Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G2071105 - Bioestatística (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
  • Áreas: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral é dar a coñecer os principais modelos de distribución de probabilidade, as técnicas clásicas de inferencia estatística, e as súas aplicacións nas Ciencias da Saúde.
    Contidos
    Tema 1. ANÁLISE EXPLORATORIA DE DATOS
    Variables unidimensionais. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición, de dispersión e de forma.
    Variables bidimensionais. Coeficientes de correlación e determinación. Axustes de funcións polo método de mínimos cadrados.

    Tema 2. CÁLCULO DE PROBABILIDADES E VARIABLES ALEATORIAS
    Definicións de probabilidade. Cálculo de probabilidades. Independencia.
    Variables aleatorias discretas e continuas. Función de masa de probabilidade. Función de densidade.
    Características poboacionais de posición e de dispersión.
    Modelos de distribución de probabilidade de uso común. Distribución binomial. Distribución normal. Teorema central do límite. Distribucións relacionadas coa normal: chi cadrado de Pearson, t de Student, F de Fisher-Snedecor.

    Tema 3. INFERENCIA ESTATÍSTICA: ESTIMACIÓN PUNTUAL E POR INTERVALOS DE CONFIANZA
    Introducción á mostraxe aleatoria. Estimadores puntuais e erros típicos. Estatísticos e distribucións de referencia: estimación e comparación de medias, proporcións e varianzas. Intervalos de confianza baseados nunha e dúas mostras sobre medias, proporcións e varianzas. Determinación do tamaño dunha mostra.

    Tema 4. INFERENCIA ESTATÍSTICA: CONTRASTE DE HIPÓTESES
    Metodoloxía e conceptos básicos. Tests de hipóteses sobre medias, proporcións e varianzas. Contrastes de bondade de axustamento.

    Tema 5. INFERENCIA ESTATÍSTICA: MODELOS DE ANÁLISE DA VARIANZA E DE REGRESIÓN
    O modelo de análise da varianza cun só factor. Comparación conxunta de medias. Comparacións de medias por pares.
    O modelo de regresión lineal simple e o modelo de regresión lineal múltiple. Transformacións de modelos non lineais.

    Tema 6. ANÁLISE DE DATOS CATEGÓRICOS
    Táboas de continxencia. Contraste de independencia. Contraste de homoxeneidade.
    O modelo de regresión loxística simple e múltiple.

    Laboratorio. ESTATÍSTICA CON EXCEL E R-COMMANDER
    Sesión 1. Análise exploratoria de datos de variables unidimensionais: fórmulas, funcións e gráficos de Excel.
    Sesión 2. Análise exploratoria de datos de variables bidimensionais. Cálculo de probabilidades e variables aleatorias. Elaboración dun libro Excel para a análise estatística de datos.
    Sesión 3. Inferencia estatística I.
    Sesión 4. Inferencia estatística II.
    Sesión 5. Análise de datos categóricos. Introducción a R-commander.

    Bibliografía básica e complementaria
    Arriaza Gómez, A.J. e outros (2008). Estadística básica con R y R-commander.
    Universidad de Cádiz.

    Asín J. e outros (2009) Probabilidad y Estadística en Ingeniería: ejercicios resueltos.
    Prensas Universitarias de Zaragoza.

    Barnett, R. N. (1983). Estatística en el laboratorio clínico. Aplicaciones al control de
    calidad y valores de referencia. Editorial Reverté.

    Cao, R. e outros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Ed. Pirámide.

    Carrasco, J. L. e outros (1994). Ejercicios y problemas de Estadística médica. CIBEST,
    Editorial Ciencia 3.

    Daniel, W (2004). Bioestadística. Ed. Limusa.

    García Pérez, A. (2010). Estadística básica con R. UNED

    Hines, W. W. e Montgomery, D. C. (1997). Probabilidad y Estadística para Ingeniería
    y Administración. CECSA.

    Lara, A. M. (2002). Estadística para ciencias biológicas y ciencias ambientales.
    Proyecto Sur de Ediciones.

    Luceño, A. e González, F. J. (2004). Métodos estadísticos para medir, describir y
    controlar la variabilidad. Universidad de Cantabria

    Martín, A. e Luna, J. (2004). Bioestadística para Ciencias de la Salud. Ed. Norma

    Miján de la Torre, A. (2002). Técnicas y métodos de investigación en nutrición humana.
    Editorial Glosa.

    Milton, J. S. (2007). Estadística para biología y ciencias de la salud. McGraw-Hill

    Novo Sanjurjo, V. (2003). Problemas de Cálculo de Probabilidades y Estadística.
    Sanz y Torres.

    Parra Frutos, I. (2003). Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de
    Inferencia Estadística. Ed. AC.

    Peña Sánchez de Rivera, D. (2001). Fundamentos de Estadística. Alianza Editorial.

    Peña Sánchez de Rivera, D. (2002). Regresión y diseño de experimentos. Alianza Ed.

    Rius, F. e Barón, F. J. (2008). Bioestadística. Thomson-Paraninfo

    Ríus F., Barón F.J., Sánchez E. e Parras L. (2000).Bioestadística. Universidad de
    Málaga. (http://www.bioestadistica.uma.es/baron/bioestadistica.pdf)

    Samuels, M. L.; Witmer, J. A. e Schaffner, A. (2012) Fundamentos de Estadística para las Ciencias de la Vida. Pearson

    Sánchez-Cantalejo Ramírez, E. (2000). Regresión logística en salud pública. Escuela
    Andaluza de Saluz Pública, Consejería de Salud.

    Steel, R. e Torrie, J. (1988). Bioestadística: Principios y procedimientos. McGraw-Hill.

    Viedma, J. A. (1990). Exposición intuitiva y problemas resueltos de Métodos
    Estadísticos. Ed. del Castillo.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    1. Coñecer a estatística aplicada ás ciencias da saúde.
    2. Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estructuran de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demáis persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.


    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    1. Saber interpretar os resultados de análises estatísticas relacionados coa nutrición, alimentación e aspectos sanitarios.
    2. Adquirir a formación básica en inferencia estatística para a actividade investigadora en materia sanitaria e nutricional.
    3. Coñecer a metodoloxía e os deseños de mostras de utilidade en estudios nutricionais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ao longo do curso recorrerase aos seguintes tipos de clases.

    1. Clases expositivas. Abordarán a metodoloxía estatística. As exposicións faranse mediante presentacións co ordenador que se complementarán coas explicacións necesarias, facendo uso do encerado cando sexa conveniente, e coa resolución de problemas.
    As transparencias das presentacións de cada tema estarán a disposición dos estudiantes antes de comezar o tema correspondente.

    2. Clases interactivas. Son as clases de prácticas e os seminarios.
    2.1 Clases de prácticas. Terán lugar nas aulas de informática do centro. Centraranse na aprendizaxe da folla de cálculo Excel e do programa R-commander como ferramentas para levar a cabo análises estatísticas. Nestas clases empregaranse uns guións que estarán a disposición dos estudiantes antes de cada sesión.
    2.2. Seminarios. Estarán dedicados á resolución de problemas e casos prácticos.

    As titorías en grupo estarán dedicadas ás actividades para a avaliación do seguimento continuo das clases que se proporán ao longo do curso (análise de casos prácticos, resolución de boletíns de problemas ou probas).
    Sistema de evaluación
    A avaliación farase en base ós dous apartados seguintes.

    1. O exame da materia, cunha valoración de 6,5 puntos.
    Hai dúas convocatorias que terán lugar nas datas oficiais fixadas polo centro.
    Este exame abordará cuestións sobre métodos estatísticos, e a resolución razoada de problemas.

    2. As actividades para a avaliación do seguimento continuo das clases (análise de casos prácticos, resolución de boletíns de problemas ou probas) e o exame de prácticas de Bioestatística, cunha valoración conxunta de 3,5 puntos.
    O exame das prácticas de Bioestatística terá unha valoración de 2,5 puntos. As actividades para a avaliación do seguimento continuo das clases terán unha valoración de 1 punto.
    En cada unha das dúas convocatorias oficiais haberá un exame de prácticas. Na primeira convocatoria, a data e a hora do exame de cada grupo indicaranse durante as clases de prácticas. Na segunda convocatoria o exame de prácticas será a continuación do exame da materia.
    A nota do exame de prácticas da primeira convocatoria consérvase para a segunda, agás para aqueles estudiantes que realicen o exame de prácticas nesta última convocatoria.
    O exame de prácticas consistirá na resolución de problemas con Excel ou R-commander.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Créditos ECTS: 6

    Horas presenciais
    Horas expositivas: 30
    Horas interactivas: 20 (Horas de seminarios: 4 Horas de prácticas: 16)
    Horas de titoría en grupo: 2

    Horas non presenciais
    Horas de estudio e elaboración de traballos (estimadas): 96 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - A asistencia ás clases, tanto ás expositivas (de teoría) como ás interactivas (de prácticas e seminarios).
    - A realización das actividades de avaliación continua e os boletíns de problemas propostos.
    - O estudo da materia ao ritmo que se imparte nas clases.
    - A consulta de bibliografía recomendada para a materia.