Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G2071104 - Fundamentos Antropolóxicos da Alimentación (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Antropoloxía Social
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FREIRE PAZ, ELENA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Poñer en contacto o estudo dos alimentos dende un punto de vista tecnolóxico coa disciplina antropológica tendo en conta que a alimentación humana é tamén un feito cultural. Coñecer as achegas teóricas da antropología e a súa evolución no estudo dos comportamentos alimentarios do ser humano. Percibir a produción, distribución e consumo de alimentos como factores que marcan as pautas de diferenciación e identificación das diferentes sociedades desde unha dobre perspectiva: diacrónica e sincrónica.
    Contidos
    Tema 1: Cultura e culturas. Conceptos definitorios e asociados
    Tema 2: A alimentación como tradición cultural. A variabilidade cultural da alimentación
    Tema 3: Relacións entre alimentación e cultura
    Tema 4: Nocións básicas do simbolismo. A alimentación como feito simbólico.
    Tema 5: Producción, distribución e consumo dos alimentos nos distintos tipos de sociedades. A evolución das técnicas de cultivo e a industrialización do procesamento dos alimentos
    Tema 6: A alimentación e a identidad cultural
    Tema 7: Alimentación e diferenciación social
    Tema 8: Obesidade, anorexia, vigorexia, ortorexia: doenzas socio-culturais das sociedades da abundancia.
    Bibliografía básica e complementaria
    Contreras, Jesús
    1993 Antropología de la Alimentación. Eudema

    Contreras, Jesús (comp.)
    1995 Alimentación y cultura. Gedisa: Barna

    Contreras, Jesús, and M. Gracia
    2002 Alimentación y cultura desde la perspectiva antropológica. Barcelona: Gedisa

    Fischler, C. 1995 El (H)Omnívoro Anagrama: Barcelona

    Goody, Jack
    1995 Cocina, cuisine y clase. Gedisa (capítulo 2).

    Gracia, M. 1998 La trasformación de la cultura alimentaria. Cambios y permanencias en su contexto. Ministerio de Cultura: Madrid

    Gracia Arnaiz, Mabel, "Somos lo que comemos estudios de alimentación y cultura en España", Barcelona Ariel 2002

    Gefre, Ch et alt. 1988 El imperio de la hamburguesa. Gedisa: Barcelona

    Harris ,M
    Bueno para comer. Alianza Editorial (varias reediciones)
    Canivales y Reyes, Alianza Editorial (varias reediciones)

    Mintz, Sidney
    (1996): “Enduring substances, trying theories: the Caribean region as oikoumene”, en Royal Anthropological Institute:2(2):291-311;

    (1999), “La comida como un campo de combate ideológico”, en VIII Congreso de Antropología de la FAAEE (Santiago de Compostela).

    Medina, F. Xavier , ed. / Alonso, R. / Grande Covián, Francisco , pr., "La Alimentación mediterránea historia, cultura, nutrición", Barcelona Institut Català de la Mediterrània d'Estudis i Cooperació Icaria cop. 1996
    Competencias
    Coñecer a evolución histórica, antropolóxica e sociolóxica da alimentación, a nutrición e a dietética no contexto da saúde e a enfermidade. Coñecer os distintos métodos educativos de aplicación en ciencias da saúde, así como as técnicas de comunicación aplicables en alimentación e nutrición humana. Coñecer o sistema sanitario español e os aspectos básicos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente os que estean relacionados con aspectos nutricionais Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición. Describir os fundamentos antropolóxicos da alimentación humana. Describir e argumentar as desigualdades culturais e sociais que poden incidir nos hábitos de alimentación. Coñecer as bases psicolóxicas e os factores biopsico-sociais que inciden no comportamento humano.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases maxistrais, lecturas recomendadas, traballos e exposicións.
    Sistema de evaluación
    A avaliación do nivel de competencias, capacidades e coñecementos teóricos adquiridos polo alumno, correspondentes ás clases expositivas e outras actividades, en aula realizarase a través dun exame final que consistirá nunha proba escrita. A nota obtida supoñerá o 70% da nota total, pero só se alcanzará se esta nota é igual ou superior a 5,0.
    A avaliación do nivel de competencias, coñecementos, habilidades, destrezas, actitudes e valores adquiridos coa preparación e realización de seminarios (contidos, discusión) e
    coa exposición pública e manuscrito entregado que recollerá todo o conxunto de traballo realizado. A nota desta avaliación supoñerá o 30% da nota total.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Créditos teóricos: 6 ECTS
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases presenciais, a participación nas sesións e a realización das tarefas prácticas.
    A dedicación continuada ó estudo da materia.
    A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto a unha actitude crítica e analítica dos textos e materiais didácticos.
    O dominio dos conceptos teóricos que se verá moi reforzado coa utilización constante das lecturas recomendadas na bibliografía.