Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141473 - Alemán: comprensión e expresión oral (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: alemán) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DALIPI ., MERLINDA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Aproximación e resolución dos problemas básicos da comprensión e expresión oral
    Recoméndase posuír un nivel inicial de competencia comunicativa equivalente ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia. Recoméndase tamén ter aprobada a materia obrigatoria 'ENSINO Y APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS'.

    Contidos
    Práctica das destrezas de comprensión e expresión oral.
    A realización de presentacións en Power-Point forma parte tamén dos contidos docentes. Ademais apuntaranse distintas estratexias didácticas que servirán para fomentar a
    aprendizaxe autónoma dos estudantes.

    Bibliografía básica e complementaria

    Non é necesario ningunha bibliografía específica. Na primeira hora da clase daranse orientacións máis concretas ao respecto.
    Competencias
    Desenvolver destrezas básicas de comprensión e expresión oral.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia será dividida en sesións expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano e titorías.
    As sesións expositivas en gran grupo orientaranse á presentación de novos contidos por parte do profesor, e irán seguidas de práctica controlada e debate por parte dos alumnos. A lectura de documentos e consulta doutras fontes de información xunto co debate, tanto en grupo grande como mediano, contribuirán ao desenvolvemento das competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos.
    As actividades en grupo mediano e pequeno fomentarán o desenvolvemento das competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías de información e comunicación que contribúan á aprendizaxe das destrezas de comprensión e expresión oral en lingua estranxeira.
    Utilizarase preferentemente a lingua estranxeira na realización dos distintos tipos de actividades tanto en gran grupo coma en grupo pequeno e en titorías en grupo reducido ou individualizadas. Con isto preténdese desenvolver a competencia específica 'Expresarse por escrito nunha lingua estranxeira' así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
    As titorías formularanse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.

    Sistema de evaluación
    Participación na aula: 15%

    Dúas exposicións orais na clase: 30 % (para as que empregarán Power-Point)

    Exame oral: 20%

    Exame escrito: 35%


    A avaliación da participación activa e regular basearase no control da asistencia e nas anotacións do profesor/a.

    Para o exame de xullo rexen as mesmas condicións.

    Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase nun exame final: 100% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 horas semanais presenciais.
    Como mínimo 6 horas semanais de traballo individual.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Participar con regularidade e de xeito activo nas clases presenciais. Recoméndase a asistencia puntual a clase, a entrega en prazo das tarefas encomendadas.
    Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
    Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).