Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141471 - Aprendizaxe integrada de contidos en linguas estranxeiras: alemán (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: alemán) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura , Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REDL ., KLAUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Recoméndase posuír un nivel inicial de competencia comunicativa equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia. Recoméndase tamén ter aprobada a materia obrigatoria 'ENSINO Y APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS'.

    Obxectivos xerais:
    Aprender acerca dalgúns dos principios que subxacer á actual práctica de ensino de CLIL.
    Introducir o alumnado no estudo de novos conceptos do currículo a través dunha lingua non nativa.
    Capacitar o alumnado para incorporar ambos os dous tipos de coñecemento (lingüístico e didáctico) na súa futura práctica de ensino.

    Obxectivos específicos:
    Familiarizar o alumnado con iniciativas e proxectos de CLIL en Europa.
    Aumentar a confianza do alumnado na lingua meta.
    Reflexionar na creación de tarefas e vínculos multidisciplinarios para os alumnos de Educación primaria.
    Familiarizarse coas nocións e ferramentas relacionadas con DaF en Educación primaria.
    Desenvolver as destrezas produtiva e receptiva do alumnado para a comunicación nunha lingua estranxeira.

    Contidos
    1. Aprendizaxe integrada de contidos curriculares en lingua estranxeira.
    2. Metodoloxía e estratexias de ensino
    3. Elaboración de currículos integrados
    4. Competencias do profesor AICLE

    Bibliografía básica e complementaria
    Ao principio do cuadrimestre repartirase unha bibliografía de ferramentas convencionais e dixitais máis detallada.

    Barkowski, Hans / Krumm, Hans‐Jürgen [Hrsg.] (2010): Fachlexikon Deutsch als Fremd‐ und Zweitsprache. Tübingen [u.a.]: Francke.

    Bausch, Karl‐Richard / Christ, Herbert / Krumm, Hans‐Jürgen [Hrsg.] (2003): Handbuch Fremdsprachenunterricht. Tübingen, Basel: Francke.

    Coyle, Do (2001): „Motivating Learners and Teachers through CLIL“, online abrufbar unter: http://blocs.xtec.cat/clilpractiques1/files/2008/11/slrcoyle.pdf, [letzter Zugriff 20.06.2013].

    Faistauer, Renate/Fritz, Thomas (2008): „Prinzipien eines Sprachunterrichts“. In: Bogenreiter‐Feigl, Elisabeth [Hrsg.]: Paradigmenwechsel? Sprachenlernen im 21. Jahrhundert: Szenarios‐Anforderungen‐Profile‐Ausbildung. Wien: VÖV, S. 125‐133.

    Helbig, Gerhard et al. [Hrsg.] (2001): Deutsch als Fremdsprache: ein internationales Handbuch. Berlin: de Gruyter.

    Krumm, Hans‐ Jürgen [Hrsg.] (2010): Deutsch als Fremd‐ und Zweitsprache: ein internationales Handbuch. Berlin [u.a.]: de Gruyter.

    Trim, John/Council for Cultural Co‐operation/Modern Languages Division (2001): Gemeinsamer europäischer Referenzrahmen für Sprachen: lernen, lehren, beurteilen;
    [Niveau A1, A2, B1, B2, C1, C2]. Strassburg/Berlin/Wien: Langenscheidt, auch online abrufbar
    unter: http://www.goethe.de/z/50/commeuro, [letzter Zugriff 20.06.2013].

    Wicke, Rainer (2010): „Unterrichtsplanung.“ In: Krumm, Hans‐ Jürgen [Hrsg.]: Deutsch als Fremd‐ und Zweitsprache: ein internationales Handbuch. Berlin [u.a.]: de Gruyter, S. 933‐940.

    Competencias
    G.1. Capacidade para mostrar a adquisición de coñecemento de áreas do currículo, relacións, e criterios de avaliación e de didáctica en Educación primaria.
    G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe, individualmente ou en grupos.
    G.3. Capacidade para familiarizarse, seleccionar e usar as TIC na aula.
    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.

    E52. Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.
    E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia será dividida en sesións expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano e titorías.
    As sesións expositivas en gran grupo orientaranse á presentación de novos contidos por parte do profesor, e irán seguidas de práctica controlada e debate por parte dos alumnos. A lectura de documentos e consulta doutras fontes de información xunto co debate, tanto en grupo grande como mediano, contribuirán ao desenvolvemento das competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos.
    As actividades en grupo mediano e pequeno fomentarán o desenvolvemento das competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías de información e comunicación que contribúan á aprendizaxe das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua estranxeira.
    Utilizarase preferentemente a lingua estranxeira na realización dos distintos tipos de actividades tanto en gran grupo coma en grupo pequeno e en titorías en grupo reducido ou individualizadas. Con isto preténdese desenvolver a competencia específica 'Expresarse por escrito nunha lingua estranxeira' así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
    As titorías formularanse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.

    Sistema de evaluación
    Participación na aula: 15%
    Probas específicas: 40%
    Informes escritos e outras producións: 30%
    Presentacións orais: 15%

    A avaliación da participación activa e regular basearase no control da asistencia e nas anotacións do profesor/a.

    Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.

    Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase nun exame final: 100% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 horas semanais presenciais.
    Como mínimo 6 horas semanais de traballo individual.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar con regularidade e de xeito activo nas clases presenciais. Recoméndase a asistencia puntual a clase, a entrega en prazo das tarefas encomendadas.
    Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
    Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).