
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: Caballo Villar, Maria Belen
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O máster oriéntase cara á adquisión por parte do estudante dunha formación avanzada de carácter especializada e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Coñecer e manexar as técnicas de investigación que se utilizan na área histórica e comparada do coñecemento da educación.
2. Delimitar as fases e identificar aspectos significativos no deseño de programas socioeducativos.
3. Seleccionar procedementos e instrumentos metodolóxicos adecuados á finalidade do programa e a cada unha das súas fases.
4. Analizar os modelos de avaliación de programas socio-comunitarios.
5. Valorar o papel da investigación socio-educativa na orientación da práctica educativa.
6. Coñecemento e análise crítica das políticas de desenvolvemento e a súa relación coas políticas sociais desde o ámbito das ciencias da educación.
7. Interpretar os programas socioeducativos e o seu deseño como unha tarefa compartida que concreta unha visión global de intervención nun territorio, comunidade ou grupo.
8. Analizar propostas de política cultural de iniciativa pública e privada, valorando o alcance e finalidade do seu contido en termos de desenvolvemento persoal, grupal e comunitario dos territorios e institucións en que se enmarcan.
9. Profundar no estudo das posibilidades legais, políticas e profesionais que as administracións locais presentan para a acción educativa e cultural, incidindo no seu potencial como ámbito de investigación.
10. Coñecer os fundamentos das políticas socioeducativas e asistenciais para as persoas adultas.
11. Ser capaz de avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
12. Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
13. Aproximar críticamente aos estudantes ás últimas tendencias e modelos no campo da Educación Ambiental e a política ambiental.
14. Potenciar a investigación educativa no campo das respostas sociais ao problema do cambio climático.
15. Analizar as competencias que ten a administración local en materia de integración de inmigrantes
16. Examinar o modelo para a xestión da inmigración por parte da administración local
17. Potenciar o interese pola observación, a reflexión, o xuízo crítico e a valoración.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1. Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
2. Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3. Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
4. Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirigido ou autónomo.
5. Elaborar un modelo de actuación destinado a ser implementado nun centro de indagación da cultura escolar ou un museo pedagóxico concreto.
6. Desenvolver destrezas e habilidades para aplicar a metodoloxía de investigación histórica, pedagóxica e comparada na elaboración de coñecemento da educación e a resolución de problemas educativos.
7. Dominar a construción de instrumentos asociados coas técnicas de investigación básica no enfoque cualitativo: caderno de campo, deseño de protocolos e realización de entrevistas, observación.
8. Adquirir as habilidades e recursos necesarios para deseñar a avaliación dun programa de intervención socio-comunitaria
9. Ser capaces de establecer pautas de planificación no marco das políticas socio- educativas relacionadas coa inmigración
10. Adquirir os coñecementos que permitan unha avaliación crítica destas políticas.
11. Analizar as características propias da política social e os seus programas particularmente respecto ao colectivo das persoas de idade.
12. Promover coñecementos e habilidades que permitan fomentar o benestar físico, psíquico e social dos diferentes colectivos adultos.
13. Estar facultado para avaliar a consistencia dun programa de implementación dirixido á integración de familias inmigrantes.
14. Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
Este máster ten unha orientación investigadora de carácter propedéutico para acceder ao programa de doutoramento EDUCACIÓN, CULTURA DE SUSTENTABILIDAD E DESENVOLVEMENTO. Os seus contidos están relacionados coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos constituídos no Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 16
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1. Licenciaturas/graos en Pedagoxía e Psicopedagoxía. Graos en Educación Social e Mestre.
2. Diplomatura en Educación Social; Mestres (todas as especialidades)
3. Licenciaturas e graos das áreas de Ciencias Sociais e Xurídicas e Humanidades
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091101 | Metodoloxía da Investigación Histórico-Comparada en educación | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091102 | Metodoloxías Cualitativas na Investigación Socioeducativa | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091103 | Metodoloxía do Deseño e Avaliación de Programas Socioeducativos | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091104 | Metodoloxía da Investigación para o cambio Socioeducativo | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091105 | A toma de Decisións en Política Educativa | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091201 | Políticas Educativas, Inmigración e Benestar Social | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091209 | Educación Social e Políticas Culturais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091106 | A Educación para a Cidadanía e a Interculturalidade: Dereitos Humanos, Familia e Aprendizaxe Cooperativo | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091202 | Educación e Cidadanía na Historia Europea | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3091203 | Educación en Valores: Sociedade Civil e Desenvolvemento Cívico | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091107 | Educación, Cultura e Desenvolvemento Comunitario Local | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091204 | Problemática Pedagóxica e Antropolóxica da Cultura | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091210 | Sociedade Civil, Inmigración e Participación Social para o Desenvolvemento Comunitario | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091205 | Xénero e Educación Social | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091206 | Educación, Emocións e Afectividade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091207 | Persoas Maiores, Memoria Comunitaria e Patrimonio Educativo | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091208 | A relación da Institución Libre de Ensinanza cos Movementos Pedagóxicos Europeos | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3091211 | A Conciliación dos Tempos Educativos e Sociais | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3091108 | Traballo Fin de Máster | 15.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable