Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G2071422 - Deontoloxía e Lexislación (Ciencias da Nutrición, a Dietética e a Saúde) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 25.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Toxicoloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Garcia Fernandez, M Angeles.NON
Sanchez Sellero, Ines.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    — Coñecer e reflexionar sobre os principios éticos que deben informar o exercicio da profesión de dietista-nutricionista.
    — Coñecer o marco legal que regula a sanidade e mailo exercicio das profesións sanitarias.
    — Coñecer os aspectos organizativos e de xestión hospitalaria básicos que axuden a entender o papel do dietista-nutricionista no ámbito hospitalario.
    — Desenvolver as capacidades do alumno de traballo en equipo e de emprego axeitado das TICs, que lle faciliten o seu futuro exercicio profesional, en ámbitos de traballo de carácter multidisciplinar.
    — Desenvolver as capacidades do alumno dirixidas a fundamentar o seu traballo nos principios científicos, a coñecer e respetar os dereitos dos doentes, e a ser capaz de actualizar autónomamente e de xeito eficaz os seus coñecementos nun proceso de formación continua.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Deontoloxía
    1. Ética: introducción, fundamentación e método. Ética, dereito e deontoloxía profesional.
    2. Deontoloxía profesional: concepto, obxectivo, fontes e importancia. Códigos deontolóxicos.
    3. Bioética: principios da bioética. Problemas éticos na asistencia sanitaria. Bioética e investigación.
    4. Ética profesional. Segredo profesional. Consentimento informado.

    Lexislación sanitaria
    5. Exercicio legal da profesión.
    6. Responsabilidade profesional.
    7. Lei Xeral de Sanidade.

    Xestión hospitalaria
    8. Economía da saúde, planificación e xestión sanitaria.
    9. Xestión hospitalaria: xestión clínica e sistemas de información, xestión de servicios, xestión de recursos humáns, alternativas á hospitalización convencional.
    10. Calidade asistencial.

    Ciencia e aplicacións
    11. Principios científicos que sustentan a intervención do dietista-nutricionista.
    12. Procura de evidencia científica. Avaliación de novas tecnoloxías.


    PROGRAMA PRÁCTICO
    1. Emprego de boletíns oficiais e as súas bases de datos lexislativas (DOUE, BOE DOG) para a procura de lexislación sanitaria comunitaria, estatal e autonómica.
    2. Procura de evidencia científica mediante o emprego de distintos recursos bibliográficos (bases de datos, libros e revistas).
    3. Manexo de información relevante e recursos no ámbito alimentario, da dietética e nutrición a través de páxinas web de administracións, organismos e institucións públicas.


    Bibliografía básica e complementaria
    — De la Torre Díaz, J. Dignidad humana y bioética. Publicaciones de la Universidad Pontificia de Comillas. Madrid. 2008.
    — González Morán, L. De la bioética… al bioderecho. Libertad, vida y muerte. Universidad Pontificia de Comillas y Editorial Dykinson S.L. Madrid. 2006.
    — Gracia, D. Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Triacastela. Madrid. 2007. 2ª edición.
    — Villanueva Cañadas, E. y Gisbert Calabuig, J.A. Medicina Legal y Toxicología. Masson. Barcelona. 2005. 6ª edición.
    — Recuerda Girela, M.A. Tratado de derecho alimentario. Editorial Aranzadi, S.A. Pamplona. 2011.
    — Piédrola Gil, G. Medicina Preventiva y Salud Pública. Elsevier Masson. Barcelona. 2008. 11ª edición.
    — Temes Montes, J.L.; Mengíbar Torres, M. Gestión hospitalaria. McGraw-Hill-Interamericana de España S.A.U. Madrid. 2007. 4ª edición.
    — Rodés Teixidor, J.; Trilla García, A. El futuro de la gestión clínica. Ars Medica. Barcelona. 2009.
    — Asenjo, M.A. Gestión diaria del hospital. Masson, S.A. Barcelona. 2001.
    — Meneu, R, Ortún Rubio, V. y Rodríguez Artalejo, F. Innovaciones en gestión clínica y sanitaria. Colección Economía de la salud y gestión sanitaria. Masson, S.A. Barcelona. 2005.
    — Cabo Salvador, J. Gestión sanitaria integral: pública y privada. Ediciones CEF. Madrid. 2010.
    — Antelo, M., Fraga, J.M., Reboredo, J.C. Fundamentos de economía y gestión de la salud. Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. 2010.
    — Aranaz, J.M., Aibar, C., Vitaller, J.; Mira, J.J. Gestión sanitaria. Calidad y seguridad de los pacientes. Fundación MAPFRE y Ediciones Díaz de Santos. 2008.
    — Smolin, L.A. y Grosvenor, M.B. Nutrition: science and applications. John Wiley & Sons. West Sussex (Reino Unido). 2010. 2ª edición.

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    • Coñecer os elementos esenciais da profesión de dietista-nutricionista.
    • Exercer a profesión no respeto ós dereitos dos doentes.
    • Desenvolver a profesión respetando as competencias doutros profesionais sanitarios.
    • Desenvolver a capacidade de traballo en equipo, que facilite asumir tarefas de carácter interdisciplinar.
    • Recoñecer a necesidade da formación continua como profesionais da saúde, desenvolvendo capacidades relativas ó aprendizaxe permanente e autónomo en relación con novos coñecementos científicos, productos e técnicas aplicables en nutrición e dietética, a fin de prestar un servicio de calidade ó longo de toda a súa vida profesional.
    • Desenvolver habilidades de comunicación (tanto oral como escrita) coa población xeral ou grupos poblacionais específicos, con outros profesionais sanitarios ou da industria, e ata cos medios de comunicación.
    • Coñecer e saber utilizar as fontes de información axeitadas.
    • Adquirir hábitos eficientes de obtención, procesamento e interpretación de datos e información relevante no ámbito da alimentación e nutrición humana.
    • Desenvolver capacidade de análisis crítico, coñecer o método científico e adquirir unha formación básica no ámbito da investigación.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    • Coñecer o marco competencial e legal da profesión de dietista-nutricionista, incluíndo os principios éticos, o exercicio legal da profesión e as responsabilidades profesionais.
    • Adquirir criterios fundamentados na bioética que permitan analizar e abordar cuestións, situacións ou conflictos relacionados coa vida e a saúde humáns.
    • Coñece-la organización e xestión hospitalarias, os elementos estructurais e organizativos dos servicios e unidades de alimentación e nutrición hospitalarias, así como a nivel ambulatorio, contribuíndo a integrar o papel do dietista-nutricionista en equipos multidisciplinares.
    • Coñecer o potencial e saber manexar as ferramentas básicas en TICs, empregadas no ámbito da alimentación, nutrición e dietética.
    • Ser quen de fundamentar os principios científicos que sustentan a intervención do dietista-nutricionista, supeditando a súa actuación profesional á evidencia científica.

    Metodoloxía da ensinanza
    — Clases expositivas: 16 horas. Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflectido nesta guía, empregando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
    — Prácticas: 6 horas, distribuidas en 2 sesións de 3 horas cada unha. Nelas desenvolverase o programa práctico contemplado nesta guía. O contido desta parte práctica vencellarase e relacionarase coa parte teórica, co fin de que as aprendizaxes e competencias adquíranse e “constrúan” coma un todo integrado. As prácticas serán na sala de informática e traballarase con distintos recursos e fontes de información e bibliográficas. Propoñeranse tarefas e exercicios que os alumnos farán. O profesor orientará sobre as cuestións básicas de cada un dos aspectos a traballar e impulsará, axudará, potenciará e guiará o traballo do alumno.
    — Seminarios: 2 horas. Poderanse prantexar como dinámicas interactivas a partir de supostos prácticos que susciten a reflexión, a análise crítica e mailo debate. Poderanse reservar, en todo ou en parte, á exposición dos seminarios preparados polos alumnos en grupos ao conxunto da clase. Neste caso, a exposición de cada un dos seminarios irá seguida dun tempo de discusión e debate.
    — Titorías en grupo: 2 horas. Nelas o profesor orientará aos alumnos sobre os aspectos a tener en conta para a realización das distintas tarefas (de estudio, de procura de información, de manexo de recursos, de realización de exercicios, de seminarios,…).
    — Titorías individuais: 1 hora. Cada alumno prantexará ao profesor as súas dúbidas, dificultades, progresos ou calquera outra cuestión particular vencellada ao seu proceso de aprendizaxe da materia.
    — Realización de exames e revisión: 1 hora.
    — Horas totais presenciais: 28.
    - Ensinanza virtual: Campus virtual USC.

    Sistema de evaluación
    A avaliación do alumno incluirá unha avaliación continua (que supoñerá un 25% da cualificación final) e mais un examen final (que terá un valor do 75% da nota final). Para superar a materia requírese que o alumno acade unha puntuación mínima no examen final dun 40%.
    A avaliación continua farase a partires dos traballos e exercicios propostos nas clases prácticas (xa sexan feitos individualmente polos alumnos ou ben en grupos), do nivel de aproveitamento (en termos de aprendizaxe) na realización e participación nos seminarios, así como da participación activa e aportacións do alumno na aula, nas tutorías ou nas actividades desenvolvidas a través da aula virtual.
    A cualificación obtida polo alumno na parte de avaliación continua conservarase durante dous cursos académicos consecutivos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    — Clases expositivas: 2 horas de traballo por cada hora de clase maxistral (32 horas totais).
    — Prácticas: 2 horas para a realización das tarefas propostas nas sesións presenciais.
    — Seminarios: 2 horas por cada sesión presencial de seminarios (4 horas totais).
    — Traballos en grupo: 3 horas.
    — Traballos individuais: 3 horas.
    — Titorías en grupo: 2 horas.
    — Titorías individuais: 1 hora.
    — Realización de exames e revisión: 1 hora.
    — Horas totais de estudio e traballo persoal: 48.

    Recomendacións para o estudo da materia
    • Asistencia a tódalas actividades presenciais programadas para a materia.
    • Participación activa, constructiva e respetuosa nas clases, seminarios e titorías.
    • Preparar e complementar os contidos que se estén a traballar na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
    • Desenvolver hábitos de procura autónoma de información científica.
    • Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
    • Seguir o ritmo de estudio e traballo que se marque, dun xeito continuo.
    • Empregar axeitadamente as titorías para coñecer polo miudo as recomendacións do profesor e clarexar calquera dúbida xurdida no proceso de aprendizaxe.
    • Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.

    Observacións
    Horario de Tutorías individuais:

    As horas de tutoría das profesoras figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).

    Profesoras Horario

    Inés Sánchez Sellero Luns, martes e mércores: 13-15 h

    M. Ángeles García Fernández Luns, mércores e xoves: 11-13 h