G2071323 - Valoración do Estado Nutricional (Ciencias da Nutrición, a Dietética e a Saúde) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs alumnos que superen a materia coñecerán:
-Os fundamentos teóricos e prácticos da valoración do estado nutricional dos individuos e de colectividades. Composición corporal e valoración antropométrica.
-Os fundamentos teóricos e prácticos da elaboración do historial dietético en suxeitos sans e enfermos.
-Os fundamentos teóricos e prácticos da interpretación dunha historia clínica.
ContidosTema 1. Introducción a valoración do estado nutricional.
Tema 2. Cribado nutricional. Métodos de cribado clínico. Historia dietética.
Tema 3. Composición corporal. Conceptos básicos. Compartimentos corporais. Modelos de análise da composición corporal. Modificacións fisiolóxicas relacionadas coa idade, sexo, raza, actividade física. Variacións na composición corporal na enfermidade. Influencia da inxesta na composición corporal. Control da inxesta.
Tema 4.- Valoración antropométrica do estado nutricional. Exploración física (signos e síntomas de valoracións nutricionais)
.- Valoración do peso e composición corporal. Modelos. Técnicas de estudo (aplicacións, dificultades, fontes de erro): densitométricas, eléctricas, de imaxe e outras.
.- Medida da composición corporal (antropometría). Parámetros de interese. Uso de estándares e táboas de referencia. Metodoloxía e protocolos de medida.
Tema 5.- Valoración bioquímica do estado nutricional. Parámetros analíticos. Estudo dos principais parámetros hematolóxicos e urinarios. Perfil lipídico e valoración do seu status. Valoración do status vitamínico e dos oligoelementos.
CLASES PRÁCTICAS (12 horas)
PRÁCTICA 1: VALORACIÓN DO ESTADO NUTRICIONAL E COMPOSICIÓN CORPORAL. VALORACIÓNS ANTROPOMÉTRICAS.
Avaliación o estado nutricional dun individuo a partir de indicadores antropométricos. Utilízanse como indicadores o talle, o peso, circunferencia cranial, a circunferencia muscular do brazo e as dobras corporais, que nos permitirán determinar a composición corporal, baseándonos no status do compartimento graxo e proteico. E finalmente farase unha interpretación dos resultados detectando posibles situacións de risco no individuo. Darase a coñecer o manexo da técnica de impedancia bioeléctrica.
PRÁCTICA 2: VALORACIÓN DO ESTADO NUTRICIONAL. HISTORIAL DIETÉTICO.
Pretendemos que o alumno coñeza os distintos tipos de cuestionarios, os seus posibles usos en valoración nutricional individual e de colectivos.
PRÁCTICA 3: VALORACIÓN DO ESTADO NUTRICIONAL. ESTUDO BIOQUÍMICO.
Pretendemos que o alumno coñeza os principais marcadores bioquímicos que se utilizarán para a valoración do estado nutricional.
PRÁCTICA 4: VALORACIÓN DO ESTADO NUTRICIONAL. ÍNDICES PROGNÓSTICO. CUESTIONARIOS ESTRUCTURADOS.
Abordaremos de forma práctica o uso do Indice prognóstico nutricional, o índice de risco nutricional, o índice de Maastrich, os cuestionarios estruturados como a Miniavaliación Nutricional, etc.
Bibliografía básica e complementariaBENYON, S. 1998. Lo esencial en metabolismo y nutrición. Cursos Crash de Mosby. Harcourt Brace España. Madrid.
CONSEJO GENERAL DEL COLEGIOS OFICIALES DE FARMACEUTICOS. (1993). Nutrición y dietética. Aspectos sanitarios. Tomos I e II. C.O.F. Madrid.
CERVERA, P.; CLAPER, J. e RIGOLFAS, R. 1999. Alimentación y dietoterapia. McGraw-Hill Interamericana de España, SAU. Madrid.
GIL, A . 2010. Tratado de Nutrición. - Nutrición y Terapéutica Dietética. Editorial Panamericana.
KATHLEEN MAHAN,L. And SYLVIA SCOOT-STUMP. 1998. 9ª edición.Nutrición y Dietoterapia de krause. McGraw – Hill Interamerica.
MARTÍNEZ, A. Fundamentos teóricos–prácticos de Nutrición y Dietéctica.
MATAIX, F.J.; MAÑAS, M.; MARTÍNEZ DE VICTORIA, E.; LLOPIS, J. 1992. Tablas de composición de alimentos españoles. Instituto de Nutrición y Tecnología de Alimentos. Universidad de Granada.
MATAIX, J. 2002. Nutrición y alimentación humana. TRATADO DE NUTRICIÓN I e II. Ed. Ergon. Barcelona
SASTRE, A. y HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ M. 1999. Tratado de Nutrición. Díaz de Santos. Zaragoza.
SERRA, L. ARANZETA, J. MATAIX. J. 1995. Guías alimentarias para la población española. Documento de consenso. SENC. SG editores. Barcelona.
CompetenciasDesenvolver e interpretar a historia dietética en individuos sans e pacientes. Interpretar a historia médica. Comprender e utilizar a terminoloxía utilizada en ciencias da saúde. Interpretar e integrar a avaliación do estado nutricional do paciente clínico, bioquímico e farmacolóxico e tratamento dietético e nutricional. Xestionar ferramentas básicas en TIC, s usados no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en Clases Teóricas onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa realización de traballos fóra das clases presenciais (formación autónoma), individuais ou en grupos, por proposta do profesor, polo que será unha parte moi interesante para a formación intelectual do alumno. Estes traballos serán expostos durante os Seminarios e debatidos, polo que deste xeito se pretende fomentar a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas considéranse unha parte importante da formación do alumno posto que son complementarias dos temas teóricos. As Titorías serán permanentes a través do Curso de Axuda Virtual ou presenciais nos horarios indicados.Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, guías para a realización dos traballos, correo electrónico, etc.
Sistema de evaluaciónParticipación nas clases prácticas: requisito obrigatorio para pasar o curso. Participación en conferencias, seminarios e avaliación caderno de notas: 25%. Cursos: 15%. Exame: 60%.
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x n.º ECTS, polo que para esta materia será de 150 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.