Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141474 - Alemán: a diversidade cultural e as súas manifestacións (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: alemán) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FEIJOO FERNANDEZ, JAIME.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    Introducir ao estudante á historia e á realidade cultural dos diferentes países de fala alemá: Alemania, Austria e Suiza.
    Contidos
    I. Breve introdución á historia moderna e contemporánea dos países de lingua alemá. Xeografía política da Alemania actual.

    II. A ‘Reunificación’ de Alemania e as súas consecuencias culturais: o problema da identidade alemá entre leste e oeste. A Ostalgie.
    Análise da película de Wolfgang Becker: Good Bye Lenin! (2003) como exemplo do actual dilema identitario alemán.

    III. Xeografía política de Austria. A paradoja identitaria austríaca desde a consolidación dunha nova identidade nacional a partir de 1945, ata o debate sobre o carácter multicultural da Austria actual.
    Cultura e política en Austria: A cultura austríaca entre o tradicionalismo e a revolta.

    IV. Xeografía política de Suiza. A identidade suizo-alemá no seu contexto plurilingüe e multicultural.
    Bibliografía básica e complementaria
    I. Historia:

    BELLER, Steven: Historia de Austria. Madrid: Akal 2009.
    DÍEZ ESPINOSA, José Ramón/ MARTÍN DE LA GUARDIA, Ricardo Manuel: Historia contemporánea de Alemania. Madrid: Síntesis 1998.
    MÄHLERT, Ulrich: Kleine Geschichte der DDR. München: Beck (3. Aufl.) 2009.
    OZMENT, Steven: Una fortaleza poderosa. Historia del pueblo alemán. Barcelona: Crítica 2005.
    SÁINZ LERCHUNDI, Asunción / SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, Julio: Vocabulario de cultura alemana. Sevilla: Kronos 1997.
    SCHULZE, Hagen: Breve historia de Alemania. Madrid: Alianza 2005.


    II. Outros textos e estudos:

    GORMAN, Michael: La unificación de Alemania: documentos y comentarios. Tres Cantos: Akal 1994.
    GRASS, Günter: Alemania, una unificación insensata. Madrid: El País 1990.
    HAFFNER, Sebastian: Historia de un alemán. Memorias 1914-1933. Barcelona: Destino (Booket) 2006.
    JASPERS, Karl: El problema de la culpa: sobre la responsabilidad política de Alemania. Barcelona: Paidós 1998.
    LEPENIES, Wolf: La seducción de la cultura en la historia alemana. Madrid: Akal 2008.
    MAGRIS, Claudio: El Danubio. Barcelona: Anagrama 1988.
    VV.AA.: La cultura de la memoria. La memoria histórica en España y Alemania. Madrid: Iberoamericana-Vervuert 2010.

    Competencias
    Coñecer as ferramentas necesarias para poder comprender a historia e a realidade nacional e multicultural dos países de fala alemá, e para interpretar satisfactoriamente os distintos fenómenos da cultura actual destes países.
    Buscar, discriminar e evaluar a información cultural sobre os países de lingua alemá a traves de Internet e outros medios.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinarase a exposición teórica por parte do profesor (sesións expositivas) con actividades prácticas (nas sesións interactivas), tales como o visionado de películas e documentales (en versión orixinal con subtítulos), comentarios de texto (ensaios, artigos actuais de xornais, textos literarios), realizándose posteriormente os correspondentes debates sobre os temas tratados.
    Dependendo do número de alumnos, realizaranse tamén exposicións orais.

    Sistema de evaluación
    Terase en conta a participación activa na clase, os resultados dos exercicios prácticos e (dependendo do número de alumnos) unha presentación oral, así como un exame final.
    O exame final constituirá un 60% da nota final.
    Para a avaliación das actividades prácticas (sesións interactivas) puntuaranse os seguintes parámetros:
    - asistencia regular a clase e participación nos debates: 10%
    - informes escritos e outros exercicios prácticos (incluíndo no seu caso unha exposición oral): 30%.
    O mesmo valerá para a segunda oportunidade de exame, para a que se manterá a nota correspondente á parte interactiva. O alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases poderá obter esa parte da nota presentando un proxecto acordado previamente co profesor.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    2 horas semanais presenciais (teóricas e prácticas).
    3 horas semanais de traballo persoal: preparación de informes, presentacións, etc.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Orientación previa sobre a historia, as institucións e os aspectos máis xerais dos países de fala alemá a través da prensa e outros medios audiovisuais.