G2071223 - Microbioloxía e Parasitoloxía (Ciencias dos Alimentos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer a microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía dos alimentos.
Adquirir os coñecementos científicos e as habilidades prácticas sobre os microorganismos que lle permitan actuar correctamente na práctica da profesión de Dietista-Nutricionista.
ContidosTeoría do programa
1. Introdución á microbioloxía.
2. Fundamentos xerais da bacterioloxía. Estructura das células procarióticas.
3. Fisioloxía bacteriana. Metabolismo. Crecemento e desenvolvemento.
4. Xenética bacteriana. Variación xenética: mutación e recombinación. Transferencia de xenes: conxugación, transformación e transdución.
5. Compoñentes subcelulares, virus e prións.
6. Micoloxía xeral. Fisioloxía, estructura e crecemento de fungos.
7. Parasitoloxía xeral. Fisioloxía, estructura e multiplicación. Ciclo de vida dos parasitos.
8. Esterilización e desinfección. Métodos físicos e químicos.
9. Antimicrobianos. Clasificación. Mecanismos de acción. resistencias.
10. Bacterias patóxenas de orixe alimentaria.
11. Axentes virais. Prións.
12. Fungos toxigenicos.
13. Algas toxigenicas.
14. Parasitos: protozoarios, helmintos e nematodos.
15. Microbioloxía alimentaria.
Programa de clases prácticas
1. Observación microscópica de microorganismos. Exame microscópico de fresco. Tinción simple.Tinción de Gram. Morfoloxía microbiana.
2. Preparación de medios de cultivo. Métodos de esterilización.
3. Sembra, illamento e identificación de microorganismos. Cultivo en medios selectivos e diferenciais. Cultivo aerobio e anaerobio.
4. Análise microbiolóxico de alimentos: recollida, transporte e almacenamento. Procesamento de mostras.
5. Técnica de reconto de aeróbicos en placa por siembra. Recontototal de sembra en superficie.
6. Investigación e reconto total de Enterobacteriaceae, coliformes totais e E. coli (NMP).
7. Investigación e reconto en placa de estreptococos do grupo D de Lancefield e enterococos. Confirmación de colonias sospeitosas.
8. Detección e identificación de Salmonella, Staphylococcus aureus e Bacillus cereus.
Bibliografía básica e complementaria- Madigan, M.T., Martinko J.M. 2009. Brock Biología de los Microorganismos. 12ª ed. Prentice-Hall International Ltd., London.
- Prescott, L.M., Harley J.P., Klein D.A. 2009. Microbiología. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
- Tortora G.J., Funke B.R. 2007. Introducción a la microbiología. Panamericana.
- Jay J.M., Loessner M.J., Golden D.A. 2009. Microbiología moderna de los alimentos. Acribia
- Mossel D.A.A., Moreno B., Struijk C.B. 2003. Microbiología de los alimentos. 2ª ed. Abribia
- Ray B. 2011. Microbiología de los alimentos. 4ª ed. McGraw-Hill.
CompetenciasAdquisición de coñecementos sobre a microbioloxía, parasitoloxía e toxicoloxía dos alimentos.
Adquisición dos coñecementos científicos e as habilidades prácticas sobre os microorganismos que lle permitan actuar correctamente na práctica da profesión de Dietista-Nutricionista.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais dos contidos do programa da materia, axudándose dos medios audiovisuais e doutro tipo que considere conveniente o profesor. Os seminarios poden ser impartidos ben polo profesor/é ou ben polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
As prácticas de laboratorio servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencias prácticas.
As titorías terán como finalidade facilitar o seguimento continuo da materia.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada estudante farase mediante avaliación continua (30%) e a realización dun exame final (70%). A avaliación continua realizarase por medio da participación do estudante na aula, no laboratorio e nas titorías e pola presentación e/ou entrega de traballos.
Tempo de estudo e traballo persoalDúas horas de estudo por cada hora de clases maxistrais (60 horas)
Dúas horas de estudo por cada hora de seminario (8 horas)
Quince horas de asistencia a prácticas (15 horas)
Sete hora para preparar traballos individuais (7 horas)
Dúas horas de asistencia a titorías individuais (2 horas)
Catro horas de realización de exames (4 horas)
Recomendacións para o estudo da materiaO estudo ha de ser comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Asistencia regular a clases e seminarios.
Aproveitar as titorías individuais.
Consultar calquera dúbida co profesor.