
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Educación, Xénero e Igualdade
Rama de coñecemento: Ciencias Xurídico-Sociais (principal). Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 13/2007 do 1 de febreiro (DOG 8/02/2007)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: RADL PHILIPP, RITA MARIA
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A importancia básica e o poder fundamentante das relacións de xénero en calquera estrutura e organización social coñecida, encerra un significado especial para os procesos específicos da socialización e educación humana. Por este motivo faise necesario un coñecemento en profundidade, por parte dos profesionais dedicados á formación, organización, educación e socialización humana no sentido amplo, dos mecanismos de produción social que interveñen na nosa sociedade nas relación de xénero que vai máis alá dun simple coñecemento particularizado sobre o tema. Un dos propósitos específicos consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar accións en prol da igualdade das mulleres, a implantación da perspectiva de xénero (“mainstreaming”) e a institucionalización de contidos e medidas. Este labor profesional refírese tanto ao contexto educativo propiamente dito (nos distintos niveis do ensino, na familia, etc.) como á Administración, ás empresas e todas as institucións e organizacións sociais, culturais, económicas e políticas; labor fundamental para conseguir unha meirande igualdade entre os xéneros, así como a transformacións da estruturas androcéntricas aínda existentes nas sociedades actuais.
Desde un ángulo epistemolóxico crítico cabe sinalar que outros dos propósitos consiste unha formación de investigadoras e investigadores que poidan contribuír á construción dun coñecemento novo a cerca das relacións e roles sociais entre mulleres e homes dende unha perspectiva feminista e de xénero multidisiciplinaria.
A formación académica e profesional que se oferta ten como obxectivo global a preparación de universitarias e universitarios que poida desenvolver todas as actuacións necesarias como axentes e investigadores de igualdade previstas na actual lexislación internacional, estatal e autonómica ao respecto.
Competencias xenéricas:
Académica, laborais e de investigación con respecto a temática de xénero
Competencias específicas:
Elaboración de proxectos, programación, planificación, coordinación de áreas relacionadas con polítics de igualdade e educación, así como o desenvolvemento de perspectivas socio críticas, de análise, en función do xénero
Como profesionais e axentes de igualdade en todos os campos que requiren un labor especializado e a implementación de accións que faciliten a igualdade das mulleres e do xénero particularmente previstas nas lexislacións internacional, estatal e autonómica ao respecto. De xeito singular:
- No ámbito da educación e do ensino, en todos os seus niveis e actividades levadas a cabo dende as diferentes institucións educativas.
- No ámbito das empresas e da Administración Pública para o deseño e execución de programas e plans de igualdade de xénero.
- No ámbito das asociacións e dos diferentes organismos non gobernamentais que traballan con diversos colectivos de mulleres.
Dende un punto de vista moi concreto, as persoas que obteñan o Máster Oficial en Educación, Xénero e Igualdade poderán empregarse por exemplo en casas de acollida e centros sociais de mulleres, na prevención e tratamento da violencia en función do xénero, nas concellarías de muller, na organización e impartición dos contidos referidos á igualdade de xénero no sistema educativo, etc
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de Acceso
Licenciaturas en Ciencias Políticas e da Administración,
Socioloxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía,
Documentación, Humanidades, Filosofía. Diplomaturas en
Traballo Social, Relacións Laborais, Xestión e
Administración Pública, Educación Social,
Biblioteconomía e documentación, Mestres
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021101 | Investigación, Coñecemento de Xénero e Teoría Feminista | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3021102 | Aspectos Metodolóxicos Básicos para os Estudios das Mulleres e das Relacións de Xénero | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3021103 | Historia das Mulleres e Mulleres e Homes na Historia | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021201 | Aspectos Metodolóxicos Avanzados para os Estudios das Mulleres e das Relacións de Xénero | 5.00 | OP | 1SG | 2 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021106 | Póliticas Públicas Igualdade e Xénero | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3021107 | Aspectos Xurídicos das Relacións de Xénero | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3021109 | Actividade Económica, Relacións de Traballo e Xénero | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021202 | Deseño e Avaliación de Programas de Xénero | 5.00 | OP | 1SG | 2 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021104 | Violencia e Xénero | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3021105 | Educación e Socialización en Función do Xénero | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3021108 | Medios de Comunicación, Língua e Xénero | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3021110 | Saúde, Vellez e Construcción Social | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P3021111 | Cambio Social, Coeducación, Transversalidade e Xénero | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P3021112 | Os Procesos de Constitución das Identidades de Xénero | 5.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021205 | Multiculturalismo,Interculturalismo, Educación e Xénero | 5.00 | OP | 1SG | 2 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021206 | Problemáticas Sociais Múltiples, Intervención Social e Xénero | 5.00 | OP | 1SG | 2 | OF/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021203 | Tutorías, Seminarios e Prácticas de Investigación. | 25.00 | OP | 2SG | OF/MR | P3021204 | Proxecto Memoria Científica do Master | 25.00 | OP | TFGM | EX/MR |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P3021207 | Tutorias, Seminarios e Prácticas Laborais e Profesionais | 25.00 | OP | 2SG | EX/MR | P3021208 | Proxecto Memoria Profesional do Master | 25.00 | OP | TFGM | OF/MR |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable