Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141480 - Intervención educativa na diversidade cognitiva: discapacidade intelectual e altas capacidades (Optativo Mención en Atención á Diversidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
POMAR TOJO, CARMEN MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O1. Coñecer e entender o novo concepto de intelixencia.
    O2. Entender e gestional a diversidade intelectual na aula.
    O3. Desenvolver habilidades para identificar a variabilidade intelectual no alumnado.
    O4. Coñecer as necesidades educativas derivadas da deficiencia intelectual
    O5. Coñecer as necesidades educativas derivadas das altas capacidades
    O6. Coñecer diferentes experiencias, modelos e programas de intervención destinados a minusvalidez intelectual e/ou a altas capacidades.
    O7. Saber deseñar e aplicar pautas de actuación específica con alumnado de altas capacidades e con alumnado con discapacidade intelectual.
    Contidos
    1. A diversidade cognitiva: aspectos conceptuais e criterios de identificación no ámbito educativo.
    2. Escolarización e intervención educativa na discapacidade intelectual.
    2.1. Necesidades educativas e medidas de atención á diversidade na discapacidade intelectual
    2.2 Programas e modelos de intervención
    3. Escolarización e intervención educativa en altas capacidades.
    3.1 Necesidades educativas e medidas de atención á diversidade nas altas capacidades.
    3.2. Programas e modelos de intervención.
    Bibliografía básica e complementaria
    Alonso, J. A. (2003). Manual internacional de superdotación. Madrid: EOS
    Basedas, E. (2010). Alumnado con discapacidad intelectual y retraso mental. Barcelona: Grao
    Bueno, J.J. (2001). Atención educativa a la diversidad en el nuevo milenio. A Coruña: Servicio Publicaciones de la UDC
    Calero, M.D. (1995). Modificación de la inteligencia: sistemas de evaluación e intervención. Madrid: Pirámide
    Fernández Reyes, M.T. y Fernández Chapela, M.T. (2011). Cómo intervenir educativamente con los alumnos de altas capacidades intelectuales: guía para profesores y orientadores. Madrid: Alcalá de Guadaira
    Gómez, M.T. (2011). Altas capacidades en niños y niñas: detección, identificación e integración en la escuela y en la familia. Madrid: Narcea
    Gross, J. (2004). Necesidades educativas especiales en educación primaria. Madrid: Morata
    Heward, W. (2003). Niños excepcionales: una introducción a la educación especial. Madrid: Prentice Hall.
    López González, M.; López González, M. y Lloret, V. (2009). La discapacidad: aspectos educativos y sociales. Aljibe, Málaga: Archidona
    Luque, D.J. (2006). Orientación educativa e intervención psicopedagógica en el alumnado con discapacidad. Archidona, Málaga: Aljibe
    Martínez, M. T. y Guirado, A. (2010). Alumnado con altas capacidades. Barcelona: Grao
    Martínez, M. y Guirado, A. (coords.) (2012). Altas capacidades intelectuales: pautas de actuación, orientación, intervención y evaluación en el período escolar. Barcelona: Grao
    Muntaner, J. J. (2010). Escuela y discapacidad intelectual: propuestas para trabajar en el aula ordinaria. Ediciones de la UI
    Prieto, M.D. (1996). Programas para la mejora de la inteligencia. Madrid: Síntesis
    Prieto, M.D. (1997). Identificación, evaluación y atención a la diversidad del superdotado. Archidona, Málaga: Aljibe
    Rodríguez, M.J. y De Pablo, C. (2010). Manual práctico de discapacidad intelectual. Madrid: Síntesis
    Sánchez Manzano, E. (2009). La superdotación intelectual. Archidona, Málaga: Aljibe
    Slee, R. (2012). La escuela extraordinaria. Exclusión, escolarización y educación inclusiva. Madrid: Morata
    Sola, T. (coord.) (2005). Análisis e intervención educativa en la deficiencia mental. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    Varios (2007). Intervención educativa en la discapacidad intelectual. Talleres y aplicaciones prácticas. Madrid: EOS
    Yuste, C. (1997). Los programas de mejora de la inteligencia. Madrid: CEPE

    Competencias
    Competencias Xerais
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    Competencias Específicas
    E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
    E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
    E17. Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
    Competencias Específicas Complementarias
    EC 59: Coñecer e comprender os enfoques actuais acerca da diversidade cognitiva, os seus principais criterios de identificación e as súas implicacións sobre os procesos de aprendizaxe na aula.
    EC 60: Coñecer, valorar criticamente e saber aplicar diferentes modelos e programas de intervención, tanto no ámbito da discapacidade intelectual coma nas altas capacidades, adaptándoos ás particularidades da práctica educativa da aula.
    EC 61: Deseñar, saber implementar e avaliar novas propostas de intervención para a atención á diversidade, en consonancia cos principios de normalización, inclusión e participación plena de todo o alumnado.
    Competencias Básicas
    B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma
    profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e
    defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
    B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
    Metodoloxía da ensinanza
    Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e eminentemente práctica. Tanto as clases expositivas coma as prácticas de seminario pretenden situar o alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo unha formación no ámbito da diversidade cognitiva.
    As actividades de aula facilitarán ao alumnado o coñecemento e a comprensión das características da minusvalidez intelectual e das altas capacidades, a partir do cal será capaz de avaliar, analizar e identificar as dificultades e as repercusións que o seu desenvolvemento excepcional ten sobre o proceso de ensino-aprendizaxe, así como as barreiras ás que se enfronta durante o devandito proceso. O estudo documental, visualización e análise de material audiovisual, estudo de casos, análise de diferentes programas ou modelos de intervención educativa, axudaranlle a comprender as características diferenciais deste tipo de alumnado, así como a deseñar, planificar e avaliar a resposta educativa máis axeitada e poñer en práctica recursos educativos e programas específicos de intervención.
    Sistema de evaluación
    A cualificación global do estudante na materia procederá:
    -Un 50% da cualificación dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
    -O outro 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobados todos os traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame). Os estudantes que non superen a proba pero teñan aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse á convocatoria de Xullo facendo unicamente o exame. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si o exame, en Xullo serán avaliados unicamente daquelas actividades non superadas a través dunha proba práctica. Nas sesións interactivas realízanse diferentes actividades de carácter eminentemente práctico e grupal. Os resultados do traballo en grupo deberá ser defendido oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos. Os criterios de avaliación destes traballos poderán variar para cada un deles, considerándose aspectos xerais da avaliación a calidade dos contidos do traballo, a calidade expositiva, a participación do grupo, o grao de axusta ás directrices e as achegas críticas. Para poder ser avaliado na materia, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos requiridos para as sesións interactivas.
    A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se supere xa sexa o exame xa sexa as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame.
    Estímase que o alumnado deberá dedicará 90 de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase que o estudante cursase as materias obrigatorias vinculadas: Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento (6 cr.) e Deseño, desenvolvemento e innovación curricular (6 cr.).
    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.

    O alumnado vinculado a un programa interuniversitario dispoñerá das convocatorias de exame que teña establecidas a universidade de destino. O réxime de estudos e convocatorias será o da universidade de destino, pero pódense presentar á oportunidade de Xullo ou á convocatoria de Setembro da USC daquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino, sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, e que lle permita a guía docente. Deberán comunicarllo ao coordinador e este informará os profesores responsables das materias (DOGA, 28 de Maio de 2012). Non obstante, para aprobar a materia de Psicoloxía da Educación, polas súas particularidades, deberán realizar unha serie de tarefas que suplirán ás tarefas interactivas e prácticas que o alumnado ordinario necesita para superar a materia, esixíndolles a estes o 80% de tarefas entregadas e aprobadas.