Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental
Coñecemento teórico e práctico da Prevención de Riscos Laborais que permita a homologación para o exercicio profesional de Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada segundo o RD. 39/1997.
Facilitar un amplo coñecemento e esixencias de aplicación da normativa legal: Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995), RD. 39/1997, Orden de 27-6-1997.
Cumprir cos contidos mínimos sobre formación en Auditorías Prevención de Riscos Laborais recollidos no Anexo 1 do Acordo do Comité Mixto MTAS-CCAA sobre criterios de aplicación na formación de auditorías.
Seguir os criterios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo sobre as condicións necesarias para ser Técnico competente outorgados pola Disposición adicional da Lei de Edificación; propoñendo a necesidade de ter unha formación específica en materia de prevención y protección de riscos laborais na construcción.
Promover o coñecemento da Toxicoloxía Laboral e a súa aplicación na prevención de enfermidades profesionais asociadas á exposición a axentes tóxicos no medio laboral.
Proporcionar aos alumnos un coñecemento completo dos principais problemas ambientais, así como os seus efectos sobre os ecosistemas e a saúde da poboación.