G2071445 - Fisicoquímica de Alimentos e de Procesos Biolóxicos (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Ciencias [L]
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO alumno debe adquirir os coñecimentos dos principios fisicoquímicos subxacentes en aspectos relacionados con alimentos, como as suas propiedades físicas e a sua estabilidade.
Coñecer o significado do contenido calórico dos alimentos, cómo estimalo e cómo determinalo experimentalmente.
Coñecer as propiedades físicas máis salientables en relación coa nutrición, destacando as propiedades reolóxicas relacionadas coa textura.
Que o alumno recoñeza as características especiais dos lípidos, e entender o seu comportamento en disolución que condiciona o seu funcionamento a nivel biolóxico.
ContidosTEMA 1. TERMODINÁMICA APLICADA A SISTEMAS BIOLÓXICOS
Enerxía interna e entalpía. Entalpía de formación. Entalpía de reacción. Entalpías de enlace. Entropía. Enerxía libre. Constante de equilibrio.
TEMA 2. ENERXÉTICA DE ALIMENTOS
Contenido calórico de un alimento. Calor de combustión. Estimación do contenido calórico. Determinación experimental. Utilización da enerxía alimentaria.
TEMA 3. PROPIEDADES FÍSICAS DE ALIMENTOS
Concepto e importancia das propiedades físicas de alimentos. Propiedades coligativas: punto de conxelación. Papel da agua nos alimentos e actividade da agua. Isotermas de adsorción: modelo BET. Determinación experimental das isotermas. Desorción e histéresis.
TEMA 4. PROPIEDADES REOLÓXICAS DE ALIMENTOS
Introducción a reoloxía. Viscosidade. Tipos de materiais atendiendo a sua deformación e fluxo. Comportamentos dependentes do tiempo: tixotropía. Curvas de fluxo. Análise de texturas.
TEMA 5. PROPIEDADES FISICOQUIMICAS DE ADITIVOS ALIMENTARIOS
Emulxentes. Estabilizantes: espesantes e xelificantes. Mecanismos de funcionamento.
TEMA 6. SOLUBILIZACIÓN DE LÍPIDOS
Fenómenos de superficie. Características fisicoquímicas dos lípidos. Comportamento en disolución. Forza hidrofóbica. Arquitecturas supramoleculares. Membranas biolóxicas. Lípidos no organismo.
Bibliografía básica e complementariaPhysical Chemistry for the Life Sciences. P. Atkins y J. de Paula, Oxford University Press, W. H. Freeman and Compañu, New York, 2006
Physical Chemistry for the Chemical and Biological Sciences, R. Chang, University Science Books, Sausalito, California, 2000
CompetenciasCoñecer as bases da aplicación da termodinámica a sistemas biolóxicos así como da enerxética dos alimentos.
Coñecer o papel que desempeña a agua nos alimentos, tanto no referente a sua estabilidade como condicionante das suas propiedades físicas.
Coñecer as propiedades físicas máis salientables en relación coa nutrición.
Coñecer as bases do funcionamiento de aditivos como emulxentes e estabilizantes alimentarios.
Ser consciente do problema da solubilización de lípidos e cómo afrontalo dende a Fisicoquímica.
Metodoloxía da ensinanza Exposición oral de cada tema do programa, seguida da resolución de problemas (a disposición dos alumnos con tempo suficiente para traballalos). Traballos sobre actividades a través da aula virtual.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas da asignatura e obligatoria, e evalúase o caderno de prácticas que debe presentar cada grupo.
Exames: Exame final e dous exames parciais o longo de un cuatrimestre. En xeral, os exames constan de unha parte teoría-cuestions y de outra de problemas, cada unha das cales puntúase sobre dez, y promédiase entre ambas sempre que a calificación de cada parte non sexa inferior a catro. En caso contrario, o exame está suspenso coa nota máis baixa.
A avaliación continua (exames parciais) supondrá un 15% da nota final, o caderno de practicas un 15 % da nota final e o exame final o 70% restante.
Tempo de estudo e traballo persoal1 hora de estudo por cada hora de clase téorica e 2 horas semanais de dedicación a resolución de problemas numéricos.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia as clases e un estudo continuado ao ritmo das exposicións teóricas.