
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Educación Social
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010; corrección de erros no BOE do 13 de xullo de 2010
Data da última acreditación: 22/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: Caballo Villar, Maria Belen
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Coñecer os fundamentos conceptuais, teóricos, metodolóxicos e técnicos da Educación Social.
Coñecer o marco socio-político, cultural e institucional no que se insire a Educación Social e as súas prácticas.
Poder afrontar o deseño, desenvolvemento e avaliación de procesos educativos (plans, programas, proxectos ou actividades) que tomen como referencia a Educación Social, nos distintos ámbitos da intervención socioeducativa nos que se concreta o seu desempeño profesional, individualmente e/ou en colaboración con outros profesionais educativos e sociais.
Estar capacitado para facer uso de estratexias, metodoloxías, técnicas e medios que posibiliten unha intervención educativa diferenciada en función dos suxeitos, grupos e/ou colectivos aos que remiten o seu labor profesional os/as educadores/as sociais, en contextos institucionais e comunitarios nos que se desenvolve a vida cotiá das persoas, desde a infancia ata a vellez e atendendo a distintas circunstancias sociais.
Coñecer as características que definen a profesión de educador/a social e formarse para tomar decisións relativas ao seu desenvolvemento persoal, académico e profesional.
COMPETENCIAS XERAIS:
Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional.
Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas.
Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A titulada ou titulado de Grao en Educación Social deberá demostrar coñecementos e capacidades que lle permitan unha comprensión básica do marco teórico e contextual do seu labor profesional e deberá así mesmo demostrar coñecementos e destrezas que lle permitan promover e desenvolver procesos de acción-intervención socioeducativa.
O título de Grao en Educación Social permite desempeñar a actividade profesional de "educador ou educadora social" en ámbitos ou cometidos relativos á:
-Educación en contextos familiares e en procesos de desenvolvemento comunitario.
-Educación para a mediación, a inclusión social e a diversidade.
-Educación do lecer, a animación e a xestión sociocultural
-Acción socio-educativa en infancia e mocidade.
-Acción socio-educativa con persoas adultas e maiores.
-Educación para a cidadanía e a cultura da sustentabilidade.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Educación Social [pdf - 909 kb][Actualizado: 8/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 75
Demanda do ano anterior: 6.090 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, as alumnas e alumnos poden ser admitidos na titulación do grao en Educación Social de reuniren os requisitos de acceso que estabelece a lei, recomendándose que teñan un perfil formativo da área de Humanidades e Ciencias Sociais.
As calidades desexábeis para o futuro estudante do Grao en Educación Social son:
-Ter capacidade de iniciativa e de análise crítica das realidades sociais e educativas.
-Boa capacidade para comunicar, expresar, argumentar ou dialogar.
-Ser sensíbel ás realidades da contorna, cunha perspectiva crítica, reflexiva e cooperativa.
-Sentido da responsabilidade, do compromiso coa tarefa, dos dereitos e deberes cara aos demais.
-visión de grupo e condicións para traballar en equipo.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Os estudantes que xa teñan cursado a diplomatura en Educación Social terán a oportunidade de obteren o Grao en Educación Social realizando un Curso Complementario. Este curso, cunha carga lectiva de 60 ECTS, constaría das seguintes materias, de 6 créditos cada unha:
Proxecto de fin de grao (G3091425)
Formación e profesionalización en Educación Social (G3091222)
Educación nos medios de comunicación e web social (G3091423)
Investigación, desenvolvemento e innovación en Educación Social (G3091422)
Documentación e información educativa (G3091108)
Avaliación na Educación Social (G3091321)
Políticas socio-educativas e dereitos humanos (G309110)
Economía da Educación (G3091106)
Educación e desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos (G3091344)
Métodos e técnicas de investigación na acción socioeducativa (G3091325)
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Para poder matricularse do Traballo de Fin de Grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.
Prácticas en empresas: O Título de grao de Educación Social inclúe 30 créditos de prácticas externas, Practicum, de carácter obrigatorio, materia que xa se vén cursando na actual Diplomatura.
Para poder desenvolvelo, establecéronse convenios de colaboración coas administracións e institucións sociais (fundacións, asociacións e ONG’s), a fin de regular a presenza do alumnado nos diferentes servizos e favorecer o traballo colaborativo entre a Universidade e os devanditos centros.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A Facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.
A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, a persoa responsable da UAXCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3091101 | Antropoloxía da Educación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3091102 | Socioloxía da Educación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3091103 | Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3091104 | Psicoloxía Social da Educación | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3091105 | Psicoloxía do Desenvolvemento | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3091106 | Economía da Educación | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3091107 | Educación e Sociedade en Galicia | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3091108 | Documentación e Información Educativa | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3091109 | Teoría da Educación | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3091110 | Políticas Socioeducativas e Dereitos Humanos | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3091224 | Historia da Educación Social | 6.00 | OB | 1SG | G3091221 | Pedagoxía Social | 6.00 | OB | 1SG | G3091222 | Formación e Profesionalización en Educación Social | 6.00 | OB | 1SG | G3091223 | Análise e Diagnóstico das Realidades Socioeducativas | 6.00 | OB | 1SG | G3091225 | Contextos, Ámbitos e Axentes da Acción Socioeducativa | 6.00 | OB | 1SG | G3091226 | Familia, Escola e Comunidade na Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091227 | Servizos Educativos e Culturais na Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091228 | Experiencias e Recursos en Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091229 | Educación Social, Servizos Sociais e Iniciativa Cidadá | 6.00 | OB | 2SG | G3091230 | Tecnoloxía Educativa | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3091321 | Avaliación na Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091346 | Educación Social nas Políticas Culturais | 6.00 | OP | 1SG | G3091322 | Dinámica e Técnicas de Educación en Grupo | 6.00 | OB | 1SG | G3091323 | Planificación e Deseño da Acción Socioeducativa | 6.00 | OB | 1SG | G3091324 | Xestión e Desenvolvemento de Programas de Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091325 | Métodos e Técnicas de Investigación na Acción Socioeducativa | 6.00 | OB | 1SG | G3091326 | Prácticum de Educación Social I | 12.00 | OB | 2SG | G3091341 | Educación e Mediación nos Procesos de Inclusión social | 6.00 | OP | 1SG | G3091342 | Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables | 6.00 | OP | 1SG | G3091343 | Acción Socioeducativa nas Discapacidades | 6.00 | OP | 2SG | G3091344 | Educación e Desenvolvemento Comunitario en Contextos Rurais e Urbanos | 6.00 | OP | 1SG | G3091345 | Educación Social, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Local | 6.00 | OP | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3091421 | Inserción Laboral e Formación Continua dos Profesionais da Educación Social | 6.00 | OB | 1SG | G3091422 | Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Educación Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091446 | Animación e Xestión Sociocultural | 6.00 | OP | 1SG | G3091423 | Educación nos Medios de Comunicación e Web Social | 6.00 | OB | 2SG | G3091424 | Prácticum de Educación Social II | 18.00 | OB | ANG | G3091441 | Acción Socioeducativa nas Dependencias | 6.00 | OP | 2SG | G3091442 | Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude | 6.00 | OP | 1SG | G3091443 | Acción Socioeducativa con Persoas Adultas e Maiores | 6.00 | OP | 1SG | G3091444 | Educación do Ocio e Desenvolvemento Comunitario | 6.00 | OP | 1SG | G3091445 | Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade | 6.00 | OP | 2SG | G3091425 | Traballo de Fin de Grao | 6.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable