G2071108 - Bioquímica (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer e manexar correctamente a terminoloxía bioquímica.
- Adquirir unha formación básica sobre a estrutura dos compoñentes fundamentais dos seres vivos e, tamén, sobre a súa función.
- Coñecer as transformacións de enerxía e materia que levan a cabo os seres vivos e a regulación desas transformacións.
ContidosContidos Teóricos
Estrutura e propiedades das proteínas: estudo da estrutura e propiedades dos aminoácidos e a unión destes mediante o enlace peptídico para formar péptidos e proteínas. Análise das funcións desempeñadas polas proteínas, concepto de estrutura primaria, estudo da súa estrutura tridimensional
Enzimoloxía: propiedades xerais dos enzimas; concepto de centro activo; cinética enzimática das reaccións monosubstrato; inhibición enzimática; cinética das reaccións bisustrato; cuantificación da actividade enzimática; efecto de pH e temperatura sobre a actividade enzimática; regulación enzimática; enzimas alostéricos; enzimas modulados covalentemente
Introdución ao metabolismo intermediario: concepto, visión global e definición dos distintos tipos de rutas metabólicas. Ciclo dos ácidos tricarboxílicos ou ciclo de Krebs. Ciclo do glioxilato. Cadea respiratoria de transporte de electróns. Fosforilación oxidativa
Os glícidos e o seu metabolismo: concepto, clasificación e características xerais; monosacáridos e os seus derivados; o enlace glicosídico; oligosacáridos; polisacáridos. Fermentación e respiración: a glicólise, balance enerxético e regulación; vías metabólicas do piruvato; lanzadeiras do malato e glicerol fosfato; efecto Pasteur: ruta das pentosas fosfato, fase oxidativa, incorporación da ribulosa–5-fosfato á glicólise. Metabolismo do glicóxeno, síntese e degradación, efectos hormonais. Biosíntese de glícidos: gliconeoxénese. Fotosíntese: fase luminosa, sistemas de transporte electrónico, fotosistemas, transporte electrónico cíclico e non cíclico. Fase escura da fotosíntese, ruta de Calvin, ruta C4 de formación de glicosa
Os lípidos e o seu metabolismo: concepto, clasificación e características xerais; ácidos graxos, prostaglandinas, triglicéridos, fosfoglicéridos, esfingolípidos, terpenos, esteroides, colesterol, hormonas esteroídicas, sales biliares. Sistemas lipoproteicos, lipoproteínas e membranas. Metabolismo lipídico: dixestión e absorción de lípidos, beta-oxidación dos ácidos graxos, balance xeral, formación e utilización de corpos cetónicos. Síntese de ácidos graxos. Acetil CoA carboxilase e a súa regulación. Ácido graxo sintetase
Metabolismo dos aminoácidos: transaminación, desaminación oxidativa, ciclo da urea. Descarboxilación de aminoácidos. Ciclo do nitróxeno.
Ácidos nucleicos: o almacenamento e a tradución da información. Bases púricas e pirimidínicas. Nucleósidos e nucleótidos. Estrutura e propiedades do ADN. Estrutura e propiedades do ARN. Metabolismo do ADN.
Contidos Prácticos
Determinación da concentración proteica polo método de Lowry
Separación de aminoácidos por cromatografía en capa fina. Separación de proteínas por xel-filtración
Estudo da actividade fosfatasa ácida en extracto cru de fígado de terneira. Determinación dos parámetros Km e Vmax
Separación de proteínas de soro mediante electroforese en acetato de celulosa
Extracción e caracterización do amidón
Bibliografía básica e complementaria- Nelson, D.L. y Cox, M.M. 2009. Lehninger. Principios de Bioquímica 5ª Edición. Ed. Omega.
- Voet, D. y Voet, J. 2006. Bioquímica 3ª Edición. Editorial Médica Panamericana.
- Berg, J.M.; Tymoczko, J.L. y Stryer, L. 2008. Bioquímica 6ª Edición. Ed. Reverté S.A.
- Mathews, C.K.; Van Holde, K.E. y Ahren, K.G. 2002. Bioquímica. 3ª Edición. Addison Wesley-Pearson Education.
CompetenciasCompetencias Xerais
Coñecer os fundamentos químicos, bioquímicos e biolóxicos da aplicación en nutrición humana e dietética
Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa avaliación diagnóstica e tratamento de dietética e nutrición
Competencias específicas (resultados da aprendizaxe)
Coñecer e manexar correctamente a terminoloxía bioquímica
Adquirir unha formación básica sobre a estrutura e a función dos compoñentes fundamentais dos seres vivos
Coñecer o funcionamento das enzimas e a súa regulación
Coñecer as transformacións de enerxía e materia que levan a cabo os seres vivos, así como a regulación desas transformacións
Adquirir coñecementos básicos sobre a transmisión da información xenética
Metodoloxía da ensinanza 31 horas de clases expositivas, centradas no desenvolvemento do programa da materia.
15 horas de prácticas de laboratorio.
3 horas de seminarios para presentacións, debates, problemas, etc...; os alumnos terán a posibilidade de presentar traballos sobre temas de actualidade e de máximo interese no campo da bioquímica
2 horas de titorías en grupos de 10 alumnos para dúbidas, aclaracións, organización dos traballos, etc..
Sistema de evaluaciónTeranse en conta 4 parámetros diferentes para realizar a avaliación do alumno:
- En primeiro lugar, a realización dun exame tipo test de 100 preguntas con 4 respostas;
- En segundo lugar, avaliarase o traballo realizado nas prácticas da materia mediante un exame específico.
- Valoraranse os traballos presentados.
- Por último, puntuaranse as intervencións na clase en resposta a cuestións concretas expresadas polo profesor.
Resumo:
-Dimensións avaliadas:
Conceptos da materia. Traballo en prácticas. Presentación de traballos. Participación.
-Criterios de avaliación:
Dominio dos coñecementos teóricos. Actitude no laboratorio, asimilación do traballo de laboratorio realizado. Estrutura do traballo, calidade da información presentada, presentación oral. Participación activa na clase, participación nos debates.
-Instrumentos de avaliación e peso (%):
Exame teórico (60%). Asistencia e traballo realizado no laboratorio, exame de prácticas (15%). Entrega do traballo realizado, valoración da presentación (15%). Observación e notas do profesor na clase (10%).
Tempo de estudo e traballo persoalHoras de teoría: 31
Horas de prácticas: 15
Horas de seminarios: 3
Horas de titorías en grupo: 2
Horas para titorías individuais e exame: 7
Horas non presenciais: 92.
Volume total de traballo: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA principal recomendación é levar a materia ao día, dedicar ½ hora cada día a profundar nos contidos presentados nas clases de teoría co emprego da bibliografía recomendada.