G2071101 - Física para Ciencias da Vida (Formación Básica) - Curso 2012/2013
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 33.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTrátase de analizar desde un punto de vista teórico e práctico os principios da Física, e cómo permiten
xustificar diferentes comportamentos e situacións no ámbeto do que son as Ciencias da Vida. O
alumno debe rematar o curso cun bon coñecemento e manexo dos conceptos que se incluen no
programa, e cunha visión do interés que ten a Física para alcanzar un grado de comprensión adecuado
de diferentes conceptos que lle surxirán cando estudie outras materias da súa titulación.
Saber elaborar e presentar unha boa memoria de laboratorio con análisis dos datos experimentais, coherente coa física de cada práctica, e coas correspondentes conclusións.
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA
CAPÍTULO I: “Temas preliminares”
Introducción á Física. Introducción ó Análise Vectorial
CAPÍTULO II: “Mecánica. Nocións de Biomecánica”
Descripción do movemento. Cinemática
Movemento e forza. Dinámica
Corpos en equilibrio. Estática
Cantidade de movemento e enerxía
Elasticidade
CAPÍTULO III: “Mecánica de Fluidos”
Estática de Fluidos
Dinámica de Fluidos
Movemento de sólidos no seno de Fluidos
Forzas de cohesión en líquidos. Tensión superficial
Conceptos biofísicos en relación co sistema circulatorio dos mamíferos
Procesos de transporte. Difusión en membranas
CAPÍTULO IV: “Termodinámica”
Conceptos básicos. Temperatura. Dilatación térmica
Calorimetría. Propagación do calor
Primeiro e Segundo Principio da Termodinámica
Nocións de Termodinámica Biolóxica
CAPÍTULO V: “Electricidade e Magnetismo”
Electrostática
Corrente eléctrica. Bioelectricidade
Magnetismo. Corrente alterna
Bibliografía básica e complementariaTeoría:
CROMER, A.H. Física para las Ciencias de la Vida. Ed Reverté.
GIANCOLI, D.C. Física. Principios y Aplicaciones. Ed Reverté.
KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. Física. Ed Reverté.
McDONALD, S.C.G.; BURNS, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo
Iberoamericano.
SERWAY, R.A.; JEWETT, J.W. Física. Ed Thomson.
STROTHER, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. Ed McGraw-Hill.
TIPLER, P.A. Física. Ed Reverté.
ORTUÑO ORTÍN, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Ed Crítica (Grijalbo Mondadori)
JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. Física para Ciencias de la Vida. Ed McGraw-Hill.
Problemas: (son de gran interés los propuestos y resueltos que están en los libros de teoría)
JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. Problemas de Física para Ciencias de la Vida. Serie Schaum. Ed
McGraw-Hill.
AGUILAR, J.; SENENT, F. Cuestiones de Física. Ed. Reverté.
Prácticas:
FERNÁNDEZ-MORENO, F.; BAIXERAS DIVAR, C.; CASAS AMETLLER, M. Prácticas de Física (Biología,
Veterinaria, Informática). Ed Alhambra.
ORTEGA GIRÓN, M. R. Prácticas de Laboratorio de Física General. Ed. Marzo 80, Barcelona
Competencias• Saber aplicar os conceptos fundamentáis da cinemática, dinámica e as condicións de
equilibrio no corpo humán
• Saber aplicar os coñementos biomecánicos do corpo humán.
• Saber aplicar a ecuación fundamental da estática de fluidos ós fluidos relacionados coa vida.
• Saber determinar a presión sanguínea. Saber distinguir os diferentes tipos de movemento de
fluidos en conduccións. Exemplos: movemento da sangue no sistema circulatorio, inxeccións, etc.
• Saber aplicar os conceptos de control e retroalimentación comúns nos seres vivos.
• Comprender a termodinámica como ciencia capaz de explicar os procesos que implican
transferencia de enerxía nos seres vivos. Coñecer os mecanismos de transmisión de calor nos seres
vivos.
• Coñecer os procesos de difusión a través de membranas e a súa aplicación nos procesos de
filtración.
• Coñecer os conceptos de campo e potencial eléctricos e a súa importancia nos sistemas
biolóxicos.
• Asimilación funcional da xeneración e propagación do potencial de acción e os seus elementos
esenciais.
• Coñecer algúns das técnicas de detección de sinais magnéticas en sistemas biolóxicos.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases de teoría explicaranse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia,
tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte dos alumnos.
Nas clases de problemas analizaránse os que se lles propón previamente ós alumnos mediante
boletíns.
As prácticas realizaránse no laboratorio, en grupos de dous alumnos, según o calendario marcado. Ó final das prácticas, cada grupo debe presentar unha memoria do traballo realizado.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas da materia será obrigatoria. Avalíarase o caderno de prácticas (memoria) que debe presentar cada grupo.
Exames: farase un exame final. Poderá haber algún exame parcial. En xeral, os exames constarán dunha parte teoría-cuestións e doutra de problemas, cada unha das cales se puntuará sobre 10, e se promediará entre ambas as dúas sempre que a cualificación de cada parte non sexa inferior a 4. Si en algunha parte a cualificación fora inferior a 4, o exame estará suspenso con esa nota. Si a nota media forá superior a 5, o exame estará aprobado.
Coa referencia de que a nota máxima final pode chegar a ser 10, a avaliación contínua (asistencia e actividade en clase, boletines de casos prácticos e traballos) supoñerá ata 2 puntos, e a realización das prácticas e a súa memoria ata 1 punto. O exame final contará ata 7 puntos, sempre que a súa cualificación sexa de aprobado.
Tempo de estudo e traballo persoalDistribución da actividade formativa en créditos ECTS:
Actividad Horas presenciales Factor Horas trabajo alumno Créditos ECTS
Clases magistrales 33 1,5 49,5 3,3
Seminario 4 1,5 6 0,4
Prácticas Lab. 12 1,129 13,5 1,02
Tutorías Grupo
Trabajos Indiv. 2 5 10 0,48
Trabajos Grupo
Cuaderno Prácticas
Tutorías indiv.
Realización exam. y revisión 5 3 15 0.8
Total 56 94 6
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe traballar dende o primeiro día de clase, tratando de ter os coñecementos "ó día". A esto
ayudarálle enormmuito o traballo sobre os problemas dos boletíns. A utilización da bibliografía adecuada, na súa xusta medida, axudarálle muito para "ver" mellor os conceptos básicos, e as súa aplicacións para xustificar situacións e fenómenos que se dan na vida real.
Cando teñaa dúbidas sobre algún concepto teórico ou aplicado, debe recurrir ó profesor en horario de
titorías, co fin de aclaralas canto antes. É mui negativo deixar o estudo e compresión da
materia para os días próximos ó examen.