G2071421 - Dietoterapia e Soporte Nutricional II (Ciencias da Nutrición, a Dietética e a Saúde) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Pediatría, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Pediatría, Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCapacitar o alumno para a elaboración e avaliación de axudas terapéuticas básicas e a súa aplicación en casos de patoloxías endócrino-metabólicas e en situacións especiais (parte II).
ContidosTEORÍA (clases expositivas)
Presentación da materia.
Tema 1: Dietoterapia e cancro.
Tema 2: Dietoterapia na enfermidade cardiovascular.
Tema 3: Dietoterapia na patoloxía oroesofágica, gástrica e intestinal.
Tema 4: Dietoterapia na enfermidade hepatobiliar e pancreática.
Tema 5: Coidados nutricionais e recomendacións dietéticas nas enfermidades renais.
Tema 6: Dietoterapia e sida.
Tema 7: Nutrición do enfermo crítico.
Tema 8: Dietoterapia para nenos con requirimentos especiais.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Os contidos das prácticas considéranse complementarios dos contidos teóricos:
1. Análise e elaboración de axudas en diferentes patoloxías: cancro, patoloxías cardíacas,
renais, sida, etc. (parte II),
2. Análise e elaboración de axudas para nenos con esixencias especiais.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía complementarase e actualizará durante cada curso académico.
• Cervera P. Alimentación y dietoterapia. 3ª ed. Aravaca: McGrawHill/Interamericana; 1998.
• Escott-Stump, S. Nutrición, diagnóstico y tratamiento. Ed. Mc Graw-Hill. México. 2005.
• Gibney, M.J.; Elia, M.; Ljungqvist, O.; Dowset, J. Nutrición Clínica Ed. Acribia. Zaragoza. 2007.
• Gil Hernández, A. Tomo IV: Nutrición clínica (Tratado de Nutrición). Ed. Acción Médica-Grupo. Madrid. 2005.
• Iowa Dietetic Association; Maher, A.K. Manual de dietas simplificado. Editorial Acribia. Zaragoza. 2007.
• Mahan, L.; Scott-Stump, S. Nutrición y Dietoterapia de Krause (12ª ed). Ed. Mc Graw- Hill Interamericana. México. 2008.
• Martínez Hernández, A. Alimentación hospitalaria 2 Vols. Tomo 1. Fundamentos. Tomo 2. Dietas hospitalarias. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2004.
• Mataix J. Nutrición y alimentación humana. Tomo II (2ª ed.) Ergon. Madrid. 2009.
• Muñoz, M.; Aranceta, J.; García-Jalon, I. Nutrición Aplicada y Dietoterapia. (2ª ed.). Ediciones EUNSA. Pamplona. 2004.
• Requejo, A.M.; Ortega, R.M. Nutriguía. Ed. Complutense. Madrid. 2000.
• Rojas Hidalgo E. Dietética, principios y aplicaciones. (2ª ed). Madrid: Grupo Aula Médica; 1998.
• Ruiz Pons, M.; Sánchez-Valverde Visus, F.; Dalmau Serra, J.; Gómez López, L. Tratamiento nutricional de los errores innatos del metabolismo. (2ª ed.) Drug Farma. Madrid. 2007.
• Russolillo, G.; Marques, I. Álbum fotográfico de porciones de alimentos. Ed. ICM. Madrid. 2008.
• Russolillo, G.; Marques, I. Sistema de intercambios para la confección de dietas y planificación de menús. Ed. ICM. Madrid. 2008.
• Salas-Salvadó, J.; Bonada, A., Trallero, R.; Saló, M.E.; Burgos, R. Nutrición y dietética clínica (2ª ed.). Ed. Doyma SL. Barcelona. 2008.
CompetenciasCompetencias específicas que debe alcanzar o alumno na materia:
-Avaliar e calcular os requirimentos nutricionais en situación de saúde e enfermidade en calquera etapa do ciclo vital.
-Aplicar as bases da nutrición clínica á dietoterapia.
-Planificar, implantar e avaliar axudas terapéuticas para suxeitos e/ou grupos.
-Participar no equipo multidisciplinar dunha Unidade de Nutrición Hospitalaria.
-Manexar as ferramentas básicas en TIC,s utilizadas no campo da Alimentación, Nutrición e a Dietética.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en Clases Teóricas onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa realización de traballos fóra das clases presenciais (formación autónoma), individuais ou en grupos, por proposta do profesor, polo que será unha parte moi interesante para a formación intelectual do alumno. Estes traballos serán expostos durante os Seminarios e debatidos, polo que deste xeito se pretende fomentar a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas considéranse unha parte importante da formación do alumno posto que son complementarias dos temas teóricos. As Titorías serán permanentes a través do Curso de Axuda Virtual ou presenciais nos horarios indicados. Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos, correo electrónico, etc.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas é obrigatorio para superar a materia.
- Avaliarase a asistencia e sobre todo a actitude do alumno durante as clases presenciais: 10 %
- Avaliarase o desenvolvemento dos traballos propostos polo profesor: 15%
- Realizarase un exame no que se avalíe o coñecemento sobre os contidos da materia e incluirase unha parte na que se avaliará o coñecemento dos contidos prácticos: 75% (requisito dun 40% do exame para valorar o resto de méritos).
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x n.º ECTS, polo que para esta materia será de 150 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.
.