G2071424 - Practicum (Practicum e Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 24.00
- Total: 24.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 60.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública, Filosofía e Antropoloxía Social, Física Aplicada, Estatística e Investigación Operativa, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Antropoloxía Social, Física Aplicada, Estatística e Investigación Operativa, Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Tecnoloxía de Alimentos, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Toxicoloxía, Bioloxía Celular
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| BECERRA ARIAS, MANUELA. | NON |
| BLANCO MENDEZ, JOSE. | SI |
| BOTANA LOPEZ, ANA MARIA. | NON |
| CEPEDA SAEZ, ALBERTO. | NON |
| COBOS GARCIA, ANGEL. | NON |
| COELHO COTON, ALBERTO JOSE. | NON |
| DIAZ RUBIO, OLGA. | NON |
| FENTE SAMPAYO, CRISTINA A. | NON |
| FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL. | NON |
| HERRERO LATORRE, CARLOS. | NON |
| Maneiro Maneiro, Marcelino. | NON |
| MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL. | NON |
| PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA. | NON |
| QUINTAS FERNANDEZ, JOSE CARLOS. | NON |
| REGUEIRA MENDEZ, CARLOS MANUEL PASTOR. | NON |
| RODRIGUEZ CAMPOS, XAQUIN SERXO. | NON |
| RODRIGUEZ OTERO, JOSE LUIS. | NON |
| ROMERO RODRIGUEZ, MARIA ANGELES. | NON |
| Rumbo Gómez, Antonio. | NON |
| VAZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL. | NON |
| VAZQUEZ ODERIZ, MARIA LOURDES. | NON |
| VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPrácticas preprofesionales, cunha avaliación final de competencias, en hospitais, centros de asistencia primaria e socio-sanitarios, organizacións comunitarias, industrias alimentarias e de restauración colectiva, que permitan incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito clínico, administrativo ou de saúde pública relacionadas coa nutrición humana e dietética.
Todos os aspectos do Prácticum seguirán a normativa xeral de prácticas externas da Universidade de Santiago de Compostela e a normativa específica para o Prácticum da Facultade de Ciencias de Lugo.
ContidosIrán en función do tipo de prácticas realizadas e do lugar onde se desenvolvan, de acordo cos convenios realizados coas diferentes institucións, empresas ou asociacións no ámbito da nutrición humana.
Bibliografía básica e complementariaDependerá do tipo de Prácticum que realice o alumno e do seu contido.
CompetenciasPrácticas preprofesionales, cunha avaliación final de competencias, en hospitais, centros de asistencia primaria e socio-sanitarios, organizacións comunitarias, industrias alimentarias e de restauración colectiva, que incorporen os valores profesionais e competencias propias do ámbito clínico, administrativo ou de saúde pública relacionadas coa nutrición humana e dietética.
Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
Resultados da aprendizaxe:
- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Coñecer e aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais en vigor que sexan de aplicación en virtude dos contidos dos estudos de Grao.
- Capacidade para facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios e alleos, e para responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos.
- Capacidade para expresarse correctamente na terminoloxía propia da nutrición humana e dietética, tanto na súa lingua natural como en inglés.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía dependerá do lugar no que se desenvolva e da temática. De acordo coa normativa xeral e o recollido nos convenios de prácticas externas realizados con diferentes entidades o alumno terá asignados un titor académico da Facultade de Ciencias de Lugo, pertencente ao ao título de Grao en Nutrición Humana e Dietética, e un titor externo da empresa ou entidade coa que previamente se estableceu o convenio de cooperación, con competencias profesionais na área de Ciencias da Saúde.
Os estudantes, en coordinación cos correspondentes titores de prácticas asignados, realizarán os labores adecuados ao marco formativo que permitan garantir a adquisición das competencias xerais e específicas establecidas no mesmo.
Sistema de evaluaciónA avaliación das competencias adquiridas durante a realización do Prácticum levarase a cabo de acordo co establecido na normativa xeral de prácticas externas da Universidade de Santiago de Compostela e a normativa específica para o Prácticum da Facultade de Ciencias de Lugo.
Tempo de estudo e traballo persoalA actividade formativa comprende 24 créditos ECTS, distribuídos da seguinte forma de acordo co plan de estudos vixente:
Prácticas: 490 horas presenciais e 98 horas de traballo do alumno (23,52 créditos ECTS).
Titorías individuais: 10 horas presenciais (0,4 créditos ECTS).
Avaliación e revisión: 2 horas presenciais (0,08 créditos ECTS).
Total: 502 horas presenciais e 98 horas de traballo do alumno (24 créditos ECTS).