G3141482 - Intervención educativa nas dificultades da linguaxe oral e escrita (Optativo Mención en Atención á Diversidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Saber identificar, previr e intervir en problemáticas vinculadas coa linguaxe oral e escrita no ámbito da educación primaria.
- Comprender e deseñar estratexias e programas que promovan o desenvolvemento da linguaxe oral e escrita e minimicen a aparición de dificultades.
- Reflexionar, criticamente, sobre os efectos das intervencións educativas na linguaxe.
- Identificar e comprender as repercusións emocionais e conductais das dificultades da linguaxe.
Contidos1. Avaliación e intervención educativa na linguaxe oral.
1.1. As dificultades da fala (disfemia, dislalia e retraso da fala) e os trastornos da comunicación (mutismo e mutismo selectivo): identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
1.2. As dificultades da linguaxe (retraso da linguaxe e trastorno específico da linguaxe): identificación, diagnóstico diferencial e programas de intervención en primaria.
1.3. O papel do contexto na prevención das dificultades da linguaxe oral.
1.4. Relación entre linguaxe oral e linguaxe escrita.
2. Avaliación e intervención educativa na linguaxe escrita.
2.1. Dificultades nos procesos psicolóxicos de acceso ao léxico (procesamento perceptivo, procesamento léxico, procesamento sintáctico e procesamento semántico), nos procesos cognitivos (atención, percepción e memoria) e metacognitivos: avaliación, estratexias e programas de intervención.
- Exactitude e fluidez lectora
- Ortografía básica e arbitraria
- Composición escrita e comprensión lectora
2.2. Trastorno lecto-escritor. A dislexia, disgrafía e disortografía
3. Repercusións emocionais e conductuais das dificultades da linguaxe: pautas de intervención.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
Acosta, V. y Moreno, A. (1999). Dificultades del lenguaje en ambientes educativos. Barcelona: Masson.
Aguado, G. (1999). Trastorno específico del lenguaje: retraso del lenguaje y disfasia. Málaga: Editorial Aljibe.
Marchesi, A., Coll, C. Y Palacios, J. (2007). Desarrollo psicológico y educación 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid. Alianza Editorial.
Miranda Casas, A., Vidal Albarca, E. y Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Suárez Yáñez, A. (2004). Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (coord.)Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad. Madrid: Pearson / Prentice Hall, pp.289-313.
COMPLEMENTARIA
Alvarado Gordillo, M. (1988). La disgrafía escolar (Escala gráfica. Tratamientos correctivos). Alicante: Disgrafos.
Maruny , Ll., Ministral, M., Miralles, M. (1995). Escribir y leer. Materiales curriculares para la enseñanza y el aprendizaje del lenguaje escrito, de tres a ocho años, I-II-III. Madrid: MEC/Edelvives.
Mendoza Lara, E. (2001). Trastorno Específico del Lenguaje. Madrid. Pirámide.
Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. Madrid: CEPE.
Pérez, E. y Serra, M. (1998). Análisis del retraso del lenguaje. Barcelona. Ariel.
Rivas, R. Mª. y Fernández, P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Madrid: Pirámide.
Salvador, F. (1999). El aprendizaje lingüístico y sus dificultades. Granada. Grupo Editorial Universitario.
Santacreu, J. Y Forján, Mª.J. (1993). La tartamudez. Guía de prevención y tratamiento infantil. Madrid. Pirámide (Colecc. Ojos Solares).
Secadas, F., Rodríguez, Mª. T., Alfaro, I. (1994) Escribir es fácil, I-II. Madrid: TEA Ediciones
Suárez Yáñez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Madrid: Pirámide.
CompetenciasCompetencias xerais
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respeto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadana.
Competencias específicas
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
EC67. Capacidade para identificar, previr e intervir en problemáticas vinculadas coa linguaxe oral e escrita no ámbito da educación primaria.
EC68. Capacidade para comprender e deseñar estratexias e programas que promovan o desenvolvemento da linguaxe oral e escrita e minimicen a aparición de dificultades.
EC69. Capacidade para analizar reflexiva e criticamente sobre os efectos das intervencións educativas na linguaxe.
EC70. Capacidade para identificar e comprender as repercusións emocionais e conductuais das dificultades da linguaxe e ser capaz de desenvolver pautas de actuación eficaces.
EC71. Capacidade para xestionar a información e xerar novos coñecementos relacionados coas dificultades da linguaxe en situacións escolares e familiares.
Competencias básicas
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente encóntrase en estreita relación cos procesos de ensino/aprendizaxe e, polo tanto, planifícase de forma que conduza á consecución das competencias formuladas para a materia. Para iso, propoño unha metodoloxía activa e participativa que combine actividades individuais e grupais. Dacordo ás directrices xerais para o ensino previstas para as titulacións dentro do EEES, as distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos/as.
En canto ás actividades de carácter presencial, estas distribuiranse en tres módulos. Sesións expositivas que teñen por obxectivo presentar os conceptos e/ou procedementos máis relevantes e que se consideran fundamentais para entender e dominar a materia. Buscarase, en todo momento, conectar a nova información cos coñecementos previos xa adquiridos polo estudante. Nas actividades de traballo en grupos de seminario (documentos, videos, casos, informes, instrumentos de avaliación, programas de intervención, etc.) ademais de profundizar en contidos específicos, preténdese propiciar a transferencia da teoría á práctica e dotar ao alumno/a das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, relacións conceptuais, elaboración e presentación de informes, preparación de materiais, etc). Nas tarefas grupais promoverase a participación do estudante a través da aprendizaxe colaborativa, o pensamento crítico e a toma de decisións, buscando un enriquecemento e mellora da aprendizaxe.
Nas sesións de titorías atenderase ás necesidades específicas de cada estudante, clarexando dúbidas ou dando as orientacións pertinentes, co fin de guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónEn canto á avaliación, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación sumativa. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe coma o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento desta, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do cuadrimestre.
En termos xerais, a cualificación procederá da:
• Participación nas distintas actividades de clase (10%).
• Realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora (30%).
• Proba individual escrita, na que se valoran os contidos da materia (60%).
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso tener realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación. Para superar a materia será necesario que, na proba escrita, o alumno/a obteña 3 puntos, como mínimo; que se sumarán as outras actividades de avaliación desenvolvidas.
O alumnado con exención de docencia terá que comunicalo en tempo e forma á profesora. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
Gran grupo: 18 horas. Clases expositivas:
• Lectura de documentos
• Presentación de material de apoio audiovisual
• Instrucións para a realización de traballos e prácticas
• Presentación de traballos
• Debates guiados
• Avaliación escrita
Grupo reducido (seminario): 18 horas
• Traballo con textos complementarios, análises, discusións, estudo de casos e realización de prácticas de seminario.
• Discusión de conclusións
• Guía e orientación de traballos
Pequeno grupo ou individual: 2,5 horas
• Atención de necesidades específicas
• Titorización individual do proceso de ensino-aprendizaxe
• Orientación de traballos e estudo
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 38,5
Actividades non presenciais: traballo autónomo do estudante.
• Estudo, lectura e elaboración de traballos
• Busca de información
• Preparación de materiais previos
• Análise de documentos
• Resolución de casos e prácticas
• Preparación de presentacións orais, debates, etc.
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 74
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que o estudante teña cursado as materias obrigatorias vinculadas: Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, Deseño, desenvolvemento e innovación curricular, así como a materia de Psicoloxía do desenvolvemento e algunhas das materias relacionadas co ensino e a aprendizaxe de competencias comunicativas.
É importante, ademais, que o alumno/a se implique e asista de forma regular tanto ás clases expositivas como interactivas, que consulte e estude os materiais recomendados pola profesora, que realice as actividades propostas, que participe de forma activa nas actividades prácticas e traballe dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf)
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
• Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
• Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes
• Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.