Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias  »  Información da Materia

G4031104 - Informática (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 33.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Facultade de Ciencias [L]
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO.NON
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO.NON
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02_inglesOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Trátase de desenvolver os contidos das directrices xerais marcadas no BOE sobre a materia troncal INFORMÁTICA na Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

    Como obxectivos xerais, poderíamos enunciar:

    Coñecer o papel da Informática nos distintos eidos relacionados co seu futuro exercicio profesional.

    Formar os estudantes para que saiban decidir cando un problema pode e debe ter unha solución automatizada.

    Relacionar a formalización e as linguaxes formais co método científico.

    Ser quen de levar a práctica coñecementos abstractos.

    Organizados por descritor, os obxectivos serían:

    Estrutura de computadores:
    Comprende-los conceptos fundamentais sobre a estrutura e organización interna dos computadores actuais, tanto a nivel físico como lóxico, e familiarizarse coa terminoloxía informática, así como cos últimos avances tecnolóxicos.

    Sistemas operativos:
    Coñecer os conceptos fundamentais e os fundamentos básicos necesarios para a utilización dos sistemas operativos.

    Programación:
    Un dos elementos más importantes para os alumnos e aprender técnicas axeitadas para a reolución de problemas e formulación de algoritmos. Debe coñecer a importancia de deseñar e planificar unha estratexia e obter un algoritmo antes de abordar a escritura dun programa.
    Representar correctamente os datos e os resultados dun proceso.
    Ser quen de realizar programas de dificultade media/baixa seguindo unha ou varias metodoloxías de descrición de algoritmos, utilizando programación estruturada e seguindo unha metodoloxía de deseño descendente.
    Ser quen de traducir á linguaxe de programación Matlab, os programas descritos mediante a metodoloxía utilizada.
    Iniciación a programación de métodos numéricos.

    Bases de datos:
    Comprende-los conceptos fundamentais sobre a estrutura e organización interna das bases de datos, tanto a nivel físico como lóxico, e familiarizarse coa terminoloxía informática.

    Contidos
    1 Introdución: Entendendo a estrutura e funcionamento do ordenador como ferramenta de traba­llo. Descrición a nivel hardware da computadora: Estrutura e unidades funcionais dun computa­dor. Esquema de arquitectura de Von Neumann. Descrición a nivel software: Representación in­terna da información (sistemas de numeración, códigos de entrada/saída, representación interna de datos, precisión), Linguaxes de programación.

    2 Conceptos básicos de Sistemas Operativos: Definición. Funciones básicas. Evolución.

    3 Introdución ó desenvolvemento de programas: O concepto de algoritmo. Características bási­cas dunha ferramenta de cómputo científico.

    4 Tipos de datos e expresións básicas: Constantes e variables. Tipos básicos: enteiro, real, lóxi­co, carácter, enumerado, subrango. Expresións aritméticas. Expresións de asignación. Funciones básicas de entrada/saída. Agrupacións de variables (vectores e matrices).

    5 Estruturas de control: Secuencia, estruturas de selección: expresións lóxicas, selección simple, selección múltiple. Estruturas repetitivas.

    6 Programación Modular: Funcións definidas polo usuario. Busca e utilización de funcións pre­definidas na ferramenta de cómputo científico.

    7 Entrada/Saída: Utilización de ficheiros. Representación Gráfica.

    8. Redes de ordenadores e Internet.

    9. Fundamentos de bases de datos: Concepto de bases de datos, tipos de bases de datos, sistemas de gestión.

    Prácticas
    Sistemas operativos: Windows e Linux
    Linguaxe de programación de alto nivel: Matlab
    Estrutura básica dun programa
    Entrada/Saída de datos
    Implementación en Matlab das estratexias de programación estruturada: secuencia, selección e iteración
    Programación modular: Procedementos e funcións
    Creación de novos tipos de datos: vectores e matrices.
    Bases de datos.
    Bibliografía básica e complementaria
    PRIETO, A., LLORIS, A. TORRES, J.C. Introducción a la Informática. McGraw Hill.
    ALCALDE, E.; GARCÍA, M.; PEÑUELAS, S. Informática Básica. Ed. McGraw-Hill.
    NORTON, P. Introducción a la computación. Ed. McGraw-Hill.
    JOYANES AGUILAR, L. Fundamentos de programación, Algoritmos, estructuras de datos y Objetos, McGrawHill, Tercera Edición. 2003
    WIRTH,N. Algoritmos+Estructura de Datos=Programas. Ed. Ediciones del Castillo.
    CHAPMAN S.J. Essentials of matlab programming 2nd Edition. Stanford, CT: Cengage Learnibg, 2009
    GARCÍA DE JALÓN J, RODRIGUEZ, J.I., VIDAL. Aprenda Matlab 7.0 como si estuviera en primero . Libro de libre disposición para descargas en http://mat21.etsii.upm.es/ayudainf/
    http://www.wikipedia.org
    PARRILLA, J.S. Sistemas operativos y compiladores. Mc Graw Hill
    PRATT,T.W. Lenguajes de Programación.Diseño e Implementación. Ed. Prentice Hall.
    Competencias
    ************* Xenéricas

    Capacidade de análise e síntese: O alumno aprende a analizar un problema e deseñar o algoritmo que conduza a solución, volver a analizar a solución, e reiterar os ciclos de análise - síntese ata optimizar a solución.

    Resolución de Problemas: A titulación de Enxeñería, as súas atribucións e competencias profe­sionais, están enfocadas cara a resolución de problemas do mundo real. Esta materia troncal pro­porciona a ferramenta mais poderosa para conseguir estes obxectivos de formación.

    Aprendizaxe Autónomo: Os métodos de aprendizaxe da materia forzan a necesidade de incre­mentar a capacidade autónoma de razoamento e análise, proporcionando ademais ó estudante a capacidade de continuar a aprendizaxe, en esta e en outras materias.

    Creatividade: A resolución de novos problemas mediante a programación, require un esforzo creativo moi importante. A programación, como parte final da resolución dun problema, é, de seu, un acto creativo.

    Comunicación verbal: A presentación oral de traballos por parte dos estudiantes suporá unha ferramenta fundamental para que practiquen e melloren as súas habilidades de comunicación oral. Isto sen dúbida será un valor engadido para a súa andadura profesional.

    Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica


    *********** Específicas

    Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría.

    Coñecer as estruturas de datos básicas e as estruturas de fluxo de control de instrucións, e as súas aplicacións en problemas de cómputo científico.

    Dominar unha ferramenta para cómputo científico e programación estruturada. Analizar, deseñar e implementar algoritmos de resolución de problemas da enxeñaría.

    Novas Tecnoloxías.

    Métodos de Deseño: Nesta materia faise fincapé nas metodoloxías de deseño de programas que son extrapolabeis ás demais materias.

    Coñecementos de Informática.

    Planificación e Programación.

    ****************Transversal
    Resolución de problemas e toma de decisións mediante a aplicación integrada dos seus coñece­mentos.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    Habilidade no manexo de TICs.
    Metodoloxía da ensinanza
    Se propón a seguinte programación de actividades:

    Actividades presenciais

    Clases teóricas e prácticas.
    Titorías individualizadas.
    Ó final de cada tema ou grupo de temas se proporá a resolución de cuestionarios que serán avaliados
    Durante a realización das prácticas proporase a realización de exercicios prácticos de xeito individual que deben resolverse no laboratorio durante un tempo limitado, estes exercicios serán posteriormente avaliados e permitirán a avaliación continua dos alumnos.
    Realización de exames.

    Actividades non presenciais

    Lectura e preparación de temas
    Preparación das prácticas e traballo posterior
    Resolución dun Boletín de problemas. A presentación deste boletín poderá facerse ata unha semana despois da exame de febreiro.
    Uso da aula virtual da materia, onde se atopan compiladores, manuais, vídeos, problemas propostos coas súas solucións, foros de discusión e a posibilidade de facer preguntas sobre os diversos aspectos da materia vía e-mail.
    Preparación de probas de avaliación

    Técnica docente

    Propiciarase o uso de medios audiovisuais
    A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe deberá ser construtivista, propiciando a participación activa do alumno, sobre todo nas clases prácticas, de forma que este sexa o protagonista dos seus aprendizaxes e que estes sexan significativos
    As clases teóricas consistirán na descrición e exposición dos temas por parte do profesor empregando fundamentalmente, a lección maxistral, intentando empregar o maior número de exemplos que sexa posible para asegurar a asimilación.
    Reservaranse algunhas das clases para a resolución de problemas de taboleiro ou a exposición de traballos feitos polos alumnos.
    Nas clases prácticas os alumnos deberán tomar a compoñente activa do proceso ensinanza-aprendizaxe, resolvendo os distintos exercicios que se lle propoñan.

    En interese da formación do alumno, e coincidindo co procecto de “Campus Virtual” desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), manterase actualizada unha aula virtual asociada á asignatura. Por medio desta aula poderase acceder á información, principalmente de tipo práctico, acerca dos contidos da asignatura. En relación as titorías, a aula virtual da asignatura tamén ofrece posibilidades interesantes de apoio, como os foros de debate, correo electrónico, etc.
    Sistema de evaluación
    En xeral propoñemos o uso de dúas técnicas de valoración: exames escritos e avaliación continua do traballo realizado polo alumno perante o curso. A avaliación continua farase por medio de probas escritas, traballos entregados e/ou presentados, participación na aula, titorías.

    Teoría:
    Realización de traballos, solución de cuestionarios propostos: 45%
    Preguntas de teoría na proba escrita de febreiro: 55%

    Prácticas:
    Realización de exercicios individuais no laboratorio: 45%
    Proba escrita final: 55%

    A teoría representa o 30% da nota final, mentres que a nota práctica representa o 70% da cualificación definitiva.
    No caso dalgún alumno que non asista as clases, non poderá ser avaliado de forma continúa polo que o exame de febreiro representa o 100% da súa calificación final. Neste caso, poderá ter que responder a preguntas adicionais as que se lle propoñan ó alumno avaliado de forma continuada (co fin de garantir a avaliación de todas as destrezas que se deben adquirir a través da materia)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación de temas de teoría---------------------------------------------10.5
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas-------------70
    Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais)-------------------------9,5


    TOTAL-----------------------------------------------------------------------90

    Recomendacións para o estudo da materia
    Perante a realización das prácticas o alumno disporá por adiantado dun boletín de exercicios que se irán resolvendo no laboratorio, durante as horas de estudio individual o alumno debería tratar de analizar os problemas propostos tratando de propoñer unha solución que logo poda verificar en prácticas. Por outra banda, despois da realización da práctica o alumno debería reler os exercicios realizados no laboratorio, tratando de prestar atención a aqueles aspectos que lle resultan de maior dificultade, intentado entender o que se fai, e evitando sempre un procedemento memorístico.
    Antes do final da docencia presencial proporáselle ó alumno a realización dun boletín de exercicios propostos, que pode realizar e consultar todas a dúbidas que teña en titorías. Se o alumno resolve o boletín ou parte del poderá entregalo o finaliza-la materia, co fin de que inflúa na súa cualificación final.