G2071107 - Anatomía e Histoloxía Humana (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Identificar, analizar e sistematizar a estrutura macro e microscópica dos diferentes órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Integrar de forma eficaz estrutura histolóxica, morfoloxía macroscópica biomecánica e función.
• Comprender as implicacións que os coñecementos adquiridos sobre estrutura e organización do corpo humano terán para o estudo da función dos distintos aparellos e sistemas en situacións de saúde e enfermidade.
ContidosCAPÍTULO UN.- INTRODUCIÓN
T01 Fundamentos de histoloxía. Tipos de tecidos. Epitelio. Tx. Conxuntivo. Tx. Muscular, Tex. Nervioso
T02 Conceptos xerais en anatomía (eixes, planos, desprazamentos, medidas)
T03 Fundamentos de osteoloxía. Tecido óseo. Clasificación dos elementos óseos. Esqueleto axial e apendicular
T04 Fundamentos de artroloxía. Sistemática das articulacións. Sinartroses, Anfiartroses e Diartroses. Tipos de diartroses
T05 Fundamentos de mioloxía. Fundamentos de neuroloxía. Fundamentos de anxioloxía
CAPÍTULO DOUS.- APARELLO LOCOMOTOR
T06 Cintura escapular
T07 Membro superior. Osteoloxía e artroloxía
T08 Membro superior. Mioloxía, neuroloxía e anxioloxía
T09 Cintura pelviana
T10 Membro inferior. Osteoloxía e artroloxía
T11 Membro inferior. Mioloxía, neuroloxía e anxioloxía
CAPÍTULO TRES.- ESQUELETO AXIAL, CABEZA E COLO
T12 Columna vertebral e tórax. Osteoloxía e artroloxía
T13 Tórax, abdome e perineo. Mioloxía e anxioloxía
T14 Ósos e articulacións do cráneo
T15 Musculatura da cabeza e o colo. Vasos e nervios
CAPÍTULO CATRO.- SISTEMA RESPIRATORIO
T16 Vías respiratorias superiores e inferiores.
T17 Pulmóns e cavidade pleural.
T18 Histoloxía do aparello respiratorio
CAPÍTULO CINCO.- SISTEMA CARDIOVASCULAR
T19 Corazón. Cámaras cardíacas. Aparello valvular. Sistema de condución
T20 Anxioloxía. Arterias. Venas. Microcirculación. Linfáticos
T21 Histoloxía do aparello cardiovascular.
CAPÍTULO SEIS.- SISTEMA DIXESTIVO
T22 Cavidade bucal, farinxe, esófago, estómago. Histoloxía da rexión proximal do aparello digestivo
T23 Abdome e cavidade peritoneal. Intestino delgado e intestino groso. Histoloxía da rexión distal do aparello digestivo
T24 Fígado e vesícula biliar, páncreas. Bazo. Histoloxía hepatobiliar e pancreática
CAPÍTULO SETE.- SISTEMA UROXENITAL
T25 Cavidade pélvica.
T26 Ril e vías urinarias.
T27 Aparello xenital masculino e feminino
T28 Histoloxía do sistema uroxenital
CAPÍTULO OITO.- SISTEMA NERVIOSO
T29 Neurohistoloxía. Medula espinal, tronco encefálico, diencéfalo
T30 Ganglios basais e cerebelo. Telencéfalo
T31 Sistemas somatosensitivo e somatomotor
T32 Sistema nervioso autónomo
T33 Organos dos sentidos. Histoloxía dos sentidos especiais.
CAPÍTULO NOVE.- SISTEMA ENDÓCRINO
T34 Hipotálamo-hipófise. Glándula pineal
T35 Tiroides e paratiroides.
T36 Suprerrenais
T37 Páncreas endócrino
T38 Histoloxía do sistema endócrino.
PRÁCTICAS
1 Osteoloxía das cinturas escapular e pelviana
2 Osteoloxía do membro superior
3 Osteoloxía do membro inferior
4 Columna vertebral e costelas
5 Osteoloxía do cráneo
Bibliografía básica e complementariaHuman Anatomy and Physiology (9th Edition), 2013. Marieb - Hoehn. Edit Pearson
Compendio de anatomía descriptiva. Testut L, Latarjet A. 22ª ed. Masson 2007
Atlas de anatomía humana. Netter FH. 5ª ed. Elsevier 2011
Atlas de anatomía humana. Sobotta J, Reinhard P. 21ª ed. Panamericana 2002
Fichas de autoevaluación. Anatomía. Netter FH. 2ª ed. Elsevier 2007
Histologia básica. Junqueira LC, Carneiro J. 6ª ed. Elsevier 2005
CompetenciasCompetencias xerais
Coñecer a estrutura e a función do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa evaluación diagnóstica e o tratamento de dietética e nutrición
Resultados da aprendizaxe
Coñecer a estrutura e a función dos diferentes sistemas do corpo humano desde o nivel molecular ao organismo completo nas distintas etapas da vida
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, coa axuda da pizarra, dos medios audiovisuais que considere oportunos e dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual. Os seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas polo persoal académico ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
As prácticas de laboratorio e de ordenador serverán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que os estudantes adquiran habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas dos estudantes (estudo, traballos, lecturas.) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónA calificación de cada estudante farase en base a tres criterios:
1.- Calificación teórica (80% da puntuación final). Poderá obterse de dúas formas:
(a).- Avaliación contínua: 6 controis escritos periódicos, tipo test. Os alumnos que consigan neles unha media final superior a 5,0 e que non teñan ningún control con calificación inferior a 3,5 non necesitarán realizar o exame final.
(b).- Exame final: 1 único exame tipo test ao que se presentarán os alumnos que decidan non someterse á avaliación contínua, que a fixeran pero non a superaran, ou que a fixeran e desexen subir a súa calificación final.
2.- Calificación práctica (20% da puntuación final): Exame test + resolución problemas
3.- Calificación adicional (ata un 10% da puntuación final): A realización e exposición de traballos en grupo permitirá obter unha nota adicional que se sumará linealmente á calificación teórico-práctica ata completar o 100%.
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 36% e as horas de traballo do alumno do 64%.
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos básicos de bioloxía general