horas
Clases expositivas: presentación, explicación de temas | Aula | 18 | Estudo | 40
Prácticas de seminario: análise de recursos | Seminario | 10 | Selección de recursos | 20
Prácticas de seminario: manexo de programas e instrumentos | Laboratorio | 12 | Elaboración de recursos e programas | 34
Titorías de traballo de curso | Titoría | 6 | | 4
Avaliación | Aula | 4 | | 2
Total de horas presenciais | 50 | Total de horas de traballo persoal | 100
Recomendacións para o estudo da materiaA complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolven e que están dirixidas á avaliación continua.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia".
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.