G2071326 - Hixiene, Lexislación e Seguridade Alimentaria II (Hixiene, Seguridade Alimentaria e Xestión de Calidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 1.50
- Total: 25.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPreténdese formar o alumno nos requisitos que deben de cumprir os distintos grupos de alimentos para que sexan considerados seguros. Así no futuro da súa profesión poderá colaborar na protección do consumidor. Para iso ten que coñecer aqueles parámetros biolóxicos, físicos ou químicos que deben de cumprir os alimentos sans e coñecer as medidas que se poden aplicar para previr e controlar os posibles perigos.
ContidosPresentación da materia. Bloques de traballo:
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de carnes frescas.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de produtos cárnicos.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de leite e produtos lácteos.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de peixe e produtos da pesca.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de ovos e ovoproductos.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de froitas, hortalizas frescas e procesadas.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de fungos comestibles.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de cereais e derivados.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de produtos azucrados e similares.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de graxas e aceites.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de especias e condimentos.
Parámetros Hixiénico-Sanitarios relacionados coa comercialización de auga, bebidas non alcohólicas e alcohólicas.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Determinación de parámetros biolóxicos, físico-químicos dos alimentos de interese no control da contaminación abiótica e biótica dos distintos tipos de alimentos. Determinación de substancias de interese sanitario en alimentos.
Microbioloxía predictiva: novas ferramentas para a análise e control microbiolóxico
Lectura e interpretación dos resultados.
Bibliografía básica e complementaria- Lexislación vixente.
- Ana Mª Rey y Alejandro A. Silvestre (2004). Comer sin riesgos 1 y 2.
- Anónimo 2003. Carnes y productos cárnicos de calidad D.O.P., I.G.P. y E.T.G. Ed. Estrategias Alimentarias. Madrid.
- Anonimo. Frutas-Hortalizas en España. Ed. Horticultura, Reus (1999)
- Arthey, D. y Denis, C. Procesado de frutas. Ed. Acribia, Zaragoza (1997)
- Astiasarán I. y Martínez J. A.: Alimentos composición y propiedades. Madrid. McGraw-Hill-Interamericana de España, S.A.U. 2000.
- Bello Gutiérrez J. (2000). Ciencia bromatológica. Principios generales de los alimentos. Madrid. Ediciones Díaz de Santos S.A.
- Bello, J. Ciencia y tecnología culinaria. Ed. Acribia, Zaragoza (1998)
- Cimiano P. y García Alvarez J.A.. La calidad de la leche y los factores que influyen en ella. Madrid : Industrias Lácteas Españolas, D.L. 1986.
- Cochand, A. Setas: guía ilustrada. Ed. Iberlibro. 1997, Barcelona.
- Código alimentario español y disposiciones complementarias. María Dolores Flores Cerdán y Paloma Deleuze Isasi. Ed .Tecnos, Madrid (2001)
- Cuéllar, MªC. Alteraciones y riesgos sanitarios de las frutas y hortalizas frescas. Alimentaria, marzo nº0: 26-37 (2005)
- FIL-IDF Monograph on residues and contaminants in milk and milk products. Brussels. 1997. Derache R.
- Forsythe S.J. Alimentos seguros: microbiología. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- G.J. Banwart (1982) Microbiología básica de Alimentos. Ed Bellaterra, Barcelona.
- García Rollán M.. (2004). Guía fácil de las mejores setas.Mundi-prensa, Madrid
- Heitzman, R.J. (ed) (1994). Veterinary Drug Residues. Residues in food producing animals and their products: Reference Materials and Methods 2º ed. Ed. Commission of th European Communities. Blackwell Science.
- ICMSF. Métodos de muestreo para análisis microbiológicos: Principios y aplicaciones específicas. Zaragoza. Editorial Acribia. 1981.
- Kietzmann, U; Rakow, D; Reichstein, K y Priebe, K. Inspección veterinaria de pescados. Manual para la inspección de peces, crustáceos y moluscos como alimento. Ed. Acribia, Zaragoza (1974)
- Linder E. Toxicología de los alimentos. Zaragoza. Acribia. 1995.
- Martín Bejarano, S. (coord). (2001). Enciclopedia de la carne y los productos cárnicos. Ed. Martín & Macías. Plasencia, Cáceres.
- Ministerio de Economía y Hacienda. (1997). Comercialización de aves y huevos. Subdirección General de Estudios y Modernización del Comercio en España. Ed., MEH, Madrid.
- Mossel D.A.A., Moreno B., Struijk C.B. Microbiología de los alimentos. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Muller, G. Microbiología de los alimentos vegetales. Ed. Acribia, Zaragoza (1981)
- Pascual Anderson (2000). Microbiología alimentaria. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Recuerda, M.A. (2012). Código de derecho alimentario. Thomson Reuters – Editorial Aranzadi, S.A., Navarra.
- R. K. Robinson. Dairy Microbiology of Milk. London: Elsevier Applied Science 1990.
- Salunke, D. K., Kadam, S.S. Tratado de ciencia y tecnología de las hortalizas. Producción, composición, almacenamiento y procesado. Ed. Acribia, Zaragoza (2000)
-Satre, A. (2002). Lecciones sobre el huevo. Instituto de Estudios del Huevo, Madrid.
- Varios. Control e inspección de frutas y hortalizas frescas. Ministerio de Sanidad y Consumo. Madrid (1986).
CompetenciasCompetencias:
Avaliar, controlar e xestionar aspectos da trazabilidade na cadea alimentaria.
Colaborar na protección do consumidor no marco da Seguridade Alimentaria.
Elaborar, aplicar, avaliar e manter prácticas axeitadas de hixiene, seguridade alimentaria e sistemas de control de riscos, aplicando a lexislación vixente.
Participar no deseño, organización e xestión dos distintos servizos de alimentación.
Asesorar científica e tecnicamente sobre os produtos alimenticios e o desenvolvemento destes.
Avaliar o cumprimento do devandito asesoramento.
Resultados da aprendizaxe:
Saber implantar sistemas de calidade.
Saber avaliar, controlar e xestionar aspectos da trazabilidade na cadea alimentaria.
Saber elaborar, aplicar, avaliar e manter prácticas axeitadas de hixiene, seguridade alimentaria e sistemas de control de riscos, aplicando a lexislación vixente.
Toma de decisións.
Resolución de problemas.
Capacidade de Xestión da Información.
Compromiso ético.
Traballo nun equipo Interdisciplinar.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en Clases Teóricas onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa realización de traballos fóra das clases presenciais (formación autónoma), individuais ou en grupos, por proposta do profesor, polo que será unha parte moi interesante para a formación intelectual do alumno. Estes traballos serán expostos durante os Seminarios e debatidos, polo que deste xeito se pretende fomentar a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas considéranse unha parte importante da formación do alumno posto que son complementarias dos temas teóricos. As Titorías serán permanentes a través do Curso de Axuda Virtual ou presenciais nos horarios indicados.Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos, correo electrónico, etc.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas é obrigatorio para superar a materia.
- Avaliarase a asistencia e sobre todo a actitude do alumno durante as clases presenciais: 10 %
- Avaliarase o desenvolvemento dos traballos propostos polo profesor: 15%
- Realizarase un exame no que se evalue o coñecemento sobre os contidos da materia e incluirase unha parte na que se avaliará o coñecemento dos contidos prácticos: 75% (requisito dun 40% do exame para valorar o resto de méritos).
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x n.º ECTS, polo que para esta materia será de 75 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.