
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Mestre ou Mestra de Educación Infantil (S)
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 16/09/2010
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación: 30/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Dado que o grao de Mestre/a habilita para o exercicio profesional é necesario ter en conta os obxectivos formativos da Educación Infantil. Polo tanto, o obxectivo principal desta titulación será formar profesionais capaces de contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, atendendo aos fins que establece o artigo 2 da Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación (BOE do 04-05-06).
a) Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
b) Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
c) Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
d) Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
e) Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
a) Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
b) Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
c) Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
d) Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
e) Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
f) Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
g) Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
Mestre/a de Educación Infantil, regulada mediante acordo do Consello de Ministros de 14 de decembro de 2007 (BOE 21 de decembro de 2007).
No ámbito docente e formativo, onde se concentra a súa actividade profesional, os mestres e mestras poden traballar en centros de ensino públicos e privados, especialmente escolas infantís de primeiro e segundo ciclo, academias, centros de educación permanente, servizos educativos en centros sanitarios, centros socioculturales, centros de acolleita, etc.
No ámbito empresarial, poden realizar actividades de asesoramento en empresas de xogos, de materiais didácticos, editoriais, parques temáticos, etc. Hai que destacar que unha apropiada formación complementaria ao longo da carreira e a formación continua e a especialización, unha vez acabados os estudos, facilitan significativamente as posibilidades de inserción laboral.
De forma orientativa, a continuación menciónanse posibles saídas destes profesionais:
1.- Docencia / Formación
a) Educación Infantil
b) Educación Familiar
c) Alfabetización
d) Formación Complementaria
e) Formación Especializada
f) Educación a Distancia
2.- Xestión / Administración
a) Programas de Atención á Infancia
b) Programas didácticos
c) Xestión empresarial
3.- Actividades socioculturais e servizos á comunidade
a) Actividades extraescolares
b) Actividades de animación sociocultural
c) Grupos marxinais e minorías étnicas
d) Cooperación para o desenvolvemento
e) Actividades lúdico-festivas
4.- Asesoría
a) Xogos
b) Literatura infantil
c) Materiais didácticos
d) Parques de lecer
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estos recoñecementos é:
1. Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
2. Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
3. Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Número de prazas de novo ingreso: 80
Demanda do ano anterior: 7.118 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: En canto ao perfil de acceso/ingreso, é recomendable que o/a aspirante posúa as seguintes características persoais e académicas:
- Interese por todos os aspectos relacionados coa cultura e a infancia.
- Compromiso social.
- Compromiso ético.
- Curiosidade científica.
- Habilidade para as relacións interpersoais.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo teñen que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos: libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Quenes estean en posesión do título de Mestre ou Mestra que habilite para impartir docencia en Educación
Infantil poderán obter o Grao en Mestre/a de Educación Infantil previa superación dun curso complementario que constará de:
1. Proxecto de fin de grao (9 créditos)
2. Prácticum III (12 créditos)
3. Psicoloxía do desenvolvemento (0-3 anos)
4. Proxectos e innovación na aula (6 créditos).
5. Observación e análise: suxeitos e procesos (6 créditos).
6. Observación e análise: escola e contexto (6 créditos).
7. Dúas materias optativas non adaptadas.
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo de Fin de Grao articúlase como unha materia anual no último curso cunha distribución en 3 créditos no 7º cuadrimestre e 6 no 8º. A súa programación anual permitirá, por unha banda diferencialo do Prácticum, e por outra facilitar ao alumno o tempo necesario para planificar, desenvolver e integrar as competencias adquiridas ao longo da formación do grao.
Para ser admitido no Traballo Fin de Grao, será requisito ter superados polo menos 150 créditos dos tres primeiros cursos do Grao.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Obrigatorias
As Prácticas distribúense en tres períodos coa intención de aproveitar o seu potencial ao longo da formación dos estudantes. Os períodos de Practicum propostos desenvólvense progresivamente conforme a seguinte secuencia:
a. PRACTICUM I. Vida de aula e tarefas do profesorado. (12 créditos. 2º curso, 3ºcuadrimestre): O sentido deste Practicum é centrarse nas tarefas que o docente realiza en relación ao contexto inmediato do aula, así como en analizar e reflexionar sobre o que alí acontece. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do primeiro curso.
b. PRACTICUM II. O centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas. (18 créditos. 3º Curso 6º cuadrimestre): contextualizando as prácticas do docente nun centro e unha localidade, trátase de deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro e de aula e de comprender que os límites da función do profesor non están delimitados polo espazo físico inmediato no que traballa habitualmente cos alumnos e que forma parte dun equipo docente, polo que debe estar atento ao conxunto da Comunidade Educativa, sempre desde unha actitude crítica e reflexiva. Procurarase, na medida do posible, que o alumnado realice, un destes dous períodos de prácticas no ciclo 0-3. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum I.
c. PRACTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro. (12 créditos. 4º curso, 7º cuadrimestre): Neste último practicum trátase de salientar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. Será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Practicum II.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable