Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

P3141212 - Estratexias Cognitivas no Ensino e a Aprendizaje das Ciencias (Módulo optativo de Ciencias Experimentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia
    - Coñecer e analizar diferentes modelos de ensinanza, modelos de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de aprendizaxe.
    - Identificar os modelos de procesamento da información e a súa utilidade para definir procesos cognitivos e estratexias de aprendizaxe en ciencias.
    - Identificar e analizar diferentes estilos de aprendizaxe.
    - Coñecer e utilizar diferentes estratexias de instrución (Diagramas de Venn, Mapas conceptuais...) e tipos de contido.
    - Analizar e deseñar actividades de instrución en Ciencias.

    Contidos
    - Modelos de Ensinanza, modelos de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de aprendizaxe.
    - Os modelos de procesamento da información e a súa utilidade para definir procesos cognitivos e estratexias de aprendizaxe en ciencias.
    - Estilos de aprendizaxe.
    - Estratexias de instrución (Diagramas de Venn, Mapas conceptuais...) e tipos de contido.
    - Análise e deseño de actividades de instrución nas Ciencias.


    Bibliografía básica e complementaria
    ABELL, S.K., & ROTH, M. 1995. Reflections on a fifth-grade life science lesson: Making sense of children's understanding of scientific models. International Journal of Science Education , 17, 59-74.
    BAIRD, J.R. Y MITCHELL, I.J. 1993. Improving the quality of teaching and learning: An Australian Case Study. The Peel Project. Melbourne. The Monash. University.
    BAIRD, J.R., & NORTHFIELD, J.R. 1992. Learning from the PEEL experience. Melbourne, Australia: Monash University Printing Services.
    BELTRÁN, J. 1993. Procesos, Estrategias y Técnicas de Aprendizaje. Síntesis. Madrid.
    CARLSEN, W.S. 1991. Questioning in classrooms: A sociolinguistic perspective. Review of Educational Research , 61, 157-178.
    COCHRAN-SMITH, M., & LYTLE, S. L. 1993. Inside/Outside: Teacher research and knowledge. New York: Teachers College Press.
    COLBURN, A., & TILLOTSON, J.W. 1998. A case study for use in science methods courses. Journal of Science Teacher Education , 9, 153-164.
    COLLINS, A., & STEVENS, A.L. 1982. Goals and strategies of inquiry teachers. In R. Glaser (Ed.), Advances in instructional psychology: Vol. 2. Hillsdale, NJ: Erlbaum.
    FENSHAM, P., GUNSTONE, R., & WHITE, R. 1994. The content of science: A constructivist approach to its teaching and learning. London: The Falmer Press.
    GARCÍA-RODEJA, I. 1997. ¿Qué propuestas de actividades hacen los libros de texto? Alambique nº 11:35-43.
    GARCÍA-RODEJA, I. Y LIMA, G. (2012). Sobre el cambio climático y el cambio de los modelos de pensamiento de los alumnos sección investigación didáctica. Enseñanza de las Ciencias, 30(3): 195-218.
    GIERE, R N. (1994) Cognitive Science and the Philosophy of Science: What's the Connection? , Psycoloquy: 5,62 Scientific Cognition (10)
    GOLDMAN, S.R., & RAKESTRAW, J.A. 2000. Structural aspects of constructing meaning from text. In M.L. Kamil, P. B. Mosenthal, P.
    D. Pearson, & R. Barr (Eds.), Handbook of reading research (Vol. II, pp. 311-335). Mahwah, NJ: Erlbaum.
    HOGAN, K. 1999. Thinking aloud together: A test of an intervention to foster students' collaborative scientific reasoning. Journal of Research in Science Teaching , 36, 1085-1109.
    JACOBS, G.M. Y WARD, C. 2000. Analysing student-student interaction form cooperativa Learning and Systemic Functional Perspectives. Electronic Journal of Science Education. 4(4)
    MCCARTHY, SUSAN; YOUENS, BERNADETTE 2005 Strategies Used by Science Student Teachers for Subject Knowledge Development: A Focus on Peer Support .Research in Science & Technological Education; v23 (2): 149-162
    RESNICK, L.B. 1999. La educación y el aprendizaje del pensamiento. AIQUE. Buenos Aires.
    SCHOENFELD, A. (ed). 1989. Cognitive Science and Mathematics Education. Lawrence Erlbaum
    SIMPSON, D. (1997). Collaborative conversations: Strategies for engaging students in productive dialogues. The Science Teacher , 64(8), 40-43.
    SOUZA, BRUNO CARVALHO C. AND BOLZAN, REGINA F. F. DE A. AND MARTINS, JANAE G. AND RODRIGUEZ, ALEJANDRO M. (2000) Cognitive strategies for virtual learning environments. In Proceedings International Conference on Information Society in the 21 Century: Emerging Technologies and New Challenges, Aizu-Wakamatsu City, Japan.
    STAKE, R.E. 1998. Investigación con estudios de casos. Madrid: Morata.
    WASSERSTEIN-WARNET, M M; KLEIN, J. 2000. Principals' Cognitive Strategies for Changes of Perspective in School Innovation. School Leadership & Management; 20 (4):435-57
    WHITE, R.T. 1994. Dimensions of Content. En: Fensham et al. The Content of Science. A constructivist Approach to its Teaching and Learning. The Falmer Press. London.
    ROEDIGER, H. L. (2013). Applying Cognitive Psychology to Education Translational Educational Science. Psychological Science in the Public Interest, 14(1), 1-3.
    SVOBODA, J., & Passmore, C. (2013). The strategies of modeling in biology education. Science & Education, 22(1), 119-142.

    Competencias
    Que o estudante sexa capaz de:
    - Identificar e analizar diferentes modelos de ensinanza e a súa relación con diferentes modelos de entender a aprendizaxe e as súas implicacións nas estratexias de instrución.
    - Familiarizarse có modelo de procesamento da información e ser capaz de definir os procesos cognitivos que se activan mediante a utilización de diferentes estratexias de instrución.
    - Relacionar estratexias de aprendizaxe, estratexias de instrución e estilos de aprendizaxe.
    - Analizar actividades que se realizan nas clases de ciencias utilizando criterios baseados nos modelos de ensinanza- aprendizaxe.
    - Familiarizarse e valorar os resultados de traballos de investigación onde se utilizan técnicas para investigar as estratexias de instrución e o seu impacto no que e no como aprenden os estudantes sobre temas de ciencias.
    - Deseñar actividades para as clases de ciencias tendo en conta os coñecementos actuais sobre estratexias para unha aprendizaxe de calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Realízanse actividades que permiten poñer en cuestión as concepcións dos estudantes sobre que é aprender e como ensinar ciencias.
    - Introdúcese aos estudantes en distintas concepcións sobre que é aprender. Lectura de textos. Exposición da profesora.
    - Realízanse actividades para analizar como as distintas concepcións sobre a aprendizaxe afectan ás estratexias de instrucción.
    - Introdúcese aos estudantes nos modelos de procesamento da información para definir procesos cognitivos.
    - Realízanse actividades para relacionar estratexias de instrución, estratexias de aprendizaxe e procesos cognitivos e estilos de aprendizaxe.
    - Realízanse traballos de análise e deseño de estratexias de instrución para unha aprendizaxe de calidade.

    Sistema de evaluación
    Valoraranse os seguintes aspectos:
    1. A asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas para o que será imprescindible unha asistencia regular e continuada. Os instrumentos de avaliación serán a observación e notas de clase. O peso será de 10 sobre 100.
    2. A capacidade de análise de actividades de aprendizaxe nas aulas de ciencias tendo en conta o tipo de contidos. O instrumento de avaliación será un traballo sobre a análise de actividades de aprendizaxe nas aulas de ciencias. O peso será de 40 sobre 100.
    3. O dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia en relación a: A análise de modelos de ensinanza dos profesores e modelos de aprendizaxe das ciencias dos estudantes. A capacidade para describir a relación entre estratexias de ensinanza, estratexias de aprendizaxe e procesos cognitivos dos alumnos. A capacidade de análise de traballos de investigación. O instrumento de avaliación será unha memoria do curso. O peso será de 50 sobre 100.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO
    Clases expositivas: 18 horas.
    Clases interactivas: 24 horas.
    Titorías: 6
    TOTAL horas traballo presencial: 48h


    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía de traballo que se utilizará durante ou curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
    A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.