Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G2071322 - Dietética (Ciencias da Nutrición, a Dietética e a Saúde) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 5.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  • Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ ODERIZ, MARIA LOURDES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coa materia de Dietética, preténdese capacitar os alumnos na elaboración e avaliación de dietas equilibradas de acordó cos criterios actuais e as necesidades individuais e/ou de grupos, tendo en conta diferentes modelos e guias.
    Contidos
    Tema 1.-Dietética. Concepto. Obxetivos.
    Tema 2.-Dieta equilibrada. Normas para elaborar unha dieta sa. Recomendacions dietéticas. Inxestas dietéticas de referencia.
    Tema 3.-Concepto de "Guías alimentarias". Modelos.
    Tema 4-Patrons de consumo alimentario saudable.
    Tema 5.-Dieta e menús. O menú como unidade dietética diaria.
    Tema 6.-Métodos de avaliación de patrons, hábitos alimentarios, e consumo de alimentos.
    Tema 7.-Análisis cuantitativo e cualitativo de dietas.
    Tema 8.-Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarians. A alimentación macrobiótica. Dietas máxicas.
    Tema 9.-Consumos alimentarios en España. Tendencias e evolución. Principais erros da alimentación habitual dos españois.
    Tema 10.-Dieta e inmigración. Influencias da multiculturalidade na alimentación. Patrons dietéticos das principais poboacions que emigran ao noso país.
    Tema 11.-A alimentación nas familias. Pautas de elaboración de dietas saudables con distintos presupostos.


    Bibliografía básica e complementaria
    - CERVERA, P.; CLAPES, F.; RIGOLFAS, R. (1993). Dietética y Dietoterapia. 2ª edición. Ed. Emalsa, Interamericana, División de McGraw-Hill. Madrid.
    -GIL, A. (2009). Tratado de Nutrición. Tomos II y III. Ed. Panamericana. Madrid.
    - GRANDE COVIAN, F. Nutrición y Salud. Mitos, peligros y errores de las dietas de adelgazamiento.
    - KRAUSE (1995). Nutrición y Dietoterapia. Ed. Interamericana. McGraw-Hill.
    - Manual de Dietética de la Clínica Mayo. (1993). Ed. Medicis. Barcelona.
    - MATAIX VERDU, J. e CARAZO MARIN, E. (1995). Nutrición para educadores. Ed. Diaz de Santos. (Ref. ALT-443).
    - MATAIX VERDÚ, J. (2002).Nutrición y Alimentación Humana. II.-Situaciones fisiológicas y patológicas. Ed ERGON.
    - MORENO ESTEBAN, B.; MONEREO MEGÍAS, S.; HERNÁNDEZ ALVAREZ, J. (2000). Obesidad la epidemia del siglo XXI. Ed. Diaz de Santos.
    - MUÑOZ, M.; ARANCETA, J.; GARCÍA-JALÓN, I. ( 1999). Nutrición aplicada y dietoterapia. Ed. EUNSA.
    - NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (1991). Raciones Dietéticas Recomendadas. Ed. Consulta S.A. Barcelona.
    - Nutrición y Dietética. Aspectos Sanitarios. Tomos 1 e 2. Ed. Consejo general de Colegios Oficiales de Farmacéuticos. (1993).
    - SALAS-SALVADÓ, J.: BONADA, A.; TRALLERO, R. e SALÓ, M.E. (2000). Nutrición y dietética clínica. Ed. Masson.
    - SERRA MAJEM, Ll.; ARANCETA BARTRINA, J. e MATAIX VERDU, J. (1995). Nutrición y Salud pública. Métodos, bases científicas y aplicaciones. Ed. Masson S.A. Barcelona.
    - SERRA MAJEM, Ll.; ARANCETA BARTRINA, J. (2000). Desayuno y Equilibrio Alimentario.-Estudio enKid. Ed Masson.

    Competencias
    Aplicar as ciencias dos alimentos e da nutrición á práctica dietética.
    Identificar as bases dunha alimentación saudable (suficiente, equilibrada, variada e
    adaptada).
    Participar no deseño de estudos de dieta total.
    Coñecer, detectar precozmente e avaliar as desviacións por exceso ou defecto,
    cuantitativas e cualitativas, do balance nutricional.
    Identificar os problemas dietético-nutricionais do paciente, así como os factores de
    risco e as prácticas inadecuadas.
    Manexar as ferramentas básicas en TIC,s utilizadas no campo da Alimentación,
    Nutrición e a Dietética.
    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos estrutúranse principalmente en clases teóricas presenciais, onde basicamente se establecerán os fundamentos e contidos da materia indicados no programa. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas empregadas na docencia (encerado) así como con ferramentas informáticas audiovisuais (powerpoint ou outros programas para presentacións, clips de video dixital ou vídeos enteiros, etc.). Eventualmente poden acompañar ao profesor especialistas en temas concretos como medida para clarificar os contidos teóricos.
    Seguindo con horas presenciais, a realización das Prácticas na aula de informática , ocupa o segundo posto en número de horas. Un aspecto importante é completar os apuntamentos tomados en teoría con todas as observacións e resultados vistos nas prácticas, dado que non se poden tomar como bloques independentes senón formando un todo cos contidos teóricos.
    Asemade, dentro da docencia presencial inclúense as horas de seminario onde se realizará a corrección dos problemas realizados previamente de forma individual polo alumno. Elaborarase cos resultados obtidos o informe pertinente. Finalmente formularanse solucións e casos, en discusión aberta entre os alumnos do curso e o profesor.
    A realización de traballos individuais e en grupo a proposta dos profesores ou por parte dos alumnos e dirección por parte do profesor, serán expostos e debatidos en clase podendo tamén utilizarse parte das horas de seminario.
    Toda a docencia, contidos teóricos, prácticas, traballos, titorías, etc., estará apoiada nun curso virtual na plataforma que ten a USC onde se poderán localizar contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, esquemas fotos e diagramas, propostas de traballos, debates e foros.

    Sistema de evaluación
    -As prácticas son obrigatorias para poder aprobar a materia.
    -O examen teórico: representa o 70% da nota final, pero e necesario acadar polo menos o 40% para superar a materia.
    -Realización de traballos ou casos prácticos individuais ou en grupo e a sua exposición na clase: 15%
    -Presenza e participación nas clases teóricas e seminarios, e valoración dos coñecementos específicos das practicas: 15%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno, ao asistir a todas as actividades da materia (clases teóricas e prácticas), debe dedicarlle 150 horas (correspondentes aos 6 créditos da materia).
    Recomerdaciones estudio


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a todalas actividades da materia: clases teóricas e prácticas
    - Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces en liña de interese.
    - Utilización das horas de titorías para resolver dúbidas xurdidas.