G2071221 - Bromatoloxía I (Ciencias dos Alimentos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNa Bromatoloxía I, trátase de introducir o alumno no coñecemento dos distintos grupos de alimentos e do seu control de calidade. As prácticas da materia pretenden introducir o alumno nas técnicas xerais de determinación de compoñentes principais dos alimentos, así como na utilización de técnicas máis concretas aplicables a algún grupo de alimentos concreto estudado na parte de teoría.
Contidos1.-BLOQUE.- Conceptos xerais.
Tema 1.-Definicións. Alimento, nutriente.
Tema 2.- Comestibilidade e calidade.
Tema 3.-A toma de mostra en análise de alimentos. Analise dos principais compoñentes dos alimentos.
Tema 4.-Análise sensorial.
Tema 5.-Determinación da cor.
2.-BLOQUE.- Alimentos vexetais.
Tema 6.-Alimentos hidrocarbonados. Conceptos xerais.
Tema 7.-Cereais e produtos de cereais (fariña, pan, pasta).
Tema 8.-Determinacións analíticas en cereais.
Tema 9.-Legumes secas. Determinacións analíticas
Tema 10.- Hortalizas e verduras. Determinacións analíticas. Cogomelos.
Tema 11.-Froitas e derivados. Determinacións analíticas.
Tema 12.- Azucre. O Mel. Determinacións analíticas.
Tema 13.-Condimentos e especias. Determinacións analíticas
Tema 14.-Alimentos estimulantes, Café e té. Cacao e chocolate. Derivados e sucedáneos. Determinacións analíticas.
PROGRAMA DE PRATICAS
Análise sensorial microscópicos e físico-químicos de alimentos.
Visitas a industrias de alimentos.
Bibliografía básica e complementaria- AENOR (1997). Análisis Sensorial. Tomo I.- Alimentación. Recopilación de Normas UNE. Ed. Aenor.
- AOAC (1995).Official Methods of Analysis. 16th Edition.Arlington.Virginia 22209. USA.
- ASTIASARAN, I e MARTINEZ, JF (1999). Alimentos: Composición y Propiedades. Ed. McGraw-Hill. Interamericana.
- BELITZ, H.D. e GROSCH, W. (1997). "Química de los Alimentos". Ed. Acribia, S.A. Zaragoza.
- BELLO GUTIERREZ, J. (2000). Ciencia bromatológica. Principios generales de los Alimentos.
- CHEFTEL, J.C.; CHEFTEL, H. (1980). "Introducción a la Bioquímica y Tecnología de Alimentos". Volumen I. Ed Acribia. Zaragoza.
- CHEFTEL, J.C.; CHEFTEL, H.; BESANÇON P. (1982). "Introducción a la Bioquímica y Tecnología de Alimentos". Volumen II. Ed Acribia.
- Código Alimentario Español. (1988).
- FENNEMA, O.R. (1993). Química de los Alimentos. Ed. Acribia, S.A.
- IBAÑEZ, F.C. e BARCINA, Y (2000). Análisis Sensorial de Alimentos: métodos y aplicaciones.
- LAWLESS, H.T. (1991). Sensory Science. Theory and Applications in Foods. Ed. marcel Dekker, Inc.
- MADRID VICENTE, A. (1991). Metodos de Análisis comunitarios aplicables en el sector del vino.
- MARTINEZ e ASTIASARÁN. (2000). Alimentos. Composición y Propiedades. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
- MEILGAARD, CIVILLE, CARR (1991). Sensory Evaluation Thechniques. Ed. CRC. Press, Inc.
- METODOS OFICIALES DE ANALISIS DE LOS ALIMENTOS (1994). AMV Ediciones Mundi-Prensa.
- MOREIRAS E CARBAJAL. (1992). La composición de los alimentos.
- ROBINSON, D.S. (1991). Bioquímica y valor nutritivo de los alimentos.
CompetenciasCompetencias específicas que debe acadar o alumno na materia:
-Identificar e clasificar os alimentos, produtos alimenticios e ingredientes alimentarios.
-Coñecer a súa composición química, as súas propiedades físico-químicas, o seu valor nutritivo, a súa biodisponibilidade e as súas características organolépticas
-Coñecer e aplicar os fundamentos da análise bromatolóxico e sensorial de produtos alimentarios.
-Interpretar e manexar as bases de datos e táboas de composición de alimentos
Competencias específicas profesionais (destrezas e habilidades):
Capacitar o alumno para:
-Coñecer os alimentos dende diferentes puntos de vista e sobre a base do seu valor nutritivo clasificalos e utilizalos.
-Realizar a toma de mostras co seu correspondente informe.
-Realizar a análise dos alimentos e establecer o seu valor nutritivo.
-Interpretar os resultados e redactar informes e ditames.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en clases teóricas presenciais, onde basicamente se establecerán os fundamentos e contidos da materia indicados no programa. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas empregadas na docencia (encerado, transparencias) así como con ferramentas informáticas audiovisuais (powerpoint ou outros programas para presentacións, clips de video dixital ou vídeos enteiros, etc.). Eventualmente poden acompañar ao profesor especialistas en temas concretos como medida para clarificar os contidos teóricos.
Seguindo con horas presenciais, a realización das Prácticas de Laboratorio (incluíndo visitas a industrias alimentarias) e elaboración da memoria correspondente, en forma de caderno de prácticas, ocupa o segundo posto en número de horas. Un aspecto importante é completar os apuntamentos tomados en teoría con todas as observacións e resultados vistos nas prácticas, dado que non se poden tomar como bloques independentes senón formando un todo cos contidos teóricos.
Asemade, dentro da docencia presencial inclúense as horas de seminario onde se realizará a corrección dos problemas realizados previamente de forma individual polo alumno. Elaborarase cos resultados obtidos o informe pertinente. Finalmente formularanse solucións e casos, en discusión aberta entre os alumnos do curso e o profesor.
A realización de traballos individuais e en grupo a proposta dos profesores ou por parte dos alumnos e dirección por parte do profesor, serán expostos e debatidos en clase podendo tamén utilizarse parte das horas de seminario.
Toda a docencia, contidos teóricos, prácticas, traballos, titorías, etc., estará apoiada nun curso virtual na plataforma que ten a USC onde se poderán localizar contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, esquemas fotos e diagramas, propostas de traballos, debates e foros.
Sistema de evaluación-As prácticas son obrigatorias para poder aprobar a materia.
- O examen teórico: representa o 75% da nota final, pero e necesario acadar polo menos o 45% para superar a materia.Posto que o exame consta dunha parte de teoría e outra de problemas, é necesario sacar un mínimo de 4 en cada unha delas para poder facer media.
-Asistencia e participación nas clases teóricas, seminarios e prácticas, realización de traballos ou casos prácticos propostos polos profesores da materia individuais ou en grupo e expostos en clase ou nas titorías 25%.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno, ao asistir a todas as actividades da materia (clases teóricas e prácticas), debe dedicarlle 150 horas (correspondentes aos 6 créditos da materia).
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia a todas as actividades da materia: clases teóricas, prácticas e visitas a industrias
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces en liña de interese.
- Utilización das horas de titorías para resolver dúbidas xurdidas.