Directrices Xerais:R.D. 1420/1991 do 30 de agosto (BOE 26 de outubro de 1991)
Plan de estudios:Resolución 26 de xullo de 2001 (BOE 24 de agosto de 2001)
Corrección de erros:
Complementos de formación:
Extinción: 2009/10: 1º curso sen docencia, con dereito a exame. 2010/11: 1º curso sen docencia, último con dereito a exame. 2º curso sen docencia, con dereito a exame. 2011/12: 2º curso sen docencia, último con dereito a exame. 3º curso sen docencia, con dereito a exame. 2012/13: 3º curso sen docencia, último con dereito a exame.
Proporcionar uns coñecementos teóricos e prácticos en ámbitos do que se denomina a educación non formal, educación de adultos, a terceira idade, inserción social de persoas desadaptadas e minusválidos, así como na acción socio-educativa, é dicir, aquela que ten lugar a través de múltiples e diversas iniciativas sociais e comunitarias de alcance cultural e educativo, tendentes a promover a calidade de vida, a integración social, a participación comunitaria, e a plasmación de programas de promoción social, a miúdo en colaboración ou coa intervención das administracións locais. A formación destes titulados comprende o deseño e posta en marcha de programas de animación sociocultural, estudo dos recursos didácticos e as tecnoloxías da información e comunicación nas súas aplicacións didácticas, políticas sociais, culturais e educativas, programas ocupacionais, psicosocioloxía de grupos, actividades de prevención, etc.
a) Coñecementos: - Pedagoxía Social - Psicoloxía das distintas etapas da vida: infancia, xuventude, idade adulta, vellez - Psicoloxía social e das organizacións - Socioloxía e antropoloxía, grupos étnicos e culturais - Deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos educativos e culturais - Educación ao longo da vida, traballo, ocio e tempo libre, estratexias de educación permanente. - Animación sociocultural. Desenvolvemento comunitario. Técnicas, estratexias e recursos de animación sociocultural. Educación ambiental - Tecnoloxías da información e da comunicación ao servizo da educación permanente - Intervención en problemas de desadaptación social - Coñecemento e intervención en institucións como a familia, administracións públicas, empresas, servizos sociais, etc. - Métodos de investigación e diagnóstico de realidades sociais b) Competencias (habilidades) - Dominio dos procesos de intervención socioeducativa e proxección dos mesmos en proxectos de acción - Utilización de técnicas e recursos de mediación para intervir en conflitos e na súa resolución - Capacidade de detección de factores de exclusión ou discriminación na inserción sociolaboral - Dominio de técnicas de dinámica de grupos e de intervención comunitaria - Capacidade de deseño, de orientación e avaliación na posta en práctica de programas de educación de adultos, de animación sociocultural, de intervención en problemas de desadaptación e de marxinación social, de ocupación do tempo libre, etc.
a) Características xerais: Título homologado de 1º ciclo organizado en 3 anos Total de créditos: 198 que se distribúen en troncais, obrigatorios, optativos e de libre configuración b) Características específicas: Establécense tres itinerarios intracurriculares: Orientación Animación Sociocultural e Desenvolvemento Sociocomunitario Orientación Educación de Adultos Orientación Inadaptación e Marxinación Social Os alumnos que desexen realizar algún destes itinerarios deben cursar as materias optativas vinculadas a estes e o resto de créditos optativos elixilos entre as outras materias optativas ofertadas
O ámbito no que se desenvolve a actividade profesional dos educadores sociais é o que se chama o “traballo socioeducativo en medio aberto”, xa que boa parte do mesmo se leva a cabo en contacto directo coas persoas no seu entorno social. Estes profesionais traballan basicamente no sector público, xa que moitos dos programas que xestionan están promovidos polas áreas de xuventude, cultura, educación, benestar social e emprego das distintas administracións. Ditos programas fanse realidade en centros socioculturais, campamentos, centros de educación permanente, casas de acollida, ONGs, etc. Dentro do que é o eido empresarial, os educadores sociais poden xestionar empresas de animación sociocultural, de servizos á comunidade, centros de menores, empresas de lecer e tempo libre… En canto á docencia e á formación, poden traballar en centros de educación permanente ou de adultos, centros de formación ocupacional, de formación profesional específica que impartan ciclos formativos da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade, centros universitarios e outros centros formativos. De xeito orientativo, menciónanse posibles saídas profesionais así como situacións nas que poden traballar os educadores sociais: COLECTIVOS • Con risco de marxinación social: toxicómanos, indixentes, inmigrantes, minorías étnicas e situacións de delincuencia e de desaxuste social grave de índole condutual • Situacións de desprotección, de inadaptación social e de necesidades sociais específicas; menores e xoves con desprotección, enfermos e discapacitados, terceira idade, parados de longa duración ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE • Apoio e asesoramento • Acollida • Información • Prevención • Dinamización social • Intervención socioeducativa DOCENCIA/FORMACIÓN • Alfabetización • Educación para o lecer • Educación cívica e ambiental • Formación ocupacional XESTIÓN/ADMINISTRACIÓN • Animación sociocultural • Programas ocupacionais • Programas de intervención social • Xestión empresarial POLÍTICAS DE TEMPO LIBRE • Turismo xuvenil • Turismo social e cultural • Turismo rural • Programas de animación do tempo libre
- SÓCRATES – ERASMUS (http://www.fcce.usc.es/erasmus/): Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Noruega, República Checa, Hungría e Italia - ERASMUS IP (EFFECT): coa universidade Nijmegem de Holanda - ISEP: con universidades de Estados Unidos - SICUE-SÉNECA. Intercambio con universidades españolas de: Pais Vasco, Barcelona, Xirona, Tarragona, Valencia, Murcia, Las Palmas de Gran Canaria, Salamanca e Valladolid
De acordo co establecido no plano de estudos os alumnos realizarán períodos de prácticas en distintas institucións socioeducativas. Ademais poderán realizar, de existir unha convocatoria pública, prácticas en empresas, institucións públicas ou privadas. O máximo de créditos que se poderá obter por prácticas en empresas será de 10 (30 horas = 1 crédito)
COU: todas as opcións Bacharelato LOXSE: todas as opcións + PAAU Probas de acceso para maiores de 25 anos: todas as opcións Ciclos formativos de grao superior: Actividades Físicas e Deportivas Administración Comercio e Mercadotecnia Imaxe Persoal: Asesoría de Imaxe persoal Informática Sanidade: Todas as especialidades, agás Audioprotésica Servizos Socioculturais e á Comunidade Ramas e especialidades de FP2: Administrativa e Comercial: todas as especialidades, agás as de: Azafatas de Congresos e Exposicións, Servizos a bordo de aviación, Servizos de terra de aviación Perruquería e Estética Sanitaria: Educador de Diminuídos Psíquicos Servizos á Comunidade Administrativa e Comercial Servizos á Comunidade Sanitaria
DENDE A DIPLOMATURA EN EDUCACIÓN SOCIAL A OUTROS ESTUDOS Lic. en Antropoloxía Social e Cultural (sen complementos de formación) Lic. en Criminoloxía (con complementos de formación) Lic. en Ciencias do Traballo (con complementos de formación) Lic. en Pedagoxía (con complementos de formación) Lic. en Psicopedagoxía (con complementos de formación) TITULACIÓNS QUE TEÑEN SEGUNDOS CICLOS ACCESIBLES DENDE CALQUERA PRIMEIRO CICLO Lic. en Comunicación Audiovisual (con complementos de formación) Lic. en Documentación (con complementos de formación) Lic. en Estudos de Asia Oriental (con complementos de formación) Lic. en Historia e Ciencias da Música (con complementos de formación) Lic. en Humanidades (con complementos de formación) Lic. en Lingüística (con complementos de formación) Lic. en Publicidade e Relacións Públicas (con complementos de formación) Lic. en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (con complementos de formación) Lic. en Tradución e Interpretación (con complementos de formación) Lic. en Xornalismo (con complementos de formación)
COU: todas as opcións Bacharelato LOXSE: todas as opcións + PAAU Probas de acceso para maiores de 25 anos: todas as opcións Ciclos formativos de grao superior: Actividades Físicas e Deportivas Administración Comercio e Mercadotecnia Imaxe Persoal: Asesoría de Imaxe persoal Informática Sanidade: Todas as especialidades, agás Audioprotésica Servizos Socioculturais e á Comunidade Ramas e especialidades de FP2: Administrativa e Comercial: todas as especialidades, agás as de: Azafatas de Congresos e Exposicións, Servizos a bordo de aviación, Servizos de terra de aviación Perruquería e Estética Sanitaria: Educador de Diminuídos Psíquicos Servizos á Comunidade Administrativa e Comercial Servizos á Comunidade Sanitaria
DENDE A DIPLOMATURA EN EDUCACIÓN SOCIAL A OUTROS ESTUDOS Lic. en Antropoloxía Social e Cultural (sen complementos de formación) Lic. en Criminoloxía (con complementos de formación) Lic. en Ciencias do Traballo (con complementos de formación) Lic. en Pedagoxía (con complementos de formación) Lic. en Psicopedagoxía (con complementos de formación) TITULACIÓNS QUE TEÑEN SEGUNDOS CICLOS ACCESIBLES DENDE CALQUERA PRIMEIRO CICLO Lic. en Comunicación Audiovisual (con complementos de formación) Lic. en Documentación (con complementos de formación) Lic. en Estudos de Asia Oriental (con complementos de formación) Lic. en Historia e Ciencias da Música (con complementos de formación) Lic. en Humanidades (con complementos de formación) Lic. en Lingüística (con complementos de formación) Lic. en Publicidade e Relacións Públicas (con complementos de formación) Lic. en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (con complementos de formación) Lic. en Tradución e Interpretación (con complementos de formación) Lic. en Xornalismo (con complementos de formación)
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| Diplomatura en Educación Social | 93.5 | 55.5 | 29.0 | 20.0 | 198.0 |
| PRIMEIRO CICLO | 93.5 | 55.5 | 29.0 | 20.0 | 198.0 |
| 1º CURSO | 46.5 | 12.0 | 4.5 | 0.0 | 63.0 |
| 2º CURSO | 26.0 | 21.0 | 16.5 | 6.0 | 69.5 |
| 3º CURSO | 21.0 | 22.5 | 8.0 | 14.0 | 65.5 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391901 | Socioloxía e Antropoloxía Social | Troncal | 4.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391902 | Didáctica Xeral | Troncal | 4.00 | XT/NM | Anual Materias Anteriores RD 1497/1987 |
| 391903 | Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación | Troncal | 4.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391904 | Educación Permanente | Troncal | 6.00 | XT/NM | Anual Materias Anteriores RD 1497/1987 |
| 391905 | Psicoloxía do desenvolvemento | Troncal | 4.00 | XT/NM | Anual Materias Anteriores RD 1497/1987 |
| 391906 | Psicoloxía Social e das Organizacións | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391907 | Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Social | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391908 | Programas de animación sociocultural | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391909 | Intervención Socioeducativa sobre Problemas Fundamentais da Desadaptación Social | Troncal | 9.00 | XT/NM | Anual Materias Anteriores RD 1497/1987 |
| 391910 | Prácticum | Troncal | 11.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391101 | Educación Permanente | Troncal | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391102 | Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación | Troncal | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391103 | Didáctica Xeral | Troncal | 9.00 | XT/NM | Anual |
| 391104 | Prácticum de Educación Social I | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391105 | Psicoloxía do Desenvolvemento | Troncal | 9.00 | XT/NM | Anual |
| 391106 | Socioloxía e Antropoloxía Social | Troncal | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391107 | Teoría e Institucións Contemporáneas da Educación | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391111 | Métodos de Investigación Socioeducativa | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391112 | Pedagoxía Social | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391201 | Intervención Educativa sobre Problemas Fundamentais de Desadaptación Social | Troncal | 9.00 | XT/NM | Anual |
| 391202 | Prácticum de Educación Social II | Troncal | 11.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391203 | Psicoloxía Social e das Organizacións | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391211 | Educación Ambiental | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391212 | Análise de Datos na Investigación Socioeducativa | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391213 | Historia da Educación Social | Obrigatorio | 4.50 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391214 | Teoría e Técnicas da Creatividade | Obrigatorio | 4.50 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391301 | Prácticum de Educación Social III | Troncal | 15.00 | XT/NM | Anual |
| 391302 | Programas de Animación Sociocultural | Troncal | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391311 | Educación Familiar | Obrigatorio | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391312 | Formación e Orientación Ocupacional | Obrigatorio | 12.00 | XT/NM | Anual |
| 391313 | Técnicas de Acción Grupal | Obrigatorio | 4.50 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391121 | Antropoloxía, Patrimonio Cultural e Educación | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391122 | Educación e Diversidade Cultural | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391123 | Métodos de Expresión e Acción Social | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391221 | Antropoloxía da Educación | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391222 | Historia da Educación en Galicia | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391223 | Socioloxía da Educación | Optativo | 4.50 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391224 | Técnicas de Aprendizaxe Cooperativa | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391225 | Técnicas de Recollida de Datos Socioeducativos | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391321 | Análise Informática de Datos na Investigación Educativa | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391322 | Organización e Xestión de Institucións Educativas | Optativo | 4.50 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391323 | Orientación para a Diversidade Sociolaboral | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391231 | Educación Popular e Movementos Sociais Contemporáneos | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391232 | Programas Educativos na Infancia e na Xuventude | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391331 | Pedagoxía do Lecer e do Tempo Libre | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391332 | Programas Educativos na Terceira Idade | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391241 | Dificultades da Linguaxe e Comunicación en Adultos | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391242 | Integración Social e Laboral de Adultos con Discapacidades | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391341 | Didáctica da Educación de Adultos | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391342 | Educación de Adultos | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 391251 | Acción Educativa na Marxinación | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391252 | Programas Educativos en Servizos Sociais | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
| 391351 | Intervención Educativa nas Discapacidades | Optativo | 6.00 | XT/NM | Primeiro Cuadrimestre |
| 391352 | Traballo Educativo con Menores Inadaptados | Optativo | 6.00 | XT/NM | Segundo Cuadrimestre |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable