O Plan de Estudos do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais procede da adaptación dos estudos de Enxeñaría Técnica Industrial (especialidade en Química Industrial) que se impartían na Facultade de Ciencias dende o ano 1993. O novo grao axústase plenamente aos requisitos da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, recollendo todas e cada unha das competencias. Estas competencias están distribuidas en diferentes módulos: de Formación Básica, de Común á Rama Industrial e de Tecnoloxía específica Química Industrial cumprido coa Orde CIN/351/2009, publicada no BOE de 9 de Febreiro do 2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. Neste grao ademais incorporouse o modulo Enxeñería de Procesos Químicos Industriales para dar unha formación mais especifica dos coñecementos químicos.
Coordinador do título: José Manuel Martínez Ageitos