Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141229 - Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (alemán) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura , Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LUBKE ., BARBARA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    1. Xerais
    Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.

    2. ESPECÍFICOS
    Os objetivos específicos de la asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario, o adestramento na pronunciación e a práctica das catro destrezas comunicativas (expresión oral, expresión escrita, comprensión auditiva, comprensión lectora), consolidando o nivel de competencia intermedio (nivel B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas). En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).

    Contidos
    1. Contidos relativos á lingua alemá (conceptuais, procedimentais, actitudinais):
    Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, declinación das formas nominais, adverbios de frecuencia, voz pasiva, cláusulas subordinadas, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para actuar coa lingua dentro do nivel requerido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias, etc.). Asimesmo, procurarase incrementar o vocabulario relacionado con variados campos semánticos (turismo e tiempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.) e familiarizar al alumnado con los recursos discursivos habituais na interacción cotiá. Traballarase tamén a adquisición de estratexias para favorecer a comunicación verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedimentais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas productivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respetuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.

    2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
    Procurarase a adquisición de coñecementos, métodos e recursos básicos para o ensino da lingua inglesa na aula de primaria, tratando, por exemplo, cuestións como o ensino das catro destrezas, a dinámica e o manexo da aula, a planificación e a avaliación, ou o emprego de recursos e materiais didácticos. O alumnado disporá dos temarios específicos dos dous módulos como parte do material de traballo para a asignatura.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Bloque lingüístico
    FANDRYCH, Christian, Ulrike Tallowitz (2012), Klipp und Klar: gramática práctica de alemán. Stuttgart, Klett.
    FANDRYCH, Christian, Ulrike Tallowitz: Sage und Schreibe. Übungswortschatz Grundstufe Deutsch in 99 Kapiteln. Stuttgart, Klett.
    HOBERG, Rudolf, Ursula Hoberg (2004), Der kleine Duden. Gramática del alemán. Madrid: Editorial Idiomas.
    GERNGROSS, Günter, Wilfried Krenn, Herbert Puchta (1999), Grammatik kreativ: Materialien für einen lernerzentrierten Grammatikunterricht. Berlin, Langenscheidt.
    HERINGER, Hans Jürgen (2002), Deutsch Express. Lernergrammatik Deutsch als Fremdsprache. Berlin, Cornelsen.
    REIMANN, Monika, Sabine Dinsel (2005), Großer Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch. Ismaning, Hueber.

    2. Bloque didáctico
    ARNSDORF, Dieter Ernst Endt, Gerlinde Massoudi, Rainer Paul, Bernadett Veress (2006), Fokus Grundschule. Lehreralltag – Unterricht – Pädagogische Konzepte und Projekte. Ein Kurs zur Aus- und Fortbildung von Primarschullehrerinnen und -lehrern für Deutsch als Fremdsprache. München, Goethe-Institut.
    CHIGHINI, Patricia, Dieter Kirsch (2009), Deutsch im Primarbereich. Fernstudieneinheit 25.
    München, Langenscheidt.
    PALACIOS MARTÍNEZ, Ignacio M., dir. (2007), Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas. Madrid, en clave ELE.

    Competencias
    BÁSICAS
    B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
    B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
    B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
    B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
    B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.

    XERAIS
    G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
    G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
    G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
    G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
    G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.

    ESPECÍFICAS
    E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
    E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.

    TRANSVERSAIS
    T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación

    Metodoloxía da ensinanza
    Para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos e documentos audiovisuais , e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de léxico e estructuras gramaticais do alemán por medio de actividades de distintos formatos. As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos o materais audiovisuais, debates e role-plays, ou dictados. Asimesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto en grupo como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e ampliaraos no proceso de aprendizaxe autónoma.
    Sistema de evaluación
    1. Participación nas actividades na aula: 5%
    2. Probas específicas: 50%
    2. Informes escritos e outras produccións: 30%
    3. Presentacións orais: 15%

    Contémplase a posibilidade de que, en casos excepcionais (alumnado con dispensa oficial de asistencia a clase) e con previo asesoramento da docente, a avaliación lévese a cabo exclusivamente por medio da entrega de informes escritos (30 %) e unha proba final oral e escrita (70 %).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballoNon existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (Zertifikat Deutsch / Zertifikat B1 do Goethe-Institut). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (Zertifikat Deutsch / Zertifikat B1 do Goethe-Institut). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.

    Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.