
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Procesos de Formación
Rama de coñecemento: Ciencias Xurídico-Sociais
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2010)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: GEWERC BARUJEL, ADRIANA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
O Máster exponse cunha duración dun ano e en cada cuadrimestre establécense dúas grandes temáticas:
- Ao finalizar o primeiro cuadrimestre os/as estudantes deben estar en condicións de recoñecer os modelos básicos da investigación educativa e as diversas liñas de investigación e traballo profesional que se están a levar nos dous departamentos.
- Ao finalizar o segundo cuadrimestre os estudantes deben dominar os conceptos e as técnicas básicas de actuación nos campos de especialización que elixan dentro das posibilidades dos dous módulos optativos e as restantes materias.
Tamén se trata de:
1. Coñecer en profundidade os diversos ámbitos de proxección da Investigación pedagóxica e de inserción laboral dos posgraduados en Educación.
2. Coñecer as diversas actividades profesionais especializadas (postos e funcións) que desempeñan os postgraduados en Educación.
3. Desenvolver competencias especializadas para o traballo ante nichos atractivos de intervención profesional en ámbitos que requiren unha especialización (a calidade, o e-learning, o deseño de contidos didácticos dixitais, o asesoramento individual ou institucional, a validación de competencias, a formación continua, a investigación e innovación educativa etc.)
4. Deseñar propostas formativas que atendan a contextos de diversidade e teñan en conta a igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos.
5. Mellorar/completar as competencias transversais dos profesionais da educación para a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I D I) como bases fundamentais da mellora profesional e da calidade das funcións e servizos prestados polos especialistas da educación nos seus contextos laborais.
6. Analizar as achegas da investigación pedagóxica e os procesos de xeración de coñecemento científico en diversos campos especializados.
Competencias Xerais
1. Coñecer e utilizar variedade de recursos e técnicas especializadas para a construción de coñecementos científicos sobre a Formación.
2. Expor e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativo).
3. Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
4. Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
5. Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
6. Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
7. Ter iniciativa na intervención en contextos complexos que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
8. Adecuarse a situacións novas ou cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de vista cando a situación o precise.
9. Actuar con rigor e obxectividade e cautela á hora de emitir xuízos atendendo aos valores
10. democráticos.
11. Desenvolver unha actitude crítica na actuación profesional.
Competencias Específicas
Desenvolver unha actitude positiva, crítica e plural da investigación como ferramenta de comprensión e mellora da realidade educativa.
Tomar conciencia do valor social do coñecemento científico.
Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodolóxicas adecuadas para a resolución de casos.
Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
Participar de forma colaborativa no desenvolvemento do coñecemento científico, empregando unha linguaxe formal científica e promovendo a transferencia dos achados da investigación educativa á práctica profesional.
Deseñar e pór en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos formativos emerxentes.
Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos, profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
Axudar outros profesionais na elaboración de programas de formación tomando como soporte os medios e redes de información e comunicación.
Deseñar materiais didácticos e contornas formativas en rede axustados ás características dos suxeitos e os contextos nos que van ser implementados.
Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación cos seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes.
Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Deseñador de procesos formativos
Formador de formadores
Responsable da formación en empresas
Deseñador de procesos de e-learning
Deseñador de medios e materiais dixitais
Xestor da innovación e da calidade na formación
Evaluador de programas, sistemas, institucións e políticas educativas
Asesor da formación e do desenvolvemento institucional
Especialista en atención educativa á diversidade
Dirección de centros e institucións educativas
Inspector e supervisor da administración educativa
Orientador persoal e profesional
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
TITULACIÓNS DE ACCESO (por orde de preferencia):
Preferente Nivel 1 –
Licenciaturas en Ciencias da Educación (Pedagoxía e Psicopedagoxía)
Preferentes Nivel 2 –
1. Licenciatura en Psicoloxía
2. Licenciatura en Socioloxía
3. Licenciatura en Documentación
4. Licenciatura en Actividade Física e Deporte
5. Licenciatura en Comunicación Audiovi-sual
6. Licenciatura en Administración e Direc-ción de Empresas
7. Licenciatura en Economía
8. Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración
9. Licenciatura en Xornalismo
10. Licenciatura en Investigación e Ciencias de Mercado
Preferentes Nivel 3 –
Área de Humanidades
Área de Ciencias Experimentais e da Saúde
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Expediente académico: 50%
Linguas (inglés): 10%
Experiencia profesional: 20%
- Xustificada co Contrato de Traballo, Nivel de cualificación
Experiencia investigadora: 10%
- Xustificada documentalmente por organis-mos oficiais
Outros méritos: 10%
- Participación e colaboración en organizacións de carácter social ou organizativo
TITULACIÓNS DE ACCESO (por orde de preferencia):
Preferente Nivel 1 –
Licenciaturas en Ciencias da Educación (Pedagoxía e
Psicopedagoxía)
Preferentes Nivel 2 –
1. Licenciatura en Psicoloxía
2. Licenciatura en Socioloxía
3. Licenciatura en Documentación
4. Licenciatura en Actividade Física e Deporte
5. Licenciatura en Comunicación Audiovi-sual
6. Licenciatura en Administración e Direc-ción de
Empresas
7. Licenciatura en Economía
8. Licenciatura en Ciencias Políticas e da
Administración
9. Licenciatura en Xornalismo
10. Licenciatura en Investigación e Ciencias de Mercado
Preferentes Nivel 3 –
Área de Humanidades
Área de Ciencias Experimentais e da Saúde
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261101 | Investigación en Avaliacións de programas e Institucións | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3261102 | Investigación en Formación e recursos humanos | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3261103 | Investigación en Elearning | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261201 | Planificación de procesos formativos | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3261202 | Atención á diversidade e procesos de inclusión | 6.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3261203 | Avaliación e orientación de competencias | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3261204 | Formación de formadores e profesionais de axuda | 6.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261205 | Innovación e creatividade | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3261206 | Calidade: modelos, enfoques e técnicas | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261207 | Titoría e mentoría na Formación | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3261208 | Asesoramento ás institucións | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261104 | Prácticas Obrigatorias | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261105 | Traballo Fin de Máster | 12.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3261106 | Deseños e técnicas de investigación educativa | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable