Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Órganos Colexiados

Órganos colexiados

Son órganos deliberativos e de toma de decisión integrados por varias persoas que se atopan nun plano de igualdade, de xeito que a vontade e os acordos asumidos colectivamente son os considerados manifestación do órgano. Na Facultade o órgano colexiado por excelencia é a Xunta de Facultade.

Xunta de Facultade

A Xunta de Facultade é o órgano colexiado de goberno do centro e como tal, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión.

Comisión Permanente

É un  órgano colexiado similar á Xunta de Facultade, pero de menor tamaño, que se elixe entre os membros da Xunta de Facultade.

Outras comisións

A Xunta de Facultade pode dotarse de Comisións Delegadas que a asesoren e asistan nas súas funcións. O seu labor céntrase en emitir informes, coordenar, estudar e elaborar propostas de carácter operativo sobre os asuntos que o Regulamento de Réxime Interno ou os órganos competentes de goberno da Facultade lles encomenden. As comisións poden ter carácter estable ou conxuntural; as primeiras serán renovadas cada vez que haxa eleccións ao Decanato.

Comisións de títulos