Data do evento: Venres, 30 de marzo de 2012
VIII Xornadas Interxeracionais Rurais "Aprendendo cos nosos maoires"
Cabreiros - 26 de maio, 2 e 9 de xuño de 2012
Concello de Xermade
"Nestas oitavas xomadas interxeracionais rurais pretendemos seguir constituíndo un espazo de
reflexión e debate para as persoas maiores deste municipio. Trátase dunhas xornadas que van
dirixidas fundamentalmente ós nosos maiores e nas que queremos ofrecerlles charlas, presentación de
ofertas de programas, visitas e festas culturais.
Pero tamén se trata dunhas xornadas interxeracionais pensadas para que xoves e maiores poidan
desenvolver un traballo conxunto, xa que un dos grandes desexos e legados dos nosos maiores é que
sexan escoitados e podemos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida. Para eso estamos
ante unhas xomadas abertas nas Xermade que queremos contar cos máis novos. Así mesmo, pretendemos
ofrecer actividades ós maiores que Iles permitan seguir aprendendo cousas que poidan resultarlles
útiles e interesantes."
A Actividade está recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións
da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña.