Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G2071448 - Aditivos Inorgánicos e Micronutrientes (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 33.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ GARCIA, MARIA ISABEL.NON
RODRIGUEZ SILVA, LAURA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Coñecer os principais aditivos inorgánicos en alimentos e as súas propiedades.
    • Coñecer os elementos presentes nos seres vivos, os elementos esenciais e os tóxicos.
    • Coñecer a influencia dos aditivos inorgánicos nos alimentos como factor importante da súa aceptación ou rexeitamento
    • Coñecer os riscos asociados á utilización de substancias químicas nos alimentos

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:
    Parte 1.-
    Aditivos inorgánicos
    1. Colorantes.
    2. Conservantes.
    3. Antioxidantes.
    4. Xelificantes.
    5. Estabilizantes.
    6. Espesantes.
    Parte 2.-
    Papel dos elementos metálicos dos alimentos nos seres humanos
    7. Sodio e Potasio.Magnesio, Calcio.
    8. Elementos traza: Ferro, Xofre e Cinc.
    9. Outros elementos traza: Cobalto, Manganeso e algúns elementos traza como contaminantes.
    10. Elementos non metálicos.

    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:
    1. Purificación dá sal mariña polo efecto do ión común
    2. Determinación de calcio en leite por volumetría
    3. Determinación de manganeso en sales mediante colorimetría


    Bibliografía básica e complementaria
    TEXTOS BÁSICOS
    • Astiasarán, Iciar; Alimentos composición y propiedades; Ed McGraw-Hill-Interamericana (2000)
    • Cabal, Estean, Guía de aditivos usados en alimentación, Mandala Ediciones(1999)
    • Jérôme Haubourdin, La lista de los aditivos alimentarios aceptables, Biospheric Ediciones, (2012).
    • Miguel Calvo Rebollar: Aditivos Alimentarios. Propiedades, aplicaciones y efectos sobre la salud. Mira Editores, Zaragoza (1991)
    • Cubero, N., Montferrer, A., y Villalta, J. Aditivos alimentarios Editorial Mundi-Prensa Libros, S.A. Madrid. (2002)
    TEXTOS COMPLEMENTARIOS
    • Multon, J.L. Aditivos y auxiliares de fabricación en las industrias agroalimentarias (2ª ed.). Editorial Acribia, S.A. (2000).
    • Eskin, Neason Akiva Michael Biochemistry of Foods Ed. Academic Press (1990)
    PÁGINAS WEB
    • Bioquimica de los alimentos http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/programasbio.html
    • Aditivos Alimentarios, en MedlinePlus http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002435.htm
    • Listado de números E http://histolii.ugr.es/EuroE/NumerosE.pdf
    • Clases funcionales de aditivos http://histolii.ugr.es/EuroE/ClasesFuncionales.pdf

    Competencias
    • Coñecer os principais aditivos inorgánicos en alimentos e as súas propiedades.
    • Coñecer os elementos presentes nos seres vivos, os elementos esenciais e os tóxicos.
    • Coñecer a influencia dos aditivos inorgánicos nos alimentos como factor importante da súa aceptación ou rexeitamento.
    • Coñecer os riscos asociados á utilización de substancias químicas nos alimentos.

    Resultados da aprendizaxe:
    • Comprender o papel que xogan nos seres humanos os elementos químicos presentes nos alimentos.
    • Coñecer os conceptos necesarios para poder comprender os procedementos para corrixir os excesos/déficits destes elementos.
    • Familiarizarse cos aspectos experimentais relacionados co ámbito dos aditivos alimentarios e micronutrientes.


    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases Teóricas. Duración de aproximadamente 50 minutos do tipo de clases maxistrais.
    2. Seminarios. Duración de aproximadamente 50 minutos. Subministraranse boletíns de problemas aos alumnos/as ao comezo de cada tema.
    3. Clases Prácticas de Laboratorio. Asistencia obrigatoria..
    4. Titorías en grupo. Duración de aproximadamente 50 minutos. Nestas sesións farase un seguimento da comprensión dos exercicios realizados nos seminarios e resolveranse cuestións concretas en relación coas tarefas do alumnado dentro da materia.
    5. Apoio a través de USC-virtual, de carácter voluntario, con resumes de cada un dos temas da materia incidindo nos aspectos máis importantes.


    Sistema de evaluación
    A cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua (30%) e a realización dun exame final (70%)
    A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumno que poderá abranguer controis escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula, titorías ou outros medios incluidos na programación da materia. A asistencia ás clases de pizarra en grupo reducido (seminarios) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación destas incluirase na porcentaxe da avaliación continua.
    En caso de que a parte non superada sexa a avaliación das clases teóricas, haberá unha proba final en xuño e outra extraordinaria en xullo para superala. Obviamente supérase a materia se a suma total das notas das distintas actividades e probas (coa particularidade de necesitar un mínimo de 4 puntos sobre 10 nas teóricas) superan 5 sobre 10.
    Aqueles alumnos/as que non asistan ao 90% das clases presenciais só poderán presentarse ao exame final de xuño e xullo

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia é anual e consta de 6 créditos ECTS, o que significa unha carga de traballo para o alumno/a de 150 horas (6 créditos x 25 h/crédito).

    Traballo presencial na aula:
    • Clases expositivas: 35 h
    • Clases interactivas (seminarios): 4 h
    • Prácticas de laboratorio: 12 h
    • Probas de avaliación: 2 h
    • Exame final: 3 h
    • Total: 55 h
    • Traballo persoal do alumnado: 95 h


    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases, un estudo continuado da materia, e a resolución e comprensión dos problemas e cuestións formuladas nos seminarios son a mellor garantía para superar a materia.
    Recoméndase facer uso das titorías para solventar as dúbidas xeradas no estudo da materia