G3141230 - Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas (portugués) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoPortuguésObxectivos da materia- Familiarizar o aluno o máximo posíbel coas estruturas da língua portuguesa, neste primeiro ano de contacto, coa súa dimensón pluricontinental, os problemas sócio-culturais, referencias á sua didáctica, etc.
- En consecuencia, alcanzar un nível de competencia comunicativa intermedio, se posíbel harmónico nas chamadas catro destrezas lingüísticas (expresión e comprensión oral e escritas)
- Ter algunha informazón sobre os principais métodos de ensino/aprendizaxe do portugués, ora como lingua materna, ora como lingua estranxeira ou segunda.
ContidosTendo en conta que a docencia desta cadeira é atribuída, en principio, a duas áreas de coñecimento (Filoloxías Galega e Portuguesa, e Didáctica da Lingua e da Literatura) enténdese que debe incluir dous blocos temáticos, simultaneamente: o bloco lingüístico, propriamente dito, e o bloco didáctico, de didáctica das línguas, concretamente portugués. Tanto por razóns de idoneidade do profesorado encarregado da materia como por razóns contextuais (a inexpresiva presenza do portugués na educación primaria galega), o programa que apresentamos privilexía, nitidamente, a componente lingüística sobre a didáctica.
Tendo en conta a profunda indentidade galego-portuguesa, procuraráse o desenvolvimento da sua competencia comunicativa subliñando o común galego-portugués e, ao mesmo tempo, dedicando especial atención ás áreas diverxentes, en particular no campo da ortografia, ou no da morfoloxia (v. gr.. a formazón dos plurais nominais, ou a conxugazón dos verbos irregulares). Ao mesmo tempo, procuraráse ampliar o vocabulario introducindo algúns campos semánticos, como, v. gr., os relacionados coa vida urbana, o da vestimenta, ou o das refeizóns, con vista a mostrar a diversidade cultural e lingüística do mundo que se exprime en portugués.
1. Fonética e ortografía: indicacións xerais.
3. Desenvolverse nas relacións sociais do dia a dia.
4. A lingua portuguesa no mundo. Variedades principais do portugués.
5. Aspectos culturais de destaque no cuotidiano portugués.
6. Sintagma e oración simples. Formas e uso de determinantes, pronomes, xénero e número. Os nomes.
7. Aspectos culturais de destaque no cuotidiano brasileiro.
8. Sintagma verbal. Verbos auxiliares. Verbos regulares. Verbos irregulares
9. Aspectos culturais de destaque no quotidiano dos PALOP
10. A expresión do presente e do futuro. Tempos verbais e perífrases
11. Conceitos de língua materna, língua estranxeira, segunda língua
12. Histórico de métodos de abordaxe ao estudo das línguas estranxeiras.
13. O ensino das catro destrezas
Bibliografía básica e complementariaAlmeida, J. - Sampaio e Melo, A. (2002), Dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.
Amor, Emília (2001), Didáctica do português: fundamentos e metodologia. Lisboa: Texto Editora
Arruda, Lígia (2000), Gramática de português para estrangeiros. Porto: Porto Editora.
Cascalho, Margareth (1994), Português ao vivo, textos e exercícios. Lisboa-Porto-Coimbra: Lidel.
Cunha, C. - Cintra, L. F. Lindley (1984), Nova gramática do português contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa.
Fonseca, Fernando I. (1980), Pragmática linguística e ensino do português. Coimbra: Almedina
Iriarte Sanromán, Álvaro (coord.) (2008), Dicionário de Espanhol-Português. Porto: Porto Editora.
Montero, Hélder Júlio Ferreira - Zagalo, Frederico João Pereira (1999), Português para todos, 1. Salamanca: Luso-Espanhola de Ediciones.
Nível Limiar - Para o ensino e aprendizagem do Português como língua estrangeira ou segunda língua. Lisboa: Ministério da Educação/ICALP, 1988. Trabalho inserido no 'Projecto de Línguas Vivas' do Conselho de Cooperação Cultural do Conselho de Europa.
Ramos, E. (2006), Português para galegofalantes. Vigo: Galaxia.
Reis, Carlos, Adragão, José Víctor (1992): Didáctica do português. Lisboa: Universidade Aberta
Rodríguez, José Luís (2000), "Reflexoes sobre o ensino do português para galego-falantes", en Actas do Congreso Internacional de Historia y Cultura en la Frontera, Cáceres 10-12 de novembrod e 1999. Actas, vol. II, pp. 1097-1116
Sequeira, Fátima; Castro, Rui Vieira de; Sousa, Maria de Lourdes (orgs.) (1989): O ensino-aprendizagem do português. Teoria e Práticas. Braga, Univversidade do Minho
CompetenciasDominio xeral das principais estruturas comunicativas do portugués, tanto na oralidade como na escrita, facendo o aluno capaz de situar as produzóns textuais nesta língua tanto conforme parámetros xeográficos (variazón diatópica) como sociais (variazón diastrática).
Algunha formazón e posicionamento individual canto á problemática relativa ao ensino de linguas.
Metodoloxía da ensinanza As aulas serán desenvolvidas de modo xeral en portugués, e nelas combinaráse o desenvolvimento dos temas teóricos, nas aulas expositivas (nomeadamente os pares da enumerazón acima, xunto cos números 11 e 13), e desenvolvimentos ou actividades (exposizóns, debates, textos variados...) que se situan dentro dos temas impares no parágrafo citado, e que corresponden sobretodo ás aulas ditas interactivas. O papel activo do aluno, centro da aprendizaxe, será considerado nuclear.
Sistema de evaluaciónRexime de avaliazón continua. Unha proba (polo menos) individual escrita e presencial, trabalhos escritos con posíveis apresentacións orais, así como a participación no decorrer das aulas. Avaliarase a competencia comunicativa do utente (escrita e oral), o uso de estratexias, os aspectos socioculturais, a corrección formal. Ponto de partida indispensável: asiduidade ás aulas.
Os alunos que non puderen aprobar por este meio, contarán aínda co exame final de xuño, un exame escrito con diversas questóns que permitan coñecer tanto o dominio concreto da lingua por parte do aluno como a súa competencia en aspectos relativos a lingüística externa do portugués (v. gr., a expansón da lingua, modalidades diatópicas, portugués e crioulos, etc.). Tamén unha proba oral de carácter complementar, con pontuazón sempre inferior á da parte práctica do exame escrito.
Na avaliazón da "segunda oportunidade" (mes de xullo), haberá só o exame escrito tal como se descrebe no parágrafo anterior.
Tempo de estudo e traballo persoal Nun primeiro ano no ensino desta língua, a este nível académico, e tendo en conta a variabilidade dos alunos (canto á formazón previa, capacidades, motivazóns, etc.), non parece exequíbel cuantificar tempos de estudo e de traballo pesoal para superar a materia.
Recomendacións para o estudo da materiaLer, ouvir, falar, escrever portugués, o que non é difícil en Santiago de Compostela. Viaxar a Portugal. Manter contactos, sequer por via escrita, con portugueses, brasileiros..., con lusófonos do mundo inteiro.
Observacións Se ainda non se leu nada en portugués, iniciarse na leitura de textos nesta língua o máis depresa posíbel.