| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión para continuación dende outras universidades | 07/09/2013 | 30/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais:R.D. 916/1992 do 17 de xullo (BOE 27 de agosto de 1992).
Plan de estudios:Resolución de 26 de Xullo de 2001 (BOE 24 agosto de 2001)
Corrección de erros:Resolución de 30 de novembro de 2001 (BOE 19 de decembro 2001 )
Complementos de formación:Orde 22 de decembro de 1992 (BOE 13 de xaneiro de 1993).
Extinción: 2013/14: 4º curso sen docencia con dereito a exame. 2014/15: 4º curso sen docencia , último con dereito a exame 5º curso sen docencia con dereito a exame 2015/16: 5º curso sen docencia, último con dereito a exame
Proporcionar unha formación sólida para unha intervención especializada en relación co desenvolvemento psicolóxico e humano nas diversas situacións educativas e de aprendizaxe. Preténdese capacitar para a intervención entre outros aspectos: No diagnóstico en educación, a intervención nas necesidades educativas, a orientación na transición escola-traballo, a orientación escolar e profesional, a identificación e tratamento de dificultades de aprendizaxe e de desenvolvemento persoal e social e necesidades educativas especiais, os métodos de investigación en educación e a súa aplicación en problemas e dificultades de aprendizaxe e integración escolar e social.
a) Coñecementos: - Diagnóstico e intervención en dificultades de aprendizaxe e en problemas de desenvolvemento - Orientación escolar e profesional - Coñecemento sobre organización educativa e culturas profesionais dos docentes - Elaboración de estratexias, métodos e medios de ensino - Tratamento educativo de necesidades educativas - Métodos e técnicas de investigación educativa - Desenvolvemento e aprendizaxe - Diferencias individuais e sociais b) Competencias (habilidades) - Capacidade de planificación e organización - Capacidade de traballar en equipo con outros profesionais - Deseñar e aplicar técnicas de diagnóstico e detección de necesidades - Deseñar, aplicar e avaliar distintas estratexias de intervención e orientación - Avaliar programas de enisno-aprendizaxe, recursos e materiais didácticos
Título homologado de 2º ciclo organizado en dous anos Total de créditos: 132 que se distribúen en troncais, obrigatorios, optativos e de libre configuración
Esta é unha titulación que se complementa coas de Psicoloxía e Pedagoxía pero aporta unha especialización máis precisa pola súa contextualización nos procesos psicolóxicos e sociais que teñen lugar nas institucións educativas (especialmente as escolares). Os psicopedagogos asesoran tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias proporcionando recursos que facilitan os procesos de ensino-aprendizaxe, desenvolvendo estratexias que teñen como propósito previr as dificultades de aprendizaxe ou estratexias de intervención canto estas dificultades se produciron. En suma, o traballo dos profesionais da orientación e intervención psicopedagóxica é contribuír a optimizar os contextos educativos, favorecendo así os procesos de ensino e de aprendizaxe. Ademais, o seu exercicio profesional pode ter cabida en organizacións que teñan por obxecto a educación ao longo de toda a vida. De xeito orientativo proponse a continuación unha serie de actividades que estes profesionais poden desenvolver: ENSINO/FORMACIÓN Organización, planificación e avaliación de programas de ensino-aprendizaxe Asesoramento na elaboración de deseños curriculares, proxectos educativos de centro… Xefatura de estudos ou dirección de centros educativos Como docente: profesorado de apoio, educación especial, atención temperá… ORIENTACIÓN Orientación educativa: en Departamentos de Orientación de centros de ensino ou formación; tratamento de dificultades de aprendizaxe, asesoramento pedagóxico ao profesorado, orientación familiar, técnicas de estudo... Orientación vocacional, profesional: identificación de intereses e aptitudes; asesoramento a titores, información e asesoramento ao alumnado e familias... Orientación laboral: información e asesoramento para a inserción laboral, técnicas de busca de emprego, itinerarios formativos dentro da profesión... ASESORÍA Asesoramento a empresas relacionadas coa educación, editoriais… para o deseño e elaboración de libros de texto, literatura infantil, material didáctico, programas informáticos, xogos educativos, etc. Asesoramento a revistas especializadas e programas radiofónicos ou de televisión de contido educativo ou didáctico
- SÓCRATES–ERASMUS (http://www.fcce.usc.es/erasmus/): Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Noruega, República Checa, Hungría e Italia - ERASMUS IP (EFFECT): coa universidade Nijmegem de Holanda - ISEP: con universidades de Estados Unidos - SICUE-SÉNECA. Intercambio con universidades españolas de: País Vasco, Barcelona, Xirona, Tarragona, Valencia, Murcia, Las Palmas de Gran Canaria, Salamanca e Valladolid
De acordo co plan de estudos os alumnos realizarán prácticas en institucións educativas públicas e privadas. Ademais contémplase que poidan realizar, de existir unha convocatoria pública, prácticas en empresas, institucións públicas ou privadas. O máximo de créditos que se poderá obter será de 10 (30 horas = 1 crédito)
Mestres (con complementos de formación) Diplomatura en Educación Social (con complementos de formación) 1º ciclo da Licenciatura en Psicoloxía (con complementos de formación) 1º ciclo da Licenciatura en Pedagoxía (con complementos de formación)
Mestres (con complementos de formación) Diplomatura en Educación Social (con complementos de formación) 1º ciclo da Licenciatura en Psicoloxía (con complementos de formación) 1º ciclo da Licenciatura en Pedagoxía (con complementos de formación)
Proporcionar unha formación sólida para unha intervención especializada en relación co desenvolvemento psicolóxico e humano nas diversas situacións educativas e de aprendizaxe. Preténdese capacitar para a intervención entre outros aspectos: No diagnóstico en educación, a intervención nas necesidades educativas, a orientación na transición escola-traballo, a orientación escolar e profesional, a identificación e tratamento de dificultades de aprendizaxe e de desenvolvemento persoal e social e necesidades educativas especiais, os métodos de investigación en educación e a súa aplicación en problemas e dificultades de aprendizaxe e integración escolar e social.
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| Licenciatura en Psicopedagoxía | 69.0 | 30.0 | 19.0 | 14.0 | 132.0 |
| SEGUNDO CICLO | 69.0 | 30.0 | 19.0 | 14.0 | 132.0 |
| 4º CURSO | 45.0 | 6.0 | 9.0 | 6.0 | 66.0 |
| 5º CURSO | 24.0 | 24.0 | 10.0 | 8.0 | 66.0 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 381801 | Métodos, Deseño e Técnicas de Investigación Psicolóxica | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381802 | Procesos Psicolóxicos Básicos | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381803 | Psicoloxía da Personalidade | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381804 | Psicoloxía Social | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |

| 381805 | Didáctica Xeral | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381806 | Psicoloxía da Educación | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381807 | Organización do Centro Escolar | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381808 | Teoría e Institucións Contemporáneas de Educación | Troncal | 4.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 381801 | Métodos, Deseño e Técnicas de Investigación Psicolóxica | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381802 | Procesos Psicolóxicos Básicos | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381803 | Psicoloxía da Personalidade | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381806 | Psicoloxía da Educación | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381807 | Organización do Centro Escolar | Troncal | 4.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 381401 | Deseño, Desenvolvemento e Innovación do Currículo | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381402 | Diagnóstico en Educación | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381403 | Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemento | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381404 | Métodos de Investigación en Educación | Troncal | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381405 | Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 381406 | Prácticum de Psicopedagoxía I | Troncal | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 381407 | Psicoloxía da Instrución | Troncal | 6.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381411 | Política e Lexislación Educativa | Obrigatorio | 6.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 381501 | Dificultades de Aprendizaxe e Interv. Psicopedagóxica | Troncal | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381502 | Educación Especial | Troncal | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 381503 | Orientación Profesional | Troncal | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381504 | Prácticum de Psicopedagoxía II | Troncal | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381511 | Asesoramento Curricular a Centros e Profesores | Obrigatorio | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381512 | Medición Educativa e Avaliación de Programas | Obrigatorio | 6.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381513 | Orientación Educativa e Titoría | Obrigatorio | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 381514 | Procesos Psicolóxicos de Aprendizaxe dos Contidos Escolares | Obrigatorio | 6.00 | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 381421 | Familia e Educación | Optativo | 4.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381422 | Historia dos Sistemas Educativos Contemporáneos | Optativo | 4.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381423 | Medios e Recursos Didácticos | Optativo | 4.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381425 | Métodos de Relaxación Creativa | Optativo | 4.50 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 381426 | Procesos de Construción das Identidades de Xénero | Optativo | 4.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 381521 | Avaliación de Centro e Profesores | Optativo | 4.50 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381522 | Bilingüismo e Educación | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 381523 | Dificultades na Produción e Interpretación de Textos Escritos | Optativo | 6.00 | Segundo Cuadrimestre | |
| 381524 | Educación Temperá | Optativo | 4.50 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 381525 | Integración de Alumnos con Necesidades Educativas Especiais | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 381526 | Interaccións no Ámbito Escolar | Optativo | 6.00 | Segundo Cuadrimestre |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable