G2071106 - Química II (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxectivos xerais que esta materia pretende cubrir son os seguintes:
• Proporcionar ós alumnos os fundamentos e coñecementos básicos de Química necesarios para a comprensión dos contidos de química doutras materias do grao facendo especial fincapé nas súas aplicacións.
• Coñecer os principios en que se fundamenta a Química con especial énfase no estudo dos equilibrios químicos e o uso destes no desenvolvemento de técnicas de análise volumétrica.
• Adquirir unha base científica para a resolución razoada e toma de decisións en problemas relacionados coa Nutrición Humana e Dietética que posúan unha compoñente química.
ContidosTEMARIO TEÓRICO
BLOQUE I:
TEMA 1. - Disolucións
Terminoloxía das disolucións. Unidades de concentración. Principios da solubilidade. Propiedades coligativas das disolucións.
TEMA 2. - Cinética química
Velocidade dunha reacción. Lei da velocidade. Factores que inflúen na velocidade dunha reacción. Mecanismos de reacción. Catálise.
BLOQUE II:
TEMA 3. - Equilibrio químico:
O concepto de equilibrio e a constante de equilibrio. Escritura das expresións das constantes de equilibrio. Factores que afectan ó equilibrio químico.
TEMA 4. - Equilibrios en disolución (I): Equilibrios ácido-base.
Definición de ácidos e bases. Forza dos ácidos e bases. Cálculos cos ácidos e as bases. Disolucións reguladoras. Volumetrías ácido-base.
TEMA 5. - Equilibrios en disolución (II).
5.1. Equilibrios de Oxidación-Redución. Reaccións de oxidación-redución. Introdución ás volumetrías de oxidación-redución.
5.2. Equilibrios de formación de complexos. Aspectos cuantitativos. Introdución ás Volumetrías de complexación.
5.3. Equilibrios de precipitación. Solubilidade e Produto de solubilidade. Precipitación fraccionada. Análise gravimétrica. Introdución ás Volumetrías de precipitación.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
1. -Recoñecemento de material de laboratorio. Preparación de disolucións.
2. -Volumetría Ácido-Base.
3. -Volumetría de Oxidación-Redución.
4. -Volumetría de Formación de Complexos.
5. -Volumetría de Precipitación.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA
• ATKINS, P.; JONES, L. Principios de Química. Ed. Médica Panamericana; 2006.
• CHANG, R. Química. Ed. Mc Graw Hill.; 2007.
• DOMÍNGUEZ-REBOIRAS, M. A. Química: La ciencia básica. Ed. Thomson, 2006.
• HARRIS, D.C. Análisis Químico Cuantitativo. Ed. Reverté, 2001.
• HOLUM, J.R. Fundamentos de química general, orgánica y bioquímica para ciencias de la salud. Ed. Limusa-Wiley, 1999.
• MAHAN, B.H. Química. Curso universitario. Addison-Wesley, 1990.
• MASTERTON, W.L.; HURLEY, C. N. Química: principios y reacciones. Ed. Thompson-Paraninfo Learning; 2004.
• MORCILLO, J. Temas básicos de química. Ed. Alhambra, 1991.
• PETRUCCI, R. H.; HERRING, F. G.; MADURA J.D.; BISSONETTE, C. Química General. Principios y aplicaciones modernas. Ed. Prentice Hall, Pearson Education; 2011.
• SKOOG, D.; WEST, D.; HOLLER, F.J.; CROUCH, S.R. Fundamentos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
Problemas e exercicios:
• BERMEJO, F. ; PAZ, M. Problemas de Química General y sus fundamentos teóricos. Ed. Dossat, 1994.
• BERMEJO, F. Cálculos numéricos en Química Analítica. Ed. Tórculo, 1998.
• DOMÍNGUEZ-REBOIRAS, M. A. Problemas resueltos de Química: La ciencia básica. Ed. Thomson, 2007.
• HERRERO, M.A.; ATIENZA, J.; NOGUERA, P.; TORTAJADA, L.A. La Química en problemas. Un enfoque práctico. Ed. UPV, 2008.
• LÓPEZ CANCIO, J.A. Problemas de Química. Ed. Prentice Hall, 2000.
• LÓPEZ CANCIO, J.A. Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Thomson, 2005.
• PEIDRO MARTÍNEZ, J. Problemas de Química para el primer ciclo. Un método didáctico, "activo para aprender a resolver problemas". Ed. EUB, S.L. 1996.
• TEIJÓN, J.M.; GARCÍA, J.A.; JIMÉNEZ, Y.; GUERRERO, I. La Química en Problemas. Ed. Tébar, 2006.
• YÁÑEZ, P.; PINGARRÓN, J.M.; VILLENA, F.J.M. Problemas resueltos de Química Analítica. Ed. Síntesis, 2003.
Competencias Competencias Xerais
• Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos de aplicación en nutrición humana e dietética.
• Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición.
Competencias específicas (resultados da aprendizaxe)
• Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química e as súas aplicacións en nutrición humana e dietética.
• Dispoñer de coñecementos básicos que permitan a adquisición doutros máis específicos dentro das áreas da Ciencias dos Alimentos, Hixiene, Seguridade alimentaria e Xestión de Calidade.
• Formular e resolver problemas estequiométricos e termoquímicos.
• Saber predicir propiedades químicas en razón de composición e da estrutura dun composto.
• Dispoñer de coñecementos básicos que permitan a adquisición doutros máis específicos dentro das áreas da Química e as súas aplicacións en nutrición humana e dietética.
• Formular e resolver problemas de equilibrios químicos en disolución: ácido-base, oxidación-redución e precipitación.
• Comprender as disolucións reguladoras e o seu papel fundamental no mantemento do valor do pH do medio.
• Comprender os fundamentos da cinética química.
• Saber correlacionar os conceptos aprendidos nas clases de teoría coa realización práctica.
• Saber realizar montaxes e experiencias prácticas de laboratorio.
• Saber facer e interpretar os cálculos dos experimentos realizados. Saber presentar unha boa memoria de laboratorio con análise dos seus datos experimentais, coherencia coa física da práctica e conclusións.
Metodoloxía da ensinanza A materia Química II estruturarase en torno a cinco tipos de actividades: as clases expositivas, os seminarios, as titorías de grupo, as clases prácticas de laboratorio, e unha serie de actividades a realizar polo alumno de forma autónoma.
Nas sesións expositivas o profesor dará a coñecer ó alumno os contidos da materia, e nelas alternaranse as explicacións teóricas (utilizando a pizarra e proxeccións con ordenador) coa resolución de exercicios que ilustren os conceptos explicados. Para alcanzar o máximo rendemento destas clases, completaranse, por parte do alumno, coa lectura de textos e bibliografía relacionada cos temas tratados.
Impartiranse seminarios nos que os alumnos resolverán problemas tipo para cada un dos temas. Intercalaranse coas clases teóricas e neles farase fincapé na comprensión do mecanismo de resolución e resaltarase a relación dos problemas coas aplicacións prácticas. Para iso, requirirase o alumno a resolución previa do boletín de problemas correspondente a cada tema. Os seminarios organizaranse en grupos de alumnos.
Realizaranse sesións de titorías en grupos. Neste tipo de actividade, o profesor orientará ó alumno resolvendo as súas dúbidas e instruíndoo nos métodos de traballo máis axeitados. A asistencia ás titorías servirá para afianzar os conceptos explicados de forma máis individualizada.
As clases prácticas de laboratorio terán lugar no laboratorio e ao final destas os alumnos deberán presentar un caderno de prácticas co traballo realizado. Nas clases prácticas abrangueranse conceptos adquiridos polos alumnos nas clases de teoría e seminarios e estarán orientados a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenvolva as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e de análise. Así mesmo, incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios.
O profesor entregará ós alumnos, de forma periódica ao finalizar os temas, unha relación de problemas ou cuestións para que, unha vez traballados os contidos teórico-prácticos, os resolvan de forma individual facendo uso dos apuntes e da bibliografía recomendada. A realización destas actividades servirá para asentar e afianzar os conceptos explicados e a súa aplicación práctica.
A interacción entre profesor e alumnos completarase a través das ferramentas proporcionadas por un curso virtual na plataforma que para este tipo de ensino ten a USC (USC virtual, http://www.usc.es/campusvirtual/).
Sistema de evaluaciónA avaliación esta materia consta dunha avaliación continua e un exame ao final do cuadrimestre.
A avaliación continua realizarase a través de varios mecanismos; en primeiro lugar, avaliarase positivamente aqueles alumnos que participen nos seminarios, resolvendo na pizarra os problemas propostos nos boletíns. O segundo estará baseado na entrega aos alumnos de determinados exercicios, os cales deberán contestar e entregar para a súa corrección.
O traballo desenvolvido no laboratorio controlarase mediante a avaliación continua no laboratorio e a través dos informes elaborados polos alumnos que entregarán ao profesor para a súa corrección. Para aprobar a materia o alumno deberá obter a cualificación de APTO nas prácticas de laboratorio.
Finalmente, realizarase un exame ao rematar o cuadrimestre que consistirá en preguntas de razoamento, tanto teóricas coma prácticas, nas cales se poida avaliar a capacidade de dedución e razoamento do alumno.
A cualificación final da materia calcularase tendo en conta os seguintes aspectos, que se resumen ademais na táboa seguinte:
1. Cualificación obtida no exame final da materia. Supoñerá o 75% da cualificación da materia. O exame constará de preguntas teórico/prácticas e problemas.
2. Cualificación obtida na realización e/ou exposición dos traballos prácticos de problemas individualmente ou en equipo e participación activa en seminarios e titorías (20% da cualificación da materia).
3. Cualificación obtida polo traballo práctico de laboratorio (5% da cualificación).
Esta cualificación final lograrase sempre que a nota do exame final sexa como mínimo dun 4,0. Nese caso a valoración positiva do traballo realizado a través do resto das actividades aumentará a cualificación do exame ata o total da súa puntuación.
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
• Traballo presencial na aula
Clases expositivas en grupo grande (31 horas)
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (3 horas)
Prácticas de laboratorio (15 horas)
Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (51 horas)
• Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo, individual ou en grupo (62 horas)
Resolución boletíns de problemas (Seminarios) (12 horas)
Preparación do traballo de laboratorio e informes a entregar (10 horas)
Resolución de traballos ou outros exercicios (8 horas)
Preparación titorías de grupo (3 horas)
Total horas traballo persoal do alumno (95 horas)
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e aproveitamento das clases expositivas que se han de completar, por parte do alumno, coa lectura de textos e bibliografía relacionada cos temas tratados.
- Realización dos exercicios propostos nos boletíns previa á súa explicación nos seminarios.
- Realización das actividades individuais ou de grupo propostas nos diferentes temas para asentar e afianzar os conceptos explicados e a súa aplicación práctica.
ObservaciónsA realización das prácticas de laboratorio e a asistencia ás actividades presenciais (seminarios e titorías de grupo) é OBRIGATORIA para poder aprobar a materia.