Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

Esta titulación de máster está confeccionada de acordo con:

a. Resolución 1478 do 15 de Xaneiro de 2009 da Secretaría de Estado de Universidades pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros, polo que se establecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das distintas profesións reguladas de Enxeñeiro (BOE nº 25/29-01-2009).

b. Orde CIN/311/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial. (BOE nº 42/18-02-2009).

Polo que o titulo de Master proposto habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial. En particular, a inserción laboral dos enxeñeiros industriais é satisfactoria e sitúase entre as mellores do conxunto das ensinanzas técnicas.

Entre os sectores en que están máis demandados os enxeñeiros industriais están os de Electricidade e Electrónica, Automoción, Maquinaria e Equipo Mecánico. Así mesmo aínda que con menos oferta están os sectores de Consultoría, Químico, Metalurxia, Mineralurxia e Construción.

Información

Coordinador do título: José Manuel Martínez Ageitos

Memoria do título

 

Memoria do máster en Enxeñaría Industrial

 

Verificación polo Consejo de Coordinación Universitaria

 

Autorización de implantación pola Xunta de Galicia

 

Resolución de 14/02/2011 de la Universidad de Santiago de Compostela, por la que se publica el plan de estudios de máster en Ingeniería  Industrial (BOE 11/03/2011)

 

Resolución do 14/02/2011 da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se publica o plan de estudos de máster en Enxeñaría Industrial (DOG 17/03/2011)

 

Plano de estudos do título

Informes