G3141479 - Diversidade e escola inclusiva (Optativo Mención en Atención á Diversidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer, analizar e comprender concepcións e prácticas acerca da Educación inclusiva.
.- Deseñar e planificar respostas organizativas e didácticas que faciliten a atención á diversidade en contextos de inclusión.
.- Detectar e analizar barreiras para a participación e a aprendizaxe en Educación primaria.
.- Adoptar unha postura crítica e activa ante diferentes problemas educativos relacionados coa atención á diversidade
.- Coñecer os recursos do sistema educativo para dar resposta á diversidade do alumnado.
.- Desenvolver estratexias que faciliten a colaboración e a cooperación nos procesos de ensino- aprendizaxe.
. -Fomentar unha actitude positiva con respecto á diversidade do alumnado, entendendo esta diversidade como factor de enriquecemento persoal, social, cultural e de aprendizaxe.
.- Aplicar o coñecemento sobre diferentes n.e.e. para facilitar a aprendizaxe en contextos de inclusión de alumnado en situación de vulnerabilidade
ContidosOs contidos da materia "Diversidade e escola inclusiva" están formados por 6 temas que se distribúen en tres bloques.
BLOQUE I: A Educación inclusiva como resposta á diversidade do alumnado
Tema 1: A resposta á diversidade no ámbito educativo: de onde vimos e cara a onde imos
Tema 2: A integración escolar e a escola inclusiva como resposta á diversidade do alumnado.
BLOQUE II: Sistemas e recursos de apoio para atender á diversidade do alumnado en contextos de inclusión.
Tema 3: Estruturas e servizos de apoio para a atención á diversidade no centro educativo.
Tema 4:Estrategias organizativas e didácticas para dar resposta á diversidade do alumnado.
Tema 5: Medidas de atención á diversidade e alumnado con n.e.e.
BLOQUEIII: Máis alá da escola: a construción de comunidades inclusivas
Tema 6: O traballo colaborativo como marco para desenvolver comunidades inclusivas.: Colaboración familia- escola- comunidade
* Ó inicio de cada bloque temático proporcionarase un pequeno índice que axude no seu seguimento, material de apoio e bibliografía específica
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AINSCOW, M. (2000). Desarrollo de escuelas Inclusivas. Madrid: Narcea
AINSCOW, M., HOPKINS, D., SOUTWORTH, G. Y WEST, M. (2001) Hacia escuelas eficaces para todos. Manual para la formación de equipos docentes. Madrid. Narcea
AINSCOW, M.. Y WEST, M. (2008 ) Mejorar las escuelas urbanas: liderazgo y colaboración. Madrid: Narcea.
ARNAIZ, P. (2005) Atención a la diversidad. Diseño Curricular. Costa Rica: EUNED
BARTON, L. (comp) Discapacidad y sociedad. Madrid: Morata.
BOOTH, T. Y AINSCOW, M. (2000). Guía para la evaluación y mejora de la ecuación inclusiva. Index for inclusión. Madrid: Consorcio Universitario para la Educación Inclusiva
DECRETO 229/2011, de 7 de diciembre, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado de los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia en los que se imparten las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación
ECHEITA, G. (2008) Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.
LÓPEZ MELERO, M. (2008). Redes de Apoyo para promover la Inclusión Educativa. Revista Electrónica Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 6(2), pp. 200-211
MUÑOZ CADAVID, MARÍA A. (2001) El centro escolar y las necesidades educativas especiales: Hacia una intervención educativa en contexos de integración. Actas do VI Congresso galaico- portugués de psicopedagogía. Braga: Universidade do Minho. p. 505-520.
PARRILLA, A. (2002). Acerca del origen y sentido de la educación inclusiva. Revista de Educación, 327, 11- 30
PARRILLA, A. (1996) Apoyo a la escuela un proceso de colaboración. Bilbao: Mensajero.
RUIZ, R. (2007) Procedimientos de evaluación y de planificación multinivel y personalizada del currículum en el aula inclusiva. En: Bonals, J. y Sánchez, M. (coord.) Manual de Asesoramiento Pedagógico. Graó, Barcelona.
PUJOLÁS, P. (2008) 9 ideas clave. El aprendizaje cooperativo. Barcelona: Grao.
STAINBACK,S. Y STAINBACK, W.(1999) Aulas inclusivas. Madrid:Narcea.
TOMLINSON, C. A. (2005) Estrategias para trabajar con la diversidad en el aula. Madrid. Paidós.
VV.AA. (2006). Transformando la escuela: comunidades de aprendizaje. Barcelona: Graò.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AINSCOW, M., BERESFORD, J., HARRIS, A., HOPKINS, D. Y WEST, M.: (2001) Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Madrid, Narcea
DARLING-HAMMOND, L. (2001). El derecho de aprender. Crear buenas escuelas para todos. Barcelona:
DYSON, A. (2001). Dilemas, contradicciones y variedades de la inclusión. En M. A. Verdugo y F. Jordán de Urríes (Eds.), Apoyos, autodeterminación y calidad de vida, (pp. 145-160). Salamanca: Amarú
ECHEITA, G. Y AINSCOW, M. (2005). El próximo gran reto: la mejora de la escuela inclusiva. Trabajo presentación en la apertura del Congreso sobre Efectividad y Mejora Escolar, Enero, Barcelona
GIMENO, J. (2006). La construcción del discurso acerca de la diversidad y sus prácticas. En R. Alcudia et al. (Eds) la Atención a la diversidad. Barcelona, Graó, pp. 11-36
MUÑOZ CADAVID, M., DOVAL, M. y FERNÁNDEZ, M.C. (2010) Ensayar y reinventar el apoyo inclusivo: un proceso formativo y participativo. En A. Parrilla, A., y López Melero, M. (Coords): La atención a la diversidad y formación para la convivencia. Actas del Congreso Reinventar la Profesión Docente. Málaga, pp.154-163.
PARRILLA, A. (2007). El desarrollo local e institucional de proyectos educativos inclusivos. Perspectiva. CEP, 14, 17-31.
PUIGDELLÌVOL, I. (2005). La educación especial en la escuela integrada. Una perspectiva desde la diversidad. Madrid: GRAÒ.
PUJOLÀS, P. (2007). Aulas inclusivas y aprendizaje cooperativo. Novedades Educativas 19, 202, 21-29.
SUSINOS, T. (2005). ¿De qué hablamos cuando hablamos de inclusión educativa?. Temáticos Escuela Española, 13, 4-6.
TORRES MONREAL, S. (2001) Sistemas alternativos de comunicación: Málaga: Aljibe.
UNESCOhttp://www.isftic.mepsyd.es/formacion/materiales/126/cd/unidad_1/material_M1/sabermas2.pdf
CompetenciasNa planificación xeral do grao de Mestre/a en Educación primaria adscríbense a esta materia as seguintes competencias:
Competencias xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións
sociais públicas e privadas
G 12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias especifícas
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
E14. Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
E15. Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais
E17. Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
E23. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: multiculturalidade e interculturalidad; discriminación e inclusión social
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas
E67. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E69. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social.
Metodoloxía da ensinanza O proceso de ensinanza- aprendizaxe que se propón toma en consideración os plantexamentos do proceso de Bolonia e a súa orientación cara unha aprendizaxe autónoma, centrado no alumno e nas competencias, destacando o papel activo que o alumnado debe xogar no seu proceso da aprendizaxe.
Dende esta perspectiva a metodoloxía que se utilizará fundamentarase na combinación de diversos procedementos que se concretan básicamente nas sesións expositivas nas que a profesora expón contidos de natureza teórico- conceptual e sesións interactivas nas que se poderán utilizar estratexias diversas como:
.- debates para plantexar puntos de vista, individual e/ou en grupo, sobre aspectos diversos da materia.
.- estudio de casos/ análisis de situacións.
.-análise de diversos tipos de materiais e documentos.
.- análise e resolución de problemas en base a supostos prácticos.
.- actividades de investigación
.- titoría
Sistema de evaluaciónA avaliación das aprendizaxes farase en base á considerar dous aspectos:
1.- avaliación contínua que abarcará todas as actividades individuais e en grupo propostas.
2.- realización dunha proba final escrita nas datas que establezca o calendario oficial da Facultade Esta proba incluirá diferentes tipos de preguntas e o seu peso específico suporá o 50% da nota final da materia, sendo requisito, para poder aprobar a materia, obter unha puntuación mínima de 4 nesta proba final.
O peso relativo de cada unha das dimensións da avaliación continua será:
.-asistencia e participación activa nas sesións expositivas e traballos propostos na dinámica das mesmas:20%
.-elaboración, entrega, presentación e discusión de traballos realizados nas clases interactivas:30%
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizadas e entregadas en plazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Os traballos, seguirán as normas dadas no su momento para a sua realización.Entregaránse impresos a duas caras e con grampas. Non se admitirán traballos encanutados.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais do estudiante: 34 horas.
Horas non presenciais: 78 horas
Total horas: 112 horas
Na presentación da materia, ó inicio do curso, procedérase a distribuir estas horas nas diferentes actividades a desenrolar durante o mesmo.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir á clase con interés e disponibilidade.
Participar activamente nas actividades que se propoñen dende o inicio da materia e que serán obxeto de avaliación contínua.
Utilizar as sesións de Titoría para aclaracions e recibir apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia, as realizacións dos traballos propostos…étc.
Traballo constante ó longo do curso tanto nas prácticas e actividades dirixidas na clase como no estudio persoal.
ObservaciónsNormativa da Facultade sobre a presencialidade: A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar a exención oficial de docencia.