G2071321 - Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria I (Hixiene, Seguridade Alimentaria e Xestión de Calidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPreténdese formar o alumno nas bases nas que se asenta a Seguridade Alimentaria para que no futuro da súa profesión poida colaborar na protección do consumidor. Para iso ten que coñecer todos os tipos de perigos que poden afectar aos alimentos e debe de coñecer as medidas que se poden aplicar para previlos e controlalos. Ademais debe de coñecer o marco lexislativo que atinxe á produción de alimentos seguros e as súas redes de comunicación
ContidosPresentación da materia. Bloques de traballo:
. Introdución á Lexislación alimentaria: marco legal europeo, sistema legal español, aspectos relevantes para a lexislación alimentaria, a defensa dos consumidores e a protección da saúde. Organismos e institucións (marco europeo, Codex Alimentarius, etc.)
. Hixiene xeral e dos alimentos: concepto, campos de actuación.
. Seguridade Alimentaria: concepto, bases, aspectos principais da seguridade alimentaria, alerta, organismos, modo de actuación.
. Trazabilidade: concepto, importancia, aspectos xerais.
. Sistemas de aseguramento da inocuidade alimentaria: conceptos (calidade, etc.), tipos, bases da análise e control de perigos bióticos e abióticos.
. Manipuladores de Alimentos: hixiene persoal, durante a manipulación, durante a elaboración de alimentos.
. Perigos asociados ao consumo de alimentos: toxiinfecciones alimentarias, perigos de orixe biótica, perigos de orixe abiótica, alerxias e outros.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Preparación do material para a Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos,
Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos,
Control da hixiene en establecementos de alimentación, toma de mostras,
Determinación da presenza de perigos de orixe abiótica,
Lectura e interpretación dos resultados.
Bibliografía básica e complementaria- Lexislación vixente.
- - Agenjo, C. Enciclopedia de la inspección veterinaria y análisis de alimentos. Ed. Espasa, Madrid (1980)
- Ana Mª Rey y Alejandro A. Silvestre (2004). Comer sin riesgos 1 y 2.
- Bello Gutiérrez, J. (2000). Ciencia bromatológica. Principios generales de los alimentos. Madrid. Ediciones Díaz de Santos S.A.
- Bolton, A. Sistema de gestión de la calidad en la industria alimentaria. Ed. Acribia, Zaragoza (2000)
- Briz, J. Internet, Trazabilidad y Seguridad Alimentaria. Mundi-prensa, Madrid (2003)
- Cimiano P. y García Alvarez J.A. La calidad de la leche y los factores que influyen en ella. Madrid : Industrias Lácteas Españolas, D.L. 1986.
- Código alimentario español y disposiciones complementarias. María Dolores Flores Cerdán y Paloma Deleuze Isasi. Ed .Tecnos, Madrid (2001)
- Código sanitario internacional para los animales acuáticos: peces, moluscos y crustáceos. Office International des Epizooties, Paris (2000)
- Cuéllar, MªC. Alteraciones y riesgos sanitarios de las frutas y hortalizas frescas. Alimentaria, marzo nº0: 26-37 (2005)
- FAO /OMS. (1994). Programa conjunto FAO/OMS sobre Normas Alimentarias. Código Alimentario, volumen III 1994: Residuos de medicamentos veterinarios en alimentos.
- FAO. Sistemas de calidad e inocuidad de los alimentos: manual de capacitación sobre higiene de los alimentos y sobre el sistema de análisis de peligros y de puntos críticos de control (APPCC). Ed. FAO, Roma (2002)
- Federación Española de Hostelería. Guía de prácticas correctas de higiene e Hostelería. I. Restaurantes, Cafeterías y Bares. Ministerio de Sanidad y Consumo (2000)
- Fehlhaber, K. & Janetschke, P. (1995). Higiene veterinaria de los alimentos. Acribia. Zaragoza.
- FIL-IDF Monograph on residues and contaminants in milk and milk products. Brussels. 1997. Derache R.
- Forsythe S.J. Alimentos seguros: microbiología. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Gracey, J.F. (1989). Higiene de la carne. Interamericana. McGraw-Hill.
- Johns, N. Higiene de los alimentos. Directrices para profesionales de hostelería, restauración y catering. Ed. Acribia, Zaragoza (1999)
- Linder E. Toxicología de los alimentos. Zaragoza. Acribia. 1995.
- Mariott N.G. Principios de higiene alimentaria. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Moreno García B. (2006) . Higiene e Inspección de carnes. Vol I. Ed. Diaz de Santos
- Moreno García, B. (2003). Higiene e inspección de carnes II. Ed Díaz de Santos.
- Mortimore, S. y Wallance, C. HACCP : enfoque práctico. Ed. Acribia, Zaragoza (2001)
- Mossel D.A.A., Moreno B., Struijk C.B. Microbiología de los alimentos. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Muller, G. Microbiología de los alimentos vegetales. Ed. Acribia, Zaragoza (1981)
- Pascual Anderson (2000). Microbiología alimentaria. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Recuerda, M.A. (2012). Código de derecho alimentario. Thomson Reuters – Editorial Aranzadi, S.A., Navarra.
-Satre, A. (2002). Lecciones sobre el huevo. Instituto de Estudios del Huevo, Madrid.
-Felipe, C. y Felipe, J. (2004). Manual de higiene y seguridad alimentaria en hostelería. Madrid, Paraninfo.
- Wildbrett G. (2000) Limpieza y desinfección en la industria alimentaria. Zaragoza. Acribia.
CompetenciasCompetencias:
Elaborar, aplicar, avaliar e manter prácticas axeitadas de hixiene, seguridade alimentaria e sistemas de control de riscos, aplicando a lexislación vixente.
Avaliar, controlar e xestionar aspectos da trazabilidade na cadea alimentaria.
Asesorar científica e tecnicamente sobre os produtos alimenticios e o desenvolvemento destes.
Avaliar o cumprimento do devandito asesoramento.
Colaborar na protección do consumidor no marco da seguridade alimentaria.
Resultados da aprendizaxe:
Capacidade para tomar de decisións, resolución de problemas.
Capacidade de Xestión da Información.
Adquirir un compromiso ético.
Traballo nun equipo Interdisciplinar.
Motivación pola calidade.
Adaptación a novas situacións.
Sensibilidade cara a temas ambientais.
Analizar e avaliar os riscos alimentarios.
Xestionar a seguridade Alimentaria.
Analizar alimentos.
Implementar sistemas de calidade.
Avaliar, controlar e xestionar a calidade alimentaria.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en Clases Teóricas onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa realización de traballos fóra das clases presenciais (formación autónoma), individuais ou en grupos, por proposta do profesor, polo que será unha parte moi interesante para a formación intelectual do alumno. Estes traballos serán expostos durante os Seminarios e debatidos, polo que deste xeito se pretende fomentar a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas considéranse unha parte importante da formación do alumno posto que son complementarias dos temas teóricos. As Titorías serán permanentes a través do Curso de Axuda Virtual ou presenciais nos horarios indicados.Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos, correo electrónico, etc.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas é obrigatorio para superar a materia.
- Avaliarase a asistencia e sobre todo a actitude do alumno durante as clases presenciais: 10 %
- Avaliarase o desenvolvemento dos traballos propostos polo profesor: 15%
- Realizarase un exame no que se evalue o coñecemento sobre os contidos da materia e incluirase unha parte na que se avaliará o coñecemento dos contidos prácticos: 75% (requisito dun 40% do exame para valorar o resto de méritos).
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x n.º ECTS, polo que para esta materia será de 150 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.